jueves, 15 de julio de 2010

BIBLIOTECA, LIBROS E BO VERÁN...

Vídeos recomendados por Gracia Santorum no seu blog "Trafegando Ronseis"

Na BIBLIOTECA poderás atopar respostas a calquera pregunta: ao que sentes, ás emocións, aos problemas...

Preguntas:
Nena: O amor é para sempre?
Adolescente: Por que non podo facer amig@s?
Mozo: Como podo superar isto (quedar no paro)?
Parella maior: Como podemos encher o noso niño baleiro?


Questions of the Heart from Rachael Harrington on Vimeo.


BAILA E LE CONNOSCO

Vídeo creado polo profesorado de Sprague Elementary School (USA) para animar á lectura no verán. Titúlase "Put Books in your head".

Encántame a idea, pero, non sei por que, non maxino ao meu claustro facendo un vídeo semellante.
Claro que podo estar equivocada...

CLUB LECTURA xuño

No mes de xuño tivemos as últimas reunións dos Clubs de Lectura.
NENOS 3º Ciclo
Tema: CÓMICS
Cada un elixiu un cómic para ler e comentar.
Falamos de "Mortadelo e Filemón", Astérix, Tintín..., pero houbo unha particular preferencia na tertulia polo "Manga".
O profe Andrés, que asistiu a esta reunión, contounos algunhas cousas destes debuxos xaponeses.

¿Sabiades como naceron os debuxos Manga?
A historia do Manga poderíase dicir, e de feito é a teoría que se mantén actualmente, que os principios do Manga se remontan á época Edo onde os denominados Ukiyo-e debuxaban en modo de protesta as súas queixas sociais da época.


Estas manifestacións artísticas de carácter popular aparecen nunha Época de opresión ao pobo, o período Edo, que abrangue dende 1600 ata 1867.


Representaban fantasías que pretendían evadir ao pobo das súas penurias, criticas contra o sistema e que posuían un enorme dispendio de imaxinación.


Club Lectura xuño on PhotoPeach



NAIS-PROFES

TEMA: A muller noutras culturas: XAPÓN

LIBRO "Estupor y temblores" de Amèlie Nothomb

Unha novela de humor ácido para decatarnos da situación actual das mulleres en Xapón e rirnos de todos os xefes do mundo.

Esta novela cóntanos a historia de Amèlie, unha moza belga de 22 anos emigrada a Xapón, cando entra a traballar en Tokyo para unha das maiores empresas do mundo. Esta empresa é a quintaesencia da cultura empresarial nipona, na que o importante non é tanto canta xente tes por debaixo, senón cantos superiores.

Nesta estrutura fortemente xerarquizada, un inferior debe presentarse ante o seu xefe con "estupor e tremores", tal como esixía o emperador do Sol Nacente a todos os seus súbditos...

viernes, 9 de julio de 2010

PROXECTO MEDO


Bicentenario do nacemento de EDGAR ALLAN POE: 1809-1849

Escritor norteamericano precursor da novela de terror.

Quedou orfo cando aínda era un neno pequeno.

Adoptouno a familia Poe dos que tomou o apelido.

Por ter unha mala relación co seu pai adoptivo quedou desherdado.

Aínda que as súas obras son moi famosas, morreu pronto e pobre.
UNHA BIBLIOTECA TERRORÍFICA on PhotoPeach

jueves, 8 de julio de 2010

ENCONTROS CON AUTORES

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

Nos contó: "Nací en Madrid, en la casa de mi abuela Dolores.

En 2009 me concedieron el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, que todo el mundo dice que es un premio muy importante.

Pero el mejor premio de todos son los lectores, niños y jóvenes con los que no me canso de hablar, con los que me divierto, con los que me enriquezco siempre.

Niños y jóvenes que me escriben preciosas cartas, que me llaman a veces por teléfono, que me mandan correos electrónicos... Ellos siempre me piden que no deje jamás de escribir, pero me temo que voy a defraudarlos.

Sí, lo siento, he decidido que solo voy a escribir hasta que cumpla ciento treinta y siete años. Después, tengo pensado hacer otras cosas."
Alfredo Gómez Cerdá


ALFREDO GÓMEZ CERDÁ on PhotoPeach