martes, 15 de octubre de 2019

14 de Outubro

Segue a conta atrás!

O día 24 aproxímase a velocidade e as chamadas á participación de todos vós seguen aparecendo. Hoxe tocoulle ao Club de Lectura.
Non esquezades pasar polo panel de entrada e apuntar o voso nome e curso no libro de Rexistro habilitado para a ocasión á esquerda da Biblioteca. É moi sinxelo: comproba que verificas os requisitos expostos na portada e, seguindo as súas instrucións, rexístrate na páxina interior.
 Está pensado para aqueles a quen lles gusta moito ler, para os ávidos de novas aventuras, para os famentos de experiencias novas, para os de imaxinación insaciable, para os que queren descubrir novos títulos que lles fagan gozar unhas horas inesquecibles, para os que gozan enormemente charlando distendidamente en grupo sobre o que as súas lecturas achegáronlle, fixéronlle sentir, fixéronlle descubrir de si mesmo...
Se crees con absoluta certeza que estás dentro desta lista ou queres descubrir se o estás, apúntate e permanece atento á inminente convocatoria.
Contamos contigo!



martes, 1 de octubre de 2019

27 Septembro

Volve Pranayama!

Que aínda non sabes que é Pranayama? Se es novo no colexio explicámoscho de modo sinxelo:

Os nenos e nenas de Primaria reúnense coa profesora Silvia no recreo para gozar dunhas actividades moi divertidas e relaxantes que che axudan a  mellorar a atención e a concentración, contribúen ao benestar persoal, fomentan a relaxación, reducen a tensión e axudan a mellorar as relacións cos demáis, contribúen a un san desenvolvemento, axudan a conectarse coas propias emocións, potencian a empatía, reducen a impulsividad, aplacan a ansiedade, axudan a aprender a tratarse mellor a si mesmo modificando as autocríticas negativas, melloran o soño e o proceso da respiración para acougar a mente e o corpo...

Paréceche pouco? Se aínda queres saber máis, pregunta á profesora Silvia ou aos centos de compañeiros que xa o gozan desde hai anos.
Anímate!!
Non perdas a oportunidade!!
Xa está aberto o prazo de inscrición!!!




23 Setembro

Xa  estamos de volta. Contamos con todos vos!


Xa comezou o bule - bule característico de setembro: O mes de outubro chama á porta e todo ten que estar xa listo: Mochilas viaxeiras, listaxe de Auxiliares, Novos fondos, Listados novos, Pasaportes...
As futuras Auxiliares axudaron
a preparar as mochilas. Moitas Gracias!

Novos fondos para as mochilas.
Votádelle unha ollada!
Novos títulos para a colección
Os "duendes" da Biblioteca non cesan no seu labor de preparalo todo pero... e vós? estades atentos ás chamadas para participar?

Estes días tedes xa convocada a solicitude de "Auxiliar de Biblioteca". Se es responsable e o teu perfil coincide co esixido na convocatoria... Non o dubides! Apúntate e comparte connosco uns gratificantes minutos de traballo nun mundo onde todo é posible: o mundo máxico dos libros!