lunes, 9 de marzo de 2020

8 de Marzo

¨Día Internacional da Muller Traballadora".  Avances. Mulleres  innovadoras e emprendedoras en profesións dominadas por homes. Premio "Pritzer" (o Nobel de Arquitectura" e "Calabizo", "Premio ao mellor producto innovador do ano"


Ao longo da Historia, houbo grandes mulleres que foron abrindo camiños para que outras puidesen acceder a aqueles aspectos da vida (educación, política, traballo...), que lles estaban vetados por ser dominio dun mundo exclusivamente masculino.

Concepción Arenal  debía  disfrazarse
de hombre
 para acceder a la
Universidad de Madrid
En Educación, en España, é o rei Alfonso XIII, quen o 8 de marzo de 1910, asina a Real Orde que permite á muller matricularse no Ensino Superior en igualdade de condicións que o home. Atrás quedaba o ano 1942 no que Concepción Arenal tiña que vestir de home con levita e sombreiro de copa para estudiar como home na Universidad de Madrid, e a Real Orde de 1882 que prohibía a asistencia de Señoras ao
Alfonso XIII dictó la Orden  que
permitió, por fin, el
acceso libre de las mujeres
a la Enseñanz
Superior
devandito ensino e a do rei Amadeo I de Saboya de 1888 que a permitía pero só en calidade de estudantes privados, previa petición de permiso ao Ministerio de Instrución pública, coa firma de consentimento de cada profesor e o respecto dunhas estritas normas como: non xuntarse cos demais alumnos, sentar á beira do profesor, non abandonar as clases ata que o fixesen os homes e cambiar de clase escoltadas por un encargado co fin de non deambular soas polas instalacións. En Inglaterra tiveron que esperar aínda 37 anos máis para facelo. Ata 1947, as mulleres non puideron matricularse na Universidade de Cambridge.

En canto ao voto, en España foi un tema controvertido. Nas eleccións de 1931 concedeuse á muller o dereito para ser elixida electoralmente pero non a votar. Así, Clara Campoamor, Vitoria Kent e Margarita Nelken foron as tres primeiras mulleres elixidas deputadas en España tras as eleccións de 1931, pero coa curiosidade de que elas mesmas non puideron votar nas eleccións nas que foran elixidas pois o sufraxio feminino non estaba aínda aprobado. Foi Clara Campoamor a que
Clara Campoamor impulsó el
sufragio femenino en 1931
logrou o impulso da aprobación nese ano, cos seus convincentes debates fronte á súa opoñente Vitoria Kent que se manifestaba en contra, e causando reticencia e división de opinións dentro dos distintos partidos. Noutros países, (por exemplo Estados unidos) foi a aprobación do sufraxio feminino o que abriu a porta ao Sufraxio Universal, isto é, o que permitiu que etnias ata entón vetadas nas urnas puidesen participar tamén no deseño do seu futuro e o do seu país.
Matilde  Ucelay  primera
mujer  arquitecto de España.
Premio Nacional de
Arquitectura en 2004

Respecto ao traballo, a incorporación da muller realizouse, en gran parte precisamente, grazas ao seu afán por mellorar a súa formación. Entre 1920 e 1936, xurdiron as primeiras mulleres con cargos importantes. E desde entón, foron "colonizando" e aínda "coroándose" con premios alá onde quixeron deixar a súa pegada. En 1936, precisamente, en arquitectura, mundo exclusivamente masculino, Matilde Ucelay convertíase na primeira muller arquitecta de España, e en 2004 recoñecíase a súa obra concedéndolle o Premio Nacional de Arquitectura de España . O último exemplo, témolo nas arquitectas irlandesas Yvonne Farrel e Shelley
Yvonne Farrel y Shelley Mcnamara 
premio Pritzer de Arquitectura

Mcnamara, que este ano 2020 alzáronse co premio Pritzer de arquitectura, popularmente coñecido como o "Nobel de arquitectura", por ser o recoñecemento anual de maior prestixio internacional co que desde 1979 galardóase a un arquitecto. Segundo o xurado, é un merecido premio polo seu "infatigable compromiso coa excelencia" e a súa " capacidade para crear espazos innovadores á vez que con historia e tradición".


E falando de innovación, outro exemplo moi actual bríndannolo na industria alimentaria (mundo tamén copado por homes), e en Galicia: Sofía Calvo, Edurne Sendra e Keila Pousa creadoras de " Calabizo", o primeiro chourizo galego de cabaza 100 % vexetal, co aspecto, cheiro e sabor a chourizo de sempre, pero elaborado unicamente con ingredientes vexetais. Este produto de alto valor nutritivo, baixa achega calórico, fonte de fibra, rico en antioxidantes e co sabor de sempre levounas a gañar en 2016 o "Premio ao mellor produto innovador do ano", polo Clusaga (Agrupación industrial Alimentaria de Galicia)». Actualmente contan con máis de 500 puntos de venda por toda España pero
Sofía, Edurne y Keila, emprendedoras e innovadoras
"Premio ao mellor producto innovador do ano 2016"
pronto desde Nigrán, onde ten a súa base, será saboreado en países como Alemaña, Reino Unido, Finlandia ou Australia. Noraboa!! e Boa sorte!!!
"Calabizo" 100% vexetal



Boas novas 
a recordar nestas datas.
Grandes exemplos que ilustran que con esforzo e paciencia todo se logra!







No hay comentarios: