jueves, 27 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

O luns 24 de abril celebramos o Día do Libro dunha forma moi especial. 
Encántanos compartir momentos de lectura coas persoas que nos rodean, ben sexan os nosos seres queridos, ou os/as nosos/as compis do cole. Un curso máis levamos a cabo o apadriñamento lector entre o alumnado do centro, no que os nenos/as maiores leron contos aos/ás máis pequenos/as do colexio. Ao rematar a lectura fixemos intercambio de agasallos, pasámolo fenomenal!

martes, 25 de abril de 2017

CLUB DE LECTURA: LA BICICLETA DE SELVA


CLUB DE LECTURA: "QUERIDO HIJO: ESTÁS DESPEDIDO"

Os nenos e nenas do Club de Lectura reuníronse hoxe para falar do libro "Querido hijo: estás despedido".

É importante establecer unhas normas de convivencia en casa?

É necesario por uns límites?

Quen pon os límites?

Como chega un neno, como o protagonista, a ser un individuo tan molesto, egoísta e irreverente?

Estas e outras cuestións leváronlles a iniciar espontáneamente un interesante debate no que, por unanimidade, destacaron a importancia de que os pais e nais establezan aos seus fillos/as unhas normas e uns límites e se preocupen, tamén, por facelos/as respectar desde moi pequenos/as, para que os seus fillos/as non crezan como individuos egoístas, cómodos e irreverentes, incapaces de manter unha convivencia armoniosa coa súa familia, cos seus veciños/as ou no colexio.
A madurez das súas opinións e o seu saber estar deron mostra da esmerada educación recibida polos seus proxenitores (
Parabéns mamás e papás!) e fíxoos/as merecedores/as dun doce premio! Obtido, iso si, gracias a súa compenetración como equipo! Parabén Lectores/as!

 


 
 
 
 
 

 

domingo, 23 de abril de 2017

CIENCIA NA BIBLIOTECA: OS ARTRÓPODOS

Unha vez máis, a profe Teresa encandeou aos futuros científicos/as e investigadores/as do colexio cos máis  descoñecidos e impactantes segredos dos artrópodos. Todo un éxito que continuará  aínda nunha próxima sesión, o vindeiro mércores.  
Se es un/unha fiel e incondicional seguidor/a lémbrao, non o podes perder!

DÍA DO LIBRO

Este próximo luns, día 24, encheremos o patio de recordos e emocións: non esquezades traer ese libro que un día vos conmoveu tanto, vos emocionou, vos sorprendeu, vos acompañou... de tal modo que se converteu no voso preferido
Como "madriñas" e "padriños" tentaredes transmitir esa mesma emoción a un compañeiro/a máis pequeno/a, facéndolle sentir o mesmo interese que vós posuídes polo mundo máxico da lectura. 
Ánimo!

jueves, 6 de abril de 2017

GUÍAS DE LECTURA

Aquí tendes as novas guías de lectura para os distintos niveis, 
esperamos que vos gusten as propostas que con moito cariño preparamos en colaboración coas mestras do cole.
Agora toca mergullarse nunha fermosa historia ou nunha emocionante aventura.
Que pasedes unhas felices vacacións da man dun bo libro!
Esperámosvos á volta na Biblioteca! 




 

CLUB DE LECTURA

Atención!
Membros do Club de Lectura, tedes unha nova cita o vindeiro 24 de abril.