lunes, 27 de octubre de 2014

martes, 21 de octubre de 2014

WILLIAM KAMKWAMBA

Podería ser o noso primeiro "Superheroe"?
William Kamkwamba e a súa familia eran moi pobres. 
Tiña tan só 14 anos cando tivo que deixar a escola secundaria porque era de pago. 
Conseguiu construír para a súa familia un muíño de vento, para xerar electricidade, feito de pezas de recambio e ferralla, baseado nuns planos aproximados que atopou nun LIBRO dunha BIBLIOTECA. Información

martes, 14 de octubre de 2014

PROXECTO 2014-15


O proxecto “SUPERHEROES” ten como finalidade que os alumnos teñan consciencia que, descubrindo en nós mesmos unha cualidade positiva, podemos SALVAR, SOLUCIONAR, CURAR, UNIR, COOPERAR … 
Este proxecto conta cunha gran carga importante de investigación e sensibilización hacia as persoas, pois o fundamental é que descubramos cantos seres humanos anónimos no mundo fixeron ou están a facer actos importantes que favorecen unha vida máis enriquecedora e significativa neste planeta. 
O 1º TRIMESTRE dedicarémolo a: 
"SUPERHEROES ANÓNIMOS"

domingo, 12 de octubre de 2014

ACTIVIDADES LECTORAS KALANDRAKA




LIBROS PARA SOÑAR RETOMA A TEMPADA DE CONTACONTOS



A libraría LIBROS PARA SOÑAR estreou a nova tempada das sesións de contacontos para público infantil.



O vindeiro mércores, ás 17:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR acollerá unha charla co lema “Animar a ler de 0 a 3 anos”, dirixida a nais e pais, educadores e mediadores. Esta sesión informativa -con entrada libre e gratuíta- precede o inicio da nova campaña de contacontos para bebés, a primera das cales se celebrará o mércores 29. Os futuros pais e nais, así como os pais e nais con fillos e fillas ata 3 anos, poderán coñecer os beneficios dos libros dende idade temperá, con materiais axeitados (tea, cartón, madeira…) a cada etapa da primeira infancia, e consellos para favorecer a súa formación dende o berce a través dos arrolos, cancións corporais, ditos e recitados recuperados da tradición oral, así como dos textos rimados a través dos chamados pictogramas poéticos ou poegramas.

ACTIVIDADES DE CONTACONTOS