martes, 20 de diciembre de 2011

O APALPADOR

Coñeces a "O Apalpador"?
Liches a súa historia?
Fai "Clic" na imaxe e, A XOGAR!

Aquí podes ler o CONTO

viernes, 9 de diciembre de 2011

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: mailto:Tod@s%20nascemos%20libres%20e%20iguais%20en%20dignidade%20e%20dereitos
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

Fai"clic" en: EL NIDO DEL BUBISHER para ver o vídeo.
Nas últimas semanas recibimos no noso centro a Camilo Gutiérrez e ao seu equipo.
Forman parte da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
Camilo é un profesor de Lingua de Signos.
Camilo é xordo e por iso viña acompañado por intépretes.
Ser intérprete é un traballo importante; é ser os oídos e a voz dunha persoa xorda.

Habían preparado dous tipos de actividades que consistían no seguinte:

Contacontos en lingua de signos: "Un culete independente"
A esta actividade asistiron todos os alumnos de Ed. Infantil e 1º do Primeiro Ciclo de Ed. Primaria.
Cada unha destas sesións de contacontos tivo media hora de duración.
O conto fíxose en lingua de signos, cun intérprete que os contou tamén en lingua oral.




Despois da sesión, ensinóuselles aos nenos algúns signos básicos dos propios contos.


"Campañas de sensibilización"
A esta actividade asistiron todos os alumnos a partir do 2º nivel do Primeiro Ciclo de Ed. Primaria.
Neste caso, foron unha presentación en pps de Iago: un neno xordo, un vídeo: "O soño de Pedro" e charlas participativas con preguntas para os alumnos nas que lles explicaron como é a vida cotiá das persoas xordas, a que barreiras se enfrontan diariamente, etc.


Ao final da charla, do mesmo xeito que nos contacontos, déronlles un mini taller de lingua de signos.


Cada unha destas sesións de contacontos tivo unha hora de duración.
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACION PERSOAS XORDAS on PhotoPeach

Estivemos todos, todos moi atentos e moi participativos.
Grazas Camilo. Grazas a ti e a todos os que viñeron contigo.

Estas actividades ofrécense de forma gratuíta.

Asociación de Personas Sordas de Vigo
C/ Romil; 22-24 Bajo36202 Vigo
Teléfono 986 281 370

domingo, 4 de diciembre de 2011

Hace unos días, los niños de 2º A y B fuimos al teatro.
Vimos una versión especial del cuento de Pinocho.
Se titulaba: "Pinocho y medio".
Fue un poco diferente del cuento que conocemos, pero muy divertida.
Nos gustó mucho.
Haz "clic" en la imagen y podrás ver más información.

TODOS SOMOS IGUALES Y DIFERENTES








EDUCAR EN IGUALDADE

jueves, 1 de diciembre de 2011

TALLER DE FOTOGRAFÍA


¡¡Hola COMPIS!!

¿Qué tal de SEMANITA?

Seguro que lo estáis pasando genial en el COLEGIO...
¡¡Se hacen tantas cosas DIVERTIDAS!!

Bueno, supongo que como sois tan INTELIGENTES y OBEDIENTES, ya estáis trabajando sobre la siguiente
¡¡MISIÓN !!
Recordar que tenéis que hacer un ¡¡PLANO MEDIO CORTO!! ¿Os acordáis de lo que os expliqué?

El PLANO MEDIO CORTO consiste en que la fotografía está delimitada desde el PECHO a la CABEZA.

Aquí os dejo de nuevo un ejemplo de PLANO MEDIO CORTO de un PERSONAJE que ya os mostré el viernes pasado, a mí... 
¡¡ME ENCANTA!!


¡BESOS Y ABRAZOS!

LA PROFE SILVIA