martes, 31 de marzo de 2020

30 Marzo 

Un "Album de Galicia" para coñecer mellor a nosa historia.

Album de Galicia.
497 biografías de galegos e galegas
Na primeira parte do noso proxecto,  Coñezo Galicia”, tuvimos ocasión de tomar contacto coa histórica emigración galega, tradicións típicas como o samaín ou as lendas de meigas.Neste segundo trimeste, acercámonos a algún dos máis populares entroidos galegos e á súa arquitectura típica como son os hórreos, as bateas, os cruceiros e petos de ánimas que non faltan en ningún dos nosos pobos, lugares emblemáticos como a plaia das Catedrais ou a muralla de Lugo, a catedral de Santiago...

Pero coñecer un pobo implica coñecer non só a súa xeografía, ou o seu patrimonio, senon tamén coñecer as personas que deron lugar a súa cultura , que construiron o seu patrimonio e que protagonizaron e dirixiron os feitos importantes da súa historia marcando ou deixándose marcar  polo carácter propio da súa terra.

O Consello da Cultura Galega ven de crear un Album de Galicia con 497 biografías de galegos e galegas, que nos permiten a través das súas vidas, desvelar algúns retales da historia da nosa terra.
Pedro Castro, médico de Baiona famoso en Europa no s.XII polo seu método para axudar a oir a nenos xordos; Dionisio Macarte, oficial ferrolano da Armada coñecido por ser o autor do primeiro tratado de náutica no s.XIX; a indiscutible escritora Rosalía de Castro...e ata 494 archivos máis con fotos e documentación diversa que nos permite descubrir incluso datos descoñecidos e sorprendentes sobre algún deles,  poden ser consultados, no enlace:

Aproveitade para poñeros ao día!
Boa lectura e boas ensinanzas!


Novamente, gracias profesora Pilar 
pola información destes  últimos días!!!


No hay comentarios: