sábado, 14 de marzo de 2020

8  Marzo

"A muller máis importante da miña vida". 

"Nai" de Helene Delforge
O homenaxe do alumnado de 3 anos ás mulleres que mellor coñecen: as súas nais! Esas persoas que co seu amor e a súa tenrura todo o curan. Eses seres máxicos que todo o envolven facéndoo máis seguro e tranquilo. Esas superheroinas que todo o saben e todo o poden: desde desvelar o por que máis misterioso ata facer que olvidemos unha dor de tripiña cos seus mimos,  desde afastar a imaxe do máis terrible pantasma dun pesadelo con só o dulce son da súa doce voz, ata  facernos sentir os seres máis importantes do planeta cun dos seus abraciños...
Amor, ternura, dedicación...
Inspirados na obra de Helene Delforge: "Nai", na que se ve claramente que todas as nais, sendo tan diferentes, están "feitas" da mesma materia: tenrura ,amor, máis tenrura, e máis amor,  construiron este fermoso mural como tributo a todo o seu esforzo, dedicación e amor: 


Bravo rapaces!
Fermoso e orixinal tributo ás naiciñas!



No hay comentarios: