31 Marzo
Galicia: Viaxando ás Rías Baixas sin sair da
casa, xogando.
Anímaste a viaxar sen atascos? Anímaste a descubrir
fermosas paraxes sen aglomeracións? Anímaste a coñecer un pouco máis esta
fermosa terra sen preocuparte polo tempo que fará? Con Turismo Rías Baixas
Deputación de Pontevedra, poderás descubrir os seus monumentos, as súas praias,
as súas festas, os seus roteiros, datos históricos... comodamente sentado no
sofá.
Para facer máis amena e didáctica esta permanencia obrigatoria en casa,
proponnos ir descubrindo a través dunha serie de xanelas, os diversos tesouros
que albergan as Rías Baixas. Na opción “Imprescindibles”, por exemplo, podemos
coñecer os faros, castelos, castros, pazos...Na opción “Inspírate”, permítenos
coñecer a arte, os monumentos, os coloridos murais da nosa cidade... Pero podes
visitar as praias, a historia, as tradicións... só tes que elixir a opción
correspondente e a páxina transportarate onde ti queiras chegar. Móvete
por todas elas. Descobre todo o que as Rías Baixas pódeche ofrecer...
e cando
creas ser xa un experto, proba a examinarte ou a retar á túa familia para ver
quen sabe máis, respondendo as preguntas do xogo que a páxina propón na entrada
inicial.
Aprende, viaxa, divírtete, descobre... e a por todas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario