sábado, 28 de marzo de 2020

24 Marzo

Gracias Familias!



Queridas familias
Dende o Equipo de Biblioteca seguimos traballando e non nos esquecemos de todas as familias que participades da actividade "Le cos teus" e daquelas que aínda non vos animastes pero, tal vez,  farédelo en breves. 
A todas vós, moitas grazas pola vosa colaboración e implicación
Sempre que se prepara unha actividade destas dimensións se fai con algo de medo, pensando na acollida que pode ter entre a comunidade educativa. Neste caso foi moi ben recibida, recollendo cada semana máis familias que se querían sumar a esta iniciativa. Tamén foi moi gratificante a cara dos nenos e nenas ao entregar o primeiro cupón do mes de febreiro e preguntando con medo se así sería suficiente de lectura neses días. 

A todos vós, GRAZAS, sen vos non sería posible.

É por iso que vos animamos a enviarnos unha imaxe vosa compartindo ese momento de lectura cos cativos ao correo chouzovigo@gmail.com


Unha vez máis vos animamos e 
contamos con todos vós!



No hay comentarios: