martes, 31 de marzo de 2020

30 Marzo 

Un "Album de Galicia" para coñecer mellor a nosa historia.

Album de Galicia.
497 biografías de galegos e galegas
Na primeira parte do noso proxecto,  Coñezo Galicia”, tuvimos ocasión de tomar contacto coa histórica emigración galega, tradicións típicas como o samaín ou as lendas de meigas.Neste segundo trimeste, acercámonos a algún dos máis populares entroidos galegos e á súa arquitectura típica como son os hórreos, as bateas, os cruceiros e petos de ánimas que non faltan en ningún dos nosos pobos, lugares emblemáticos como a plaia das Catedrais ou a muralla de Lugo, a catedral de Santiago...

Pero coñecer un pobo implica coñecer non só a súa xeografía, ou o seu patrimonio, senon tamén coñecer as personas que deron lugar a súa cultura , que construiron o seu patrimonio e que protagonizaron e dirixiron os feitos importantes da súa historia marcando ou deixándose marcar  polo carácter propio da súa terra.

O Consello da Cultura Galega ven de crear un Album de Galicia con 497 biografías de galegos e galegas, que nos permiten a través das súas vidas, desvelar algúns retales da historia da nosa terra.
Pedro Castro, médico de Baiona famoso en Europa no s.XII polo seu método para axudar a oir a nenos xordos; Dionisio Macarte, oficial ferrolano da Armada coñecido por ser o autor do primeiro tratado de náutica no s.XIX; a indiscutible escritora Rosalía de Castro...e ata 494 archivos máis con fotos e documentación diversa que nos permite descubrir incluso datos descoñecidos e sorprendentes sobre algún deles,  poden ser consultados, no enlace:

Aproveitade para poñeros ao día!
Boa lectura e boas ensinanzas!


Novamente, gracias profesora Pilar 
pola información destes  últimos días!!!


lunes, 30 de marzo de 2020

29 Marzo

A importancia de ler e a solidaridad lectora: Faro de Vigo e Amazon


“O primeiro que hai que facer para escribir ben é ler”. 
Antonio García Teijeiro anima
ao alumnado a ler
Con estas palabras animaba o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio García Teijeiro ao alumnado dun dos CEIP participantes na V Edición de Faro da EscolaUn proxecto que Faro de Vigo desenvolve desde hai 5 anos co obxectivo de acercar a prensa ao alumnado da cidade de Vigo e arredores, ainda que, nesta última convocatoria, entre os 66 ceip participantes, a inscripción do ceip boirense  de Escarabote ampliou as fronteiras da edición!
Faro da Escola leva aos rapaces a converterse en auténticos periodistas e guionistas das súas propias historias. Unha labor de equipo reseñable xa que, ademáis da investigación oportuna que precede a escribir sobre calquera noticia ou tema, deben practicar a posta en común das ideas, acostumbrase á toma de decisións finais, e buscar o modo de chegar a acordos conxuntos nos aspectos nos que hai disensións, para que as noticias elexidas presenten un verdadeiro “look” periodista cando, ao cabo de 6 meses, se presenten á rotativa para a maquetación.
Na “xira” polos centros participantes Antonio García Teijeiro recibiu o afecto de profesores e alumnado, e a cambio, él lles regalou os seus sabios consellos e lles revelou algún secreto. Así souberon que a súa palabra preferida é precisamente a palabra “palabra” porque, según  o autor, vivimos nun mundo de palabras; que é moi importante escribir sobre aquilo que nos gusta e tamén sobre aquilo que vemos e non nos gusta; e que para facelo é moi importante ler.
Ben, pois estamos a vivir uns días propicios para escribir. Escribir sobre o positivo de esta situación que nos obliga a permanecer na casa e sobre o negativo que iso comporta. Practicade a ortografía, a expresión de opinións... E como para escribir, e facelo ben, tal como di o poeta amante das palabras, Antonio G. Teijeiro, é importante ler moito, aproveitade para collerlle gusto á lectura. Ler sos, ler en compañía, lerlle a vosos irmáns máis pequenos, lerlle a vosos avós, ler cos demáis alternando  párrafos ou diálogos de personaxes, ler os contos que máis os gustan, ler contos novos, ler..

E si non tedes nada novo que ler, aquí vos deixamos un enlace de amazon. A empresa cancelou a suscripción de libros de todas as idades e, mentras dura a loita contra o COVID-19,  todas as historias poden escoitarse de modo gratutito accedendo no ordenador, no teléfono ou tableta co enlace: 

E para que os adultos poidan manterse informados das últimas novas, Faro de Vigo
asumindo a responsabilidade social que sempre o caracterizou, habilita o acceso gratuito durante 30 días á área FDV+ que ata ahora era exclusiva para suscriptores digitales, coa posibilidade de ampliar dito plazo en caso de ampliarse o estado de alarma. O rexistro é gratuito e non implica posterior suscripción.
Podedes ver a información en: 

Un bo xesto para facer máis fácil a espera do fin desta loita!



28 Marzo

Ciudad Fiel, Leal y Valerosa 


Festa de Interés Turístico Nacional
desde Julio 2019
Pola valentía demostrada co alzamento popular que o 28 de marzo de 1809 expulsou ás tropas napoleónicas da vila, Vigo foi destacada polo rei Fernando VII co título de fiel, leal e valerosa. Dous séculos e 11 anos despois, Vigo está inmerso en novo alzamento popular. E, aínda que o inimigo é distinto, do mesmo xeito que ocorría naquel entón, enfróntase “ao invasor” en desvantaxe de armas. Pero, a unión fai a forza e Vigo está unido, polo que a unión de todos daralle novamente unha vitoria segura!
Non hai un valente Cachamuiña senón miles: persoal sanitario, veciños altruístas e solidarios, transportistas, forzas do exército, corpos de seguridade, panadeiros... e un longo etcétera que contan co ánimo fundido en aplauso de todos os agradecidos cidadáns.
Este ano A Reconquista, e con ela a cidade, estreaba título. O pasado mes de Julio o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo outorgáballe o título de "Festa de Interese Turístico Nacional".
O 28 de Marzo de 2020, os vigueses non saíron á rúa para celebrar como se merece devandito mérito, pero non importa, porque a unión das súas xentes na crítica situación que atravesa a cidade ao igual que o país enteiro, ao igual que tantos outros países... fana meritoria de revalidar novamente o seu título de fiel, leal e valerosa.
Bravo por todos aqueles que decidiron quedar na casa como medida necesaria.
Bravo por aqueles que seguiron e aqueles que siguen ao pe do seu traballo por todos nós.
Bravo por aqueles que cada día manifestan a súa admiración e dan o seu ánimo dun xeito tan ilustrativo como é co seu aplauso.
Bravo por todos os nenos que, sen bicicletas, patinetes, balóns... e horas nas rúas e nos parques, saben aceptar a situación e participan cos maiores en facer esta "invitación" a disfrutar do fogar moi levadeira: con xogos creativos, interpretacións, manualidades.... e lendo!

A todos un abrazo moi forte desde aquí!



sábado, 28 de marzo de 2020

27 Marzo

"Día Mundial del Teatro". Teatro en Familia.


O 27 de Marzo celébrase, desde 1962, o "Día Mundial do Teatro". 
Un arte peculiar que comezou coa utilización de máscaras para representacións sobre a vida e a morte ou resurreción dos deuses como no caso do Antigo Exipto (2.000 a.C.) co deus Osiris ou en Grecia co deus Dioniso. En Grecia, compañías dun só actor cun coro, pasaron a executar dramatizacións nas prazas dos pobos. Logo xurdiron os recitadores (bardos e rapsodas). Ata que no s. V a. C., nas obras dos dramaturgos aparecían un maior número de personaxes polo que se fixo necesaria a construción
Teatro griego de Epidauro.
Aprovechando ladera de la colina
de grandes teatros que, de modo intelixente, levantaron aproveitando as saias dun outeiro para proveelos das gradas para o público. Teatros ao aire libre nos que podían representar os seus dramas e as súas comedias ante 12.000 espectadores. Imitáronlles os romanos, aínda que prescindindo dos outeiros e con algúns cambios. Nas bancadas dispuxeron 3 niveis: o inferior (que hoxe correspondería ao de “butacas”) para os senadores e dirixentes, o medio, (a actual platea),para o pobo llano e o superior para mulleres e escravos (corresponderíase co que hoxe se coñece popularmente como “galiñeiro”).

Teatro alla Scala de Milán
En occidente, a igrexa ( s. XI) usouno como forma de presentar aos fieis os principios cristiáns, ata que coa chegada do Renacemento ( s. XVI), as salas de teatro cóbrense e dótanse de comodidades para albergar á clase aristocrática, única destinataria das representacións. Nos s. XVII e XVIII o escenario único deu paso ao cambio de escenario nos entreactos e coa aparición da ópera, desenvolvéronse maquinarias que permitían desaparecer ou voar aos actores. Iso levou a crear teatros de grandes dimensións como o Scala de Milán (1778) para albergar todo o aparato necesario. Tras determinados cambios na estrutura e distribución, o teatro volveu a ter zonas diferenciadas adapatadas ao poder adquisitivo de cada un, e volveu a ser, afortunadamente, para todos os públicos. Aínda que estes días os telóns permanecen baixados.
Teatro Afundación. Vigo
Para compensalo, foron moitas as compañías e plataformas que fixeron unha oferta especial aos espectadores levando o teatro ás súas casas. Así,
  • o arquivo de RTVE permite acceder de modo gratuíto a obras como: O alcalde de Zalamea, O mito de Edipo o rei, Antígona, O soño dunha noite de verán, O avaro... e un longo etc dunha listaxe de 300 títulos.

Podedes acceder ao menú de selección e servirvos a gusto na seguinte ligazón:

  • Uns poucos máis, ata 1.595 títulos de teatro, circo e danza, (La casa de Bernarda Alba, La vida es sueño, Bodas de sangre, Casa de muñecas y Divinas palabra...), conforman o rexistro da Teatroteca creada polo Centro de Documentación Teatral do INAEM, ao que poderedes acceder na ligazón:


A Teatroteca funciona como unha mediateca pública (e por tanto gratuíta!) .O prazo e número de obras das que se pode gozar oscila entre un vídeo durante 48 horas –para quen só desexe utilizar a Teatroteca- e 3 vídeos durante 5 días para quen desexe acceder a máis servizos do CDAEM como usuarios xerais, profesionais ou investigadores aínda que estes días por excesivo número de solicitudes o plazo ten restriccións.

  • Na Comunidad de Madrid, que estreou o Día do Teatro cun telón peculiar de flocos de neve, Teatros da Canle, presentou a oportunidade de gozar de diversas interpretacións a través da súa páxina de Facebook, Twitter e en Instagram cos hashtag #SinSalirDeCasa, #ElCanalEnCasa y #LaCuartaSalaCanal. 


       Estreouse este venres pero a cita será todos os días á mesma hora: as 18 horas. 
  • O Teatro Belas Artes ofrece a oportunidade de ver durante estes días algunhas obras como: Julio César, recomendada para todos os públicos:      https://youtu.be/0h4feESJnTA
  • O Teatro La Latina, ofrece algo máis divertido apto tamén para todos os públicos: “El Eunuco”: https://youtu.be/feUldNpvHIY
  • O Teatro Cervantes de Béjar, incorpora á oferta de Julio Cesar, e El Eunuco, dúas obras máis: El médico de su honra, de Calderón da Barca: https://youtu.be/8GZV3spHF90 E especialmente para os máis pequenos da casa, “ Nanuk en el bosque de las emociones” onde Nanuk é un oso polar que un día ve como o xeo rompe baixo os seus pés e o mar arrástralle ata un bosque cheo de animais. Alí a súa presencia esperta diferentes emocións nos animais: medo, rexeitamento, sorpresa... Pero o medo e o rexeitamento son vencidos pola empatía e o poder do corazón: https://youtu.be/LzFpNq8BMa0

  • En streaming,podes rexistrarte e buscar obras teatrales para ver desde casa de forma gratuita: Alltheater.com . 


E cómo non? para os máis ousados dramaturgos e actores, a Delegación de Participación Ciudadana de Santiponce, tamén en Sevilla, animaba a todos a sacar o actor ou a actriz que leva dentro e celebrar desde casa o “Día mundial do Teatro” dun xeito moi especial:  gravando e subiendo á propia conta de Instagram o que lle apetecera, e co hashtag  #teatroencasa.  Menciónándoos para poder compartir a historia e así chegar a máis xente.

Unha iniciativa que vos animamos a seguir: 
Facer Teatro na casa é divertido,
ainda que non vos animedes a compartilo!!!


24 Marzo

Gracias Familias!



Queridas familias
Dende o Equipo de Biblioteca seguimos traballando e non nos esquecemos de todas as familias que participades da actividade "Le cos teus" e daquelas que aínda non vos animastes pero, tal vez,  farédelo en breves. 
A todas vós, moitas grazas pola vosa colaboración e implicación
Sempre que se prepara unha actividade destas dimensións se fai con algo de medo, pensando na acollida que pode ter entre a comunidade educativa. Neste caso foi moi ben recibida, recollendo cada semana máis familias que se querían sumar a esta iniciativa. Tamén foi moi gratificante a cara dos nenos e nenas ao entregar o primeiro cupón do mes de febreiro e preguntando con medo se así sería suficiente de lectura neses días. 

A todos vós, GRAZAS, sen vos non sería posible.

É por iso que vos animamos a enviarnos unha imaxe vosa compartindo ese momento de lectura cos cativos ao correo chouzovigo@gmail.com


Unha vez máis vos animamos e 
contamos con todos vós!



23 Marzo

Quén e "Coronavirus"?  Cando se vai a ir? Cómo facer que se marche?


Un intruso chegou sen permiso, sen invitación, e instalouse para quedar un tempo. Canto?
Un libro da periodista María Coco 
Depende de nós. De momento só sabemos que truncou a nosa rutina diaria. E aínda que iso ten aspectos positivos: dispoñemos de máis tempo en familia, deunos oportunidade de practicar a solidariedade onde antes só había individualismo, permitiunos coñecer un pouco máis aos nosos veciños aínda que sexa a distancia, permitiunos valorar o labor social dalgúns profesionais que, aínda que antes tamén realizaban o seu traballo dun modo entregado e sufrido, os ignorábamos por pasar desapercibido, en silencio... Tamén nos quitou cousas importantes como: a visita aos nosos familiares, a interacción cos nosos amigos, gozar da natureza...
Agora contamos con máis tempo para facer os deberes con tranquilidade, ao noso ritmo. Moito máis tempo para os nosos hobbies. Moito máis tempo para a lectura...

Aquí vos deixamos un enlace a un libro que trata o coronavirus como alguén que hai que "desinvitar" a quedarse: "Coronavirus no es un príncipe ni una princesa".
Un libro co que a periodista María Coco trata de presentar aos máis pequenos da casa as consecuencias e as pautas a seguir para evitar que se propague e lles propón seguilas a modo de xogo. Ao estilo da película "La vida es bella", na que o protagonista debía seguir as instruccións do pai para gañar un tanque, ainda que neste caso os nenos non son "enganados", coñecen a realidade, trátase de frear o COVID-19, e o premio é máis real: unha merenda de chocolate!
Premede no enlace para lelo cos vosos fillos:
https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa


Non olvidemos que o único modo de volver á rúa, aos abrazos, os viaxes á casa dos avós, ás correrías polo parque... depende da nosa actitude de responsabilidade.
Paciencia!
Gracias profesora Silvia pola información!



22 Marzo

"Día Mundial da Auga". Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR), os “encoros” do futuro. 


Desde 1993, o 22 de Marzo celébrase o "Día Mundial da Auga"
Este ano enfocouse a analizar a relación existente entre aAuga e o cambio climático”. 
Nenos e adultos estamos familiarizados coa necesidade de reducir o consumo deste ben tan escaso evitando o seu gasto innecesario, de coidar a súa “calidade” evitando vertidos no desaugadoiro dos fogares (aceites ou outros produtos de uso doméstico...) e verteduras directas, por parte das empresas, de substancias químicas contaminantes utilizadas nos seus procesos de produción... Pero este ano, dado o tema central elixido, ponse de relevo a importancia non só de coidar o elemento en si, o seu uso sostible, senón o sistema que nos axuda a mantelo presente no noso planeta: o coidado do chan, o coidado das concas hidrográficas, a análise dos factores que facilitan a súa retención...o
desenvolvemento dos recursos hídricos de todos os países.
O aumento demográfico das cidades supón un maior consumo de auga, e por tanto, demanda unha maior necesidade de recursos hídricos. Como afrontar dita demanda naqueles países nos que a auga é un ben escaso?
En España tamén as concas hidrográficas foron reducíndose nas últimas décadas. Algunhas poboacións afrontan períodos de auténtica seca algúns meses.
Os científicos, hai décadas que acharon a solución, e nalgúns lugares xa se implementou sen consecuencias negativas evidentes para a poboación: Trátase de converter o ciclo da auga nun círculo pechado infinito. Como? Sometendo as augas residuais a un complexo proceso de depuración que as reconverta en auga potable apta para o consumo. Aínda que a moitos lles soe a ciencia ficción, (hai anos algún director incorporouno ao seu filme), houbo relatos de persoas que, illadas en circunstancias extremas, manifestaron haberse hidratado coas súas propias micciones. E, en California, converteron en realidade a reutilización potable das súas augas residuais, para paliar a seca sufrida entre 2012 e 2016.
Esta é a estratexia que axudaría ás cidades do futuro a autoabastecerse, ou a incrementar
os seus recursos hídricos dispoñibles, e a resolver o problema de moitas poboacións no mundo que carecen hoxe de auga potable suficiente para satisfacer o seu uso máis básico: alimentación e hixiene mínima.
Nestes momentos, nos que un xesto tan básico como lavarse as mans con frecuencia é fundamental para frear a propagación do COVID-19 , elevadas porcentaxes de poboacións
EDAR de Vigo la más amplia de España
urbanas
de Á
frica ou Asia non dispoñen de instalacións básicas de lavado de mans, (do 63% en África subsahariana ao 28 % en indonesia por exemplo). E mesmo nas zonas rurais, as augas requiren ser tratadas para non ser leito de transmisión de virus. Máis de 2.000 millóns de persoas viven en países que sofren unha forte escaseza de auga, e aproximadamente 4.000 millóns de persoas padecen unha grave escaseza de auga durante polo menos un mes ao ano.
En España a reutilización das súas augas residuais é un feito, aínda que de momento para uso de regadío, básicamente. Pero non estará lonxe o momento en que, dispoñer de auga potable, deixe de ser unha preocupación en todas as súas rexións e en todas as súas cidades. Só é necesario que a nosa mente asúma o feito de que, tratado axeitadamente, o líquido que baixa polo inodoro pode volver a saír polo grifo sen risco para a saúde.
As súas 2.000 estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), xeran a enerxía necesaria para o seu propio mantemento, combustible para cementeiras, nitróxeno, compost, fertilizantes para unha agricultura máis sostible, biocombustibles e biogás e dan unha segunda vida á auga. Pero se o volume de auga residual tratado na actualidade se sometese ao adecuado sistema de potabilización, podería ser a fonte que proporcione 102 m3 de auga potable por habitante ao ano.

Estaciones depuradoras de aguas residuales (EDAR), “embalses” del futuro.
Para pensalo!

Neste tema os vigueses vamos á cabeza: Vigo conta ca EDAR máis ampla de España.

Si queredes vela por dentro pinchade no enlace:
https://youtu.be/_8-KQ7DD_Hw


 Grande eh?
 Ainda que verdadeiros expertos no tema son os astronautas.
Rusos e americanos xa o usan como método de suplir a súa notable necesidade de auga nas súas viaxes de larga duración a Lúa ou a Marte.  Necesitarían 18 toneladas de auga o que ocuparía moito espacio. ¿Cómo reducilo? reciclando o 95 % da auga usada, incluida a súa orina e o suor!
Si queredes saber cómo o fan aquí vos deixamos un vídeo co seu enlace: 
https://youtu.be/VRLoox6wUlY



 Feliz Día da Auga.
 E, por favor, non olvidedes lavar as mans con frecuencia!!!