viernes, 27 de abril de 2018

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS NA CLASE DE 1ºA

As experiencias científicas seguen a percorrer as nosas aulas. Nesta ocasión os nenos e nenas de 1ºA, coa súa mestra Pilar, recibiron a visita de vari@s alumn@s de 5º curso. Pasámolo xenial e aprendimos moitísimo. Volvede pronto!! Moitas grazas!!












jueves, 26 de abril de 2018

OBRADOIRO CIENTÍFICO ORGANIZADO POR 6º CURSO




Os nenos e nenas de 4º B tivemos a sorte de seren convidados ao obradoiro científico organizado polos alumn@s de 6º curso coa súa mestra Susana. Esperávannos moitas sorpresas e experimentos moi interesantes. Curiosidade,inxenio,  ciencia divertida, que máis se pode pedir. Moitas grazas!!!







"A DIETA DUNHA CURUXA A TRAVÉS DO ESTUDO DAS EGAGRÓPILAS"


Este foi o tema da actividade compartida pola nai dunha alumna de 5ºB, Marta Robles, nai de Leire. Unha actividade preciosa e moi moi interesante . Esta nai co seu bo facer, xunto coa mestra Begoña,  implicou aos nenos e nenas nunha investigación minuciosa e moi produtiva. As imaxes falan por si mesmas. Moitas grazas.


 
 




miércoles, 25 de abril de 2018

23 DE ABRIL. APADRINAMIENTO LECTOR.

Para conmemorar el día del libro realizamos esta actividad en la que alumn@s de más edad "apadrinan" a un niño o niña al que le leen un cuento con obsequio de un marcapáginas que ell@s mismos realizaron con mucha ilusión.Grandes y pequeñ@s, encantad@s.











23 ABRIL DÍA DO LIBRO. QUEDADA LITERARIA DOS ALUMNOS DE 5ºB


Con motivo do día do libro realizáronse no centro varias actividades: "A quedada literaria "dos nenos e nenas de 5º coa súa mestra Ángeles,  o apadriñamento lector realizado de forma conxunta en tódolos cursos. Aquí vos deixamos conta delas.







PARABÉNS PARA @S PREMIADOS NO VI CERTAME DE RELATO CURTO





 O noso agradecemento pola participación dos nenos e nenas que aportaron a súa creatividade ao VI Certame de relato curto convocado pola FANPA.
Estamos moi orgullosos de que entre uns 1000 presentados de diferentes categorías  foran seleccionados entre os 120 finalista, catro alumn@s deste cole. Estos nenos e nenas recibirán un libro colectivo xos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por Antón García Teijeiro.
O día 11/6/18, as 19:00 horas  teñen unha cita no Auditorio do Pazo de Cultura de Pontevedra, onde realizarán a entrega dos premios e anunciarán os gañadores segundo as idades.
A iniciativa xurdiu do equipo de dinamización lingüística que animou a participar no concurso. Grazas a Begoña Garza, coordinadora do equipo e por suposto a tódalas mestras que están ahi traballando día a día por e con o alumnado. 
Parabéns a tódol@s participantes e en especial a os seleccionados:

Gael Champeme Godino. 4B co seu relato:" O pesadelo do pequeno Breixo"

Mateo Cachaza Fernández. 4ºA. Relato: "AEO"

Maruxa Cabada López. 5ºB co seu relato: "RKX-5"

Pablo Brión Alvarado. 5ºB. Relato: "Falando coa imaxinación."

GRAZAS INFINITAS

CONCURSO "CONTOS DO MAR" convoca Museo Liste


O museo Liste, convoca un concurso de contos coa temática do mar. Aqui tedes as bases.Dada a canteira de futur@s escritor@s que temos na esccola, animámosvos encarecidamente a enviar as vosas aportacións. O conto pode estar escrito a man ou con ordenador. Teñen que estar escritos en galego. A extensión é libre. Animádevos!!!!


martes, 24 de abril de 2018

EXPERIMENTOS MOI DIVERTIDOS EN 1ºB



A ciencia e os experimentos seguen a ter moito protagonismo no cole. Nesta ocasión grazas a visita do pai de Xela, Antón Viladrich,  xunto coa mestra Isabel puidemos aprender e divertirnos observando o comportamento do aceite , da auga e doutros líquidos cando se mesturan. Coñecimos a palabra densidade e pasámolo moi ben. Moitas grazas.








lunes, 23 de abril de 2018

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA VENRES 20 DE ABRIL

O taller de escritura convocado para o  venres 13 de abril,  tivo moi boa acollida, de feito,  hoxe fixemos unha segunda sesión para poder ler todos os contos. A partires da estupenda idea proposta pola mestra Pilar, os nenos e nenas elaboraron unhas historias xeniais, cheas de misterio e emocións. Tratábase de escribir tomando como referencia un anuncio. Disfrutamos moitísimo escoitando aos nos@s futur@s escritor@ss. Bravo!!!