miércoles, 30 de septiembre de 2009

MOCHILAS VIAXEIRAS

Volvemos a preparar as mochilas que, o pasado curso, viaxaron por todas as casas para que as familias tiveran o pracer de compartir os libros e a lectura.

Esperamos que teñan o mesmo éxito ou aínda máis.

Queremos dar a grazas á profe Bea e a un grupiño de nen@s que nos axudaron para que as mochilas estivesen listas a tempo: Moitas grazas.

Saúde e bos libros!!!

CURSO 2009-10

XA ESTAMOS EN MARCHA!!!

Neste novo curso no colexio comezamos todos xuntos “A Hora de Ler” dándolle á lectura un posto relevante no horario escolar.

Cada día despois do recreo todo o colexio le: os nenos len, os profes len

en silencio …

e de pronto…

aparecen príncipes a cabalo, princesas a puntiño de converterse en rás, bruxas, ogros, lobos ... que queren darlle "intriga" aos contos, e…

…durante eses minutos a Maxia envólvenos.

PREMIOS BLOGS




A Biblioteca de Belesar desde o seu blog BIBLIOTICS concedeunos o Mimo de Blogueiras Amigas que pretende unir a todas aquelas persoas que dedicamos moitas horas aos nosos blogues procurando encontrar o mellor para poñelo ao servicio dos nosos alumn@s, compañeir@s e familias.

Para unirse a esta corrente hai que enviar o mimo a cantos blogues queiramos.

E a Biblioteca Biblocaxado concedeunos o premio: 'Olha que Blog maneiro'.

MOITAS, MOITAS GRACIÑAS ás dúas!!!

Ser un blog maneiro ten certas obrigas:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Nós declaramos maneiros estes 10 blogues:
1. BIBLOCAXADO http://biblocaxado.blogspot.com/
2. BIBLIOTECA DA MAGA TOMASA http://biblionavia.blogspot.com/
9. BIBLIOTECA DO COLE http://www.bibliotecadocole.com/