lunes, 30 de diciembre de 2013

ANIMACIÓN LECTORA

Un grupo de voluntariado, ao que pertence Marisé Pérez Mariño (moi querida no noso centro), achegouse uns días antes das vacacións ata as nosas aulas para realizar unha actividade de Animación Lectora aos rapaces sobre a temática: "NADAL".
Moitas grazas a todos eles.

ANIMACIÓN LECTORA NADAL 2013 on PhotoPeach


NADAL 2013


VILLANCICO DIVERTIDO CON ROBBIE WILLIAMS

CLUB DE LECTURA 1º TRIMESTRE

O noso primeiro Club de Lectura deste curso foi un pouco especial.
Ademais dos grandes lectores de 3º ciclo e as nais e profes do Club de Lectura de adultos, esta vez participaron tamén 12 grandes lectores de 2ºA e 2ºB.
Comentamos os libros lidos e damos a noraboa a todos eles porque o fixeron moi, moi ben.
Fai "clic" no nariz ao rato.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow

La fábrica de nubes
En el país de Pampelum no existe ni el mar ni las nubes. Lo que sí hay es gente estupenda con ganas de crear todo aquello que les falta. Existe una fábrica de nubes, dirigida por Blam, un hombre regordete que confía plenamente en la labor de Plub, el pintor de nubes y encargado de la fábrica. Plub se encarga de pintar las nubes que salen de la fábrica: las pinta de color blanco y negro, y de toda la gama de grises que pueda existir. Pero un día, mientras está haciendo su trabajo, la máquina deja de funcionar, y es que se ha quedado sin pintura. ¿Qué va a hacer ahora? Las nubes tienen que ser pintadas... ¡COLORES! ¿Por qué no pintar nubes rosas o verdes? ¿Nubes rojas o de lunares? Eso es lo que hace Plub, crear nubes de colores...
(Información de aquí

Rita y los ladrones de tumbas
Rita se va a Egipto para encontrarse con su tío Daniel, que está trabajando en unas excavaciones. Pero debido a una terrible confusión, en el aeropuerto de El Cairo Rita no localiza a la persona que ha mandado su tío a buscarla y se une a una banda de ladrones que busca los mismos tesoros que su tío Daniel.  Una serie de divertidas coincidencias hará que Rita se pueda hacer pasar por una joven arqueóloga. Rita va a descubrir grandes tesoros por casualidad y al final logrará escapar.  Cuando se reúna con su tío, juntos podrán descubrir el plan de los ladrones.
(Información de aquí, donde podrás hojear algunas páginas del libro)

viernes, 20 de diciembre de 2013

NADAL 2013

Feliz Nadal 2013.
E felices vacacións!!!

jueves, 19 de diciembre de 2013

GUIA LECTURAS NADAL 2013

Aquí tedes unhas recomendacións de libros para pasar unhas vacacións moi, moi divertidas cunhas lecturas moi interesantes para toda a familia.
E facendo "clic" nas imaxes, pódense ver máis grandes.
 


Estas son as copias en branco e negro da Guía de Lecturas de Nadal.

lunes, 16 de diciembre de 2013

"CARTAS DOS REIS MAGOS"

Aquí tedes un libro entrañable de varios autores galegos que imaxinaron as posibles cartas que poderían escribir en galego os Reis Magos aos nenos.
Que carta che gustaría recibir a ti?
Clica na imaxe e poderás ler todas as cartas.

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/libro_Reis.pdf

sábado, 14 de diciembre de 2013

CONTACONTOS NO NADAL



POR QUE LER?

Sebastián, un alumno do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, fixo este vídeo.

jueves, 12 de diciembre de 2013

EL CAMIÓN DE PAPEL 2013

Una vez, hace mucho tiempo, llegó a Villasilla un señor que tenía cara de cartón.
Se llamaba Uriel, hablaba raro, venía de muy lejos y conducía un camión de papel.
Y, además, quería quedarse con todo el papel que hubiera tirado por el pueblo.
Fue a pedir permiso al alcalde, pero el alcalde no le dio permiso.
Así que, decidió robarlo por las noches....
¿Para qué? ¿Qué busca Uriel entre los papeles?
¿Te gustó el cuento?

¿Quieres leerlo?
Haz "clic" sobre la imagen del libro.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 8 de diciembre de 2013

ADEUS

Nelson Mandela, coñecido na súa terra como "Madiba" foi presidente do seu país, Sudáfrica.
Estivo máis de 27 no cárcere por motivos políticos.
Déronlle o premio Nobel da Paz.
Morreu o pasado 5 de decembro de 2013.

jueves, 5 de diciembre de 2013

miércoles, 27 de noviembre de 2013

martes, 26 de noviembre de 2013

ABRAZOS SOLIDARIOS

Os nenos de 2º B repartiron abrazos o 25 de novembro.
Abrazos gratis.
Abrazos solidarios.
Moitos, moitos, moitos abrazos.

http://pajaritaspapel.blogspot.com.es/2013/11/abrazo-solidario.html
Fai "clic" na imaxe

NOVO LIBRO NA BIBLIO

Videoclip realizado cos nenos da EEI de Verducido-Pontevedra a partir da canción "Pan de millo".

lunes, 25 de noviembre de 2013

OS CELTAS

Documentais sobre os celtas, as súas costumes, medios de vida, estatus social...

FINA CASALDERREY NA R.A.G.

Ingreso na RAG de Fina Casalderrey e discurso o sábado 23 de novembro en Pontevedra.
Máis información facendo "cilc" na imaxe.
http://www.realacademiagalega.org/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/ingreso-de-fina-casalderrey?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D2

domingo, 24 de noviembre de 2013

VISITA DE CHANO RODRÍGUEZ AO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN-VIGO

O mércores 20 de novembro, Sebastián Rodríguez "Chano", o nadador paralímpico vigués visitou o cole.
Estivo con rapaces de 5º e 6º.
Visionamos un vídeo da travesía a nado dende a Illa de Ons ata o porto de Vigo e tamén un vídeo das olimpiadas de Atenas.
A continuación abriuse un coloquio no que o alumnado afondou na súa vida e nas súas metas conqueridas despois de moito esforzo.
Grazas Chano, por abrir unha fiestra de futuro e tesón nas mentes dos rapaces. 

CHANO RODRÍGUEZ on PhotoPeach

 

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

"AMOR SE ESCRIBE CON BUENOS TRATOS"

   
En Burgos, Acción en Red y el Instituto "Diego Martín Aguilera", han realizado un Lipdub con el objetivo de reflexionar sobre qué tipo de amor, qué tipo de relaciones se desean construir. Ello implica desvelar los mitos que se han ido conformando sobre el ideal de amor romántico y de la pareja.

viernes, 22 de noviembre de 2013

DERECHOS HUMANOS, 20 NOVIEMBRE 2013


Canción sobre los derechos humanos de la infancia que pertenece a la BSO de la película de animación "EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMB". 

OHHH OHHH 
Queríamos hallar el instrumento perfecto 
el error era pensar que era tan sólo un objeto. 
Mira dentro de ti para encontrar el secreto: 
los Derechos Humanos, tu mejor instrumento. 
Todos nacemos libres para soñar 
y construir un mundo lleno de igualdad. 
Para que nadie sufra debemos luchar, 
pues todos somos uno en realidad. 
OHHH OHHH 
La fantasía se torna verdad 
cuando los niños pueden jugar. 
Ese es el puente para pasar 
a la orilla de la risa y la felicidad. 
Pero hay niños que no tienen a sus papás, 
viven en el olvido de esta sociedad, 
trabajan noche y día hasta no poder más. 
Debemos protegerles. 
Piensa que la vida nos une, 
caminamos bajo el mismo sol. 
Hay algo que aprender 
yo soy tú y tu eres yo. 
OHHH OHHH 
Nunca me juzgues por no ser como tú, 
por mi color o mi forma de hablar, 
abre tu mente y mira más allá, 
pues todos somos iguales en lo esencial. 
Ser niño es un tesoro que hay que cuidar 
en él está el futuro que un día vendrá
tan lleno de belleza y fragilidad 
es siempre lo primero que hay que salvar. 
OHHH OHHH 
Todos tenemos derecho a aprender
para alcanzar lo que queremos ser. 
Los libros son aviones de papel 
para conocer el mundo y poder crecer. 
Piensa, es tu derecho a tener un nombre, 
eres de carne y hueso, no una cifra, 
un ser humano que crece y desde la humanidad 
se hace más fuerte. 
Eres alguien, no algo, 
eres un nombre no un número, 
camina sin cadenas y busca tu identidad 
porque siempre serás único. 
Piensa que la vida nos une, 
caminamos bajo el mismo sol. 
Hay algo que aprender 
yo soy tu y tú eres yo. 
OHHH OHHH

HECHO CON TUS SUEÑOS LSE

Alumnos de 6º Infantil do Colexio Atlántida de Vigo.
 

miércoles, 13 de noviembre de 2013

AXUDANTES BIBLIOTECA 2013-14

Neste novo curso tamén temos un novo equipo de Axudantes de Biblioteca.
Son uns alumnos moi preparados e comprometidos con esta tarefa.
Unha das súas misións é colaborar a que a Biblioteca sexa ao mesmo tempo interesante e divertida.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 10 de noviembre de 2013

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS

O luns, 4 de novembro, reunímonos de novo algúns bibliotecarios de varios centros educativos.
Esta vez foi para elaborar unha nova lista de recomendacións de libros para todas as idades.
Desde os máis cativos ata os máis maiores da familia.
A "Guía de Lecturas" de Nadal 2013.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 7 de noviembre de 2013

lunes, 4 de noviembre de 2013

INAUGURACIÓN

Os nenos de 1º de Primaria baixaron á Biblioteca coas súas titoras.
A profe Ángeles explicoulles todas as cousas que se poden facer na biblioteca e tamén as que non se poden facer.
Explicoulles por que é tan importante coidar todo o que hai alí e que todo esté ben ordenado.
Portáronse moi ben e quedaron con moitas ganas de empezar a utilizala.
Benvidos rapaciños!!!

 

domingo, 3 de noviembre de 2013

SAMAÍN 2013



Este curso celebramos un Samaín moi especial.
As profes de Infantil fixeron unha Biblioteca de moito, moito medo.
Pero foi un medo moi divertido.
Algúns nenos escribiron reflexións sobre os medos.
E para celebralo fixemos unhas comidas monstuosas.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 28 de octubre de 2013

RECEITA PARA O SAMAÍN



BISCOITO DE CABAZA

INGREDIENTES 

* 1/2 Kg. de cabaza
* Un bote de leite condensada
* 1 litro de leite
* 300 gr. de fariña
* 4 ovos
* 1/2 Kg. de azucre
* Raladura de limón e canela en rama

Cocíñase a cabaza sen pelar coa canela en rama. 
Cando está cocida quitamos a casca e as pebidas, escurrimos ben a auga e mesturámola co resto de ingredientes ata formar unha crema.
Untamos un molde con manteiga, vertemos a mestura e poñemos no forno quente a temperatura media. 
Para saber cando está listo picamos cun escarvadentes por exemplo, e cando este sae limpo está no seu punto. 
Tómase  frío. 
Mellor telo un tempo no frigorífico antes de servir.

lunes, 21 de octubre de 2013

OS CELTAS EN GALICIA

Novo proxecto 2013-14
Este curso aprenderemos moitas cousas sobre a cultura celta e a súa influenza na actualidade.


martes, 2 de julio de 2013

lunes, 24 de junio de 2013

GUÍA DE LECTURAS - VERÁN 2013


Fai "clic" na Guía de Lectura para ver máis grande e mellor.

DESPEDIDAS

Os alumnos de 6º remataban a súa estancia no colexio e, orientados pola profe Luz, quixeron facelo ofrecendo un pequeno espectáculo de despedida.
Tanto os alumnos de 6º A como os de 6º B dixeron unhas palabras de agradecemento aos profesores que tiveron ao longo dos 9 anos, aos demáis profes aínda que non lles deran clase directamente.
Tamén fixeron un entrañable resumo do seu paso polo centro.
Foi moi emotivo.
Tan emotivo que, á hora de ir a comer, aínda choraban.
Choraban os que marchaban, os que quedaban...
Foi un verdadeiro mar de bágoas.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

Os alumnos de 2º visitaron a Biblioteca pública más cercana ao  colexio.

Fai "clic" na imaxe

domingo, 23 de junio de 2013

TÍTERES EN ACCIÓN

Hai uns días, o pai dun neno do cole fixo unha fermosa e divertida animación.
O espectáculo titulado "Títeres en acción" foi destinado ao alumnado de infantil que o pasaron moi ben.

Fai "clic" na imaxe

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS 2013

Neste curso 2012-13 que xa remata, fixemos varias reunións de bibliotecarios.
Ademais da reunión no noso centro Emilia Pardo Bazán (Chouzo) no mes de xaneiro, reunímonos nestes outros centros:
  • CEIP Coutada-Beade
  • CIFP Manuel Antonio
  • CEIP Escultor Acuña 

Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos

Na última reunión no Escultor Acuña falamos de libros para recomendar e acordamos que, na próxima reunión no mes de outubro, elaboraremos a Guía de Lecturas de Nadal.

sábado, 22 de junio de 2013

DIPLOMAS DO CONCELLO

Debido a un contratempo os diplomas do Concello chegaron uns días máis tarde, pero chegaron.
(Se clicas nas fotos poderás velas moito mellor)





jueves, 20 de junio de 2013

CLUB DE LECTURA, XUÑO


Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos

E aumentamos o grupo do club, así que tamén, damos a benvida a Maca!!

Polo contido e a temática do libro "Isha, nacida do corazón", tamén falamos destes deuses hidúes:

Shivá
Segundo os textos escritos polos discípulos de Patañjali, o deus Shivá ensinou, por primeira vez, o ioga á súa esposa Párvati mentres un narval ou delfín do río Ganxes o escoitaba. 
Para saber máis clica aquí.

Durga
Durga na mitoloxía hindú é a deusa da guerra e a destrución, unha das manifestacións de Parvati, cuxo nome en sánscrito significa "a Inaccesible" ou a "a Invencible".
Para saber máis clica aquí
Yama
Yama é o deus da morte, señor dos espíritus dos mortos e gardián do inframundo.
Para saber máis clica aquí.
 
Ganesha

A tradición conta que Ganesha era orixinalmente un neno que coidaba a entrada á habitación da súa nai.
Para saber máis clica aquí.
Agni
El é o deus do lume, o mensaxeiro dos deuses.
Para saber máis clica aquí.


domingo, 16 de junio de 2013

INTERCAMBIOS INTERTEATRO 2013

O noso centro recibiu aos alumnos do ceip Celso Emilio Ferreiro e aos do ceip Alfonso R. Castelao.


By Slide.ly - SlideShow Maker

Os nosos artistas representaron no ceip Celso Emilio Ferreiro, no ceip Carrasqueira e no noso centro.

By Slide.ly - SlideShow Maker

lunes, 10 de junio de 2013

INTERTEATRO 2013

Como en anos anteriores, o colexio Emilia Pardo Bazán participou no intercambio de obras de teatro con outros 18 centros educativos e tamén participou co Concello de Vigo na IV Mostra de Teatro Escolar en colaboración coa Escola Municipal de Teatro.




By Slide.ly - SlideShow Maker


By Slide.ly - SlideShow Maker


Tacto from Emilia Pardo Bazán on Vimeo.


O Sorriso Roubado from Jorge Lorenzo on Vimeo.


By Slide.ly - SlideShow Maker

By Slide.ly - SlideShow Maker

martes, 4 de junio de 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

En conmemoración do Día Mundial do Libro, e cun pouquiño de retraso a causa do mal tempo, fixemos este ano unha actividade de Contacontos na que participaron todos os alumnos do colexio.
Cada neno maior "apadriñou" a outro máis pequeno.
Contoulle un conto de misterio.
Ou un conto de amizade.
Ou un conto de medo.
Ou un conto de risa.
Ou algún poema bonito.
Ou...
Leron, leron, leron...
Escoitaron, escoitaron...
Foi moi divertido, fenomenal, gustounos moito.
Que Guay!!!

By Slide.ly - SlideShow Maker

lunes, 13 de mayo de 2013

IV XORNADAS TEATRO ESCOLAR



Este mércores, no Auditorio do Concello, empezan as Xornadas de Teatro Escolar Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 deste mes, o Auditorio Municipal do Concello , albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso. 
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares. 
Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado. 

martes, 7 de mayo de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIO

Fai "clic" na imaxe para ver toda a información


domingo, 5 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Información facilitada e compartida por Sergio 
do Ceip Mallón



Información facilitada e compartida por Mercedes Bujan do CPI dos Dices.




Información facilitada e compartida por Quini Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa.

Este ano a RAG adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral. Vidal Bolaño é unha figura esencial para comprender o evoluír do teatro galego dende os anos 70 deica hoxe, dotando á nosa escea dun carácter universal sen renunciar aos nosos sinais de identidade. Para axudarnos a coñecer mellor a RVB elaboramos unha presentación, que en breve se completará con outras ferramentas que andamos a artellar. Os datos que recollemos na presentación foron tirados da web da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/letras-actual) e do libro «Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño» de Camilo Franco e editado por Biblos, dúas referencias que podemos (e debemos) consultar.
 

Una procura do Tesouro: Vidal Bolaño
por Quini Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa.
Fai "clic" no debuxo.


LIBRO DE VISITAS

Este é un novo libro para a Biblioteca.
É o noso Libro de Visitas.
Queremos que nel deixen as súas palabras todas as persoas entrañables que visiten a nosa Biblioteca para facer actividades de Lectura, Animacións, Formación de Usuarios, Educación Documental, Teatro... ou calquera outra que aporte coñecemento, motivación e ilusión aos nosos alumnos.
Este libro estreouno Fina Casalderrey o 23 de abril, Día Mundial do Libro, de 2013.