viernes, 20 de marzo de 2020

19 Marzo

"Día de San José" para uns. "Día do Pai" para outros.  Afortunadamente, un día ca Tecnoloxía ao alcance de todos.


Este ano, o xoves 19 de Marzo, estaba previsto que fose un día non laborable para galegosvalencianosvascosnavarroscastelán-manchegos, murcianos e valencianos.

 Estaba previsto que pais, avós, bisavós e fillos destas 5 Comunidades Autónomas puidesen reunirse  este día cos seus creadores para agasallarlles co seu mellor regalo:  


a súa presenza, o seu agarimo, o seu mimo, os seus abrazos... 
O imprevisto virus cambiou o calendario derogando a decisión sobre a festividade  das CCAA e facendo que sexa non laborable para todos... 
E, con todo, só uns poucos serían afortunados e poderían “gastar “ horas regalándolles a súa total atención, pois na maioría dos casos, coas restricións de mobilidade destes días, calquera plan de visita quedou frustrado. En días como este, as moitas veces tan “mal usada” tecnoloxía, serviu para algo bo ao posibilitar que algúns pais e avós, polo menos, puidesen ver aos seus fillos e netos, aínda que só fose uns minutos e a través dunha pantalla.
Parabéns a aqueles que puideron gozar en familia este día, como un máis das súas vidas.
Parabéns a aqueles que están a poder gozar xuntos estes días por haberse recollido ao abrigo familiar a tempo.
E, moitísimo ánimo, a aqueles que  tiveron que conformarse con recibir un sorriso, un bico, unha frase de agarimo e un abrazo virtuais, grazas ao avance telemático.
Que isto nos sirva de lección para ver o importante do “hoxe”, o importante de ser pródigos en dar mostras de agarimo ás persoas ás que debemos tanto, regalarnos uns minutos cada día para dicirnos canto nos queremos ou cuán orgullosos nos sentimos, para mirarnos aos ollos con agarimo sincero... ou para considerar entre as primeiras cousas importantes da nosa axenda, as nosas visitas a eses seres tan tenros.

Feliz día a todos esos adorables seres,
 mezcla de paciencia, rectitud, ternura e amor 
que fortalecen a nosa vida e lle dan sentido.







No hay comentarios: