jueves, 28 de mayo de 2009

Clubes de Lectura

Hoxe, por fin, viuse cumprido un obxectivo e, ao mesmo tempo, un desexo: Inauguramos o Club de Lectura d@s nen@s do terceiro ciclo do colexio.

Nesta primeira xuntanza tamén comenzamos o noso camiño de lecturas cun libro de Gonzalo Moure, "Palabras de Caramelo". Comentamos diferentes cousas a propósito do tema guía do libro: as discapacidades, a superación das dificultades, a aprendizaxe e a maduración que nos aportan as cousas negativas... e, como non! ese mundo, para algúns descoñecido, das persoas xordas.

Tivemos a sorte de contar coa presenza de Victoria licenciada en Pedagoxía e que está cursando un ciclo superior de Interpretación en Lingua de Signos. Falounos de cousas interesantes que non coñecíamos e aprendimos con ela algunhas palabras nesta lingua.

Gustounos moito e retomaremos, no próximo curso, esta actividade con moita ilusión.





Tamén o pasado martes, 26 de maio, xuntámonos outra vez nais e profes para compartir lecturas e opinións, que sempre resultan gratificantes e interesantes.

Empezamos cun libro de Gonzalo Moure titulado "El beso del Sáhara" e nesta última xuntanza limos "Una letra femenina azul pálido".

Esperamos retomar as lecturas e os comentarios sobre as mesmas no próximo mes de setembro.

martes, 12 de mayo de 2009

CONTOS E RIMAS

Este ano fixemos uns pareados cos personaxes dos contos clásicos; logo confeccionamos dous libros: "Cuentos en verso" e "Rimas" . E isto foi o que escribimos entre todos.

En Castelán



En Galego

domingo, 3 de mayo de 2009

CONTACONTOS

O día 23 de abril, Día do Libro, veu ao noso cole un Contacontos un pouco especial: Carlos.

Contounos algunhas cousas sobre o escritor Roald Dhal e dous dos seus máis famosos libros:


"As bruxas" e "A maravillosa medicina de Jorge".



Foi moi divertido e algúns nenos quixeron que lles firmase autógrafos.

Grazas Carlos.

INTERTEATRO

Como en anos anteriores, o colexio participou nas actividades do grupo "Interteatro" no intercambio de teatro infantil con outros colexios públicos.

Este curso os 14 centros participantes son:

Lope de Vega, Javier Sensat, Pintor Laxeiro, A.R. Castelao, Seis do Nadal, Saladino Cortizo, A Doblada, O Pombal, Carrasqueira, O Carballal, Frián-Teis, Panxón, Belesar e Emilia Pardo Bazán.

O noso colexio intercambiou a súa obra, o conto clásico "La Gallina Marcelina" con Lope de Vega, que participou con outro conto clásico, a obra "Alí Babá e os corenta ladróns" e con Panxón, que participou cunha obra de Miguel de Cervantes titulada "O xuíz dos divorcios".

Todos quedamos encantados co éxito obtido.

FELICIDADES AOS ARTISTAS!!!