viernes, 17 de marzo de 2017

BIBLIOPATIO II

Nenas e nenos de diferentes cursos puideron disfrutar dunha nova xornada de bibliopatio no cole
Foi moi emocionante ver chegar o carriño cheo de libros, cómics, revistas, etc. dos que gozar durante o recreo, e unha vez que tocou o timbre, levaron estes agasallos tan especiais para casa.
Encántannos os recreos con sorpresa! 

 

CIENCIA NA BIBLIOTECA: OS ARTRÓPODOS II

Retornan os experimentos e investigacións á Biblioteca!
Mañá mércores 5 de abril, continuaremos coa esperada segunda parte do experimento sobre os artrópodos.
Vémonos na Biblioteca á hora do recreo, sede puntuais!

jueves, 16 de marzo de 2017

CLUB DE LECTURA: ESPEJOS VENECIANOS

GALILEO GALILEI e COPÉRNICO levaron ás nenas e nenos do Club de Lectura a descubrir os misterios dos Espellos Venecianos.
En primeiro lugar cada membro do Club debía averiguar a que equipo pertencía e posteriormente descubrir a identidade da/o mestra/e que lle daría as instrucións.
Os libros da biblioteca comezaron a encherse de pistas e deron paso á busca dos textos perdidos. Pero sería a derradeira pista a que desvelaría o misterio que encerraba o espello veneciano.
Finalmente atoparon as flores e o escrito de Giovanni Conti, quen lles deixou un doce agasallo.
Estas rapazas e rapaces fixeron unha gran labor de investigación, parabéns!
  
 

martes, 14 de marzo de 2017

CIENCIA NA BIBLIOTECA: OS ARTRÓPODOS

Estades preparadas/os para un recreo científico na biblioteca? 
Temos organizada unha actividade para mañá mércores 15 de marzo 
que porá a proba as vosas habilidades investigadoras.
Que sabedes dos ARTRÓPODOS?, sodes capaces de distinguir un insecto dun arácnido?,
 estas cuestións e moitas máis estaranvos agardando,
non podedes faltar! 

miércoles, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar a igualdade e reflexionar sobre a situación das mulleres na sociedade.
Aínda que na nosa comunidade as cousas mudaron ao longo dos séculos, queda camiño por percorrer para que poidamos falar de igualdade.
Na biblioteca preparamos unha exposición de libros interesantísimos, para que coñezades ben ás mulleres que fixeron e están a facer historia.







martes, 7 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MULLERES NA CIENCIA

Nun día coma este debemos reflexionar sobre o papel da muller na ciencia, por iso queremos compartir este vídeo convosco.
E ti, cantas mulleres científicas coñeces?