martes, 25 de octubre de 2016

BIBLIOTECA


E chegou o día 24...
Os rapaces xa tiñan ganas.
Non aguantaban máis.
Un éxito de público!!!

domingo, 23 de octubre de 2016

AUXILIARES DE BIBLIOTECA CURSO 2016/17



Os/as novos/as auxiliares de biblioteca xa vestiron os chalecos, repasaron as normas e firmaron os contratos.
Estaban moi entusiasmados/as, desexando empezar a traballar!








BIBLIOPATIO CURSO 2016/17

Despois das exitosas xornadas de Bibliopatio do curso pasado, decidimos comezar este novo curso con esta estupenda actividade.
Os/as nenos/as desfrutaron de diferentes lecturas (contos, revistas, cómics,...) e unha vez rematado o recreo puideron levalas para casa e compartilas coas súas familias e amigos/as.
Todos/as vivimos con emoción uns recreos moi especiais.
 

O ALUMNADO DE 1º VISITA A BIBLIOTECA

Como cada curso, os nenos e nenas de 1º visitaron a biblioteca por primeira vez.
Descubriron unha morea de libros interesantes e aprenderon a realizar o préstamo.
As mestras tamén lles ensinaron as normas para o coidado e mantemento da biblioteca.
Saíron moi contentos/as e esperando voltar pronto! 
 

XA ESTÁ TODO PREPARADO PARA A APERTURA DA BIBLIOTECA

Xa queda pouquiño e temos todo preparado, este luns 24 de outubro agardámosvos na biblioteca!




sábado, 22 de octubre de 2016

MANDALA DE OUTONO

Nenos de infantil aproveitaron a hora de recreo para recoller folliñas que caeron.
E, como estamos en Outono, fixeron un bonito Mandala.
"Mandala de Outono"
Precioso.
Parabéns!!!

viernes, 21 de octubre de 2016

CARLOS SPUCH!!, UN NEUROCIENTÍFICO NO NOSO COLE!

Carlos Spuch, neurocientífico que está a traballar na investigación do cerebro, no hospital Álvaro Cunqueiro, estivo no noso centro os pasados martes e mércores, 19 e 20 de outubro. Tivemos charlas moi interesantes para toda a primaria. Comentounos moitas cousas, sobre o cerebro e resolveu moitas cuestións que xurdiron das propias charlas. Grazas Carlos, pola túa cercanía, sencillez e información!!

miércoles, 19 de octubre de 2016

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2016

 

O próximo luns 24 de outubro, Día Internacional da Biblioteca, abrimos a biblioteca do cole, para dar comezo a unha nova andaina xuntos/as chea de ilusións.
Durante este curso traballaremos nun novo proxecto chamado "Ciencia divertida: inventos e experimentos", co cal pretendemos espertar o espírito científico, a capacidade de investigación e o interese pola ciencia de todo o alumnado.
Benvidos/as a todos/as!