domingo, 28 de abril de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIO

O contador de contos Iago estivo o xoves día 25 cos nenos de Infantil e de 1º de Primaria a contarnos un conto moi divertido, deses que tanto nos gustan.

Linda é unha vaca diferente ás demais. 
Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. 
O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. 
Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo. 
No entanto, haberá alguén ao seu carón que o axudará. Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha granxeira que só quere recibir, por fin, un paquete san. 
Linda á espreita é a primeira entrega desta serie protagonizada por esta simpática vaca.
Composta, ata o momento, por tres títulos, foi un éxito de vendas en Alemaña dende a súa aparición en 2006. 
En torno a esta serie lévanse publicados libros para colorear, libros de cociña para nenos e diversos produtos de merchandising. 
(Información da páxina de Xerais)
Iago conta: "Linda á espreita" on PhotoPeach

sábado, 27 de abril de 2013

FINA CASALDERREY NA BIBLIO

O mesmo día 23 de abril, no que celebrábamos o Día Mundial do Libro, os nenos de 1º tivemos a sorte de que nos visitase a escritora e gran contadora de historias Fina Casalderrey.
Contounos moitas cousas, pero o mellor de todo foi a súa maneira tan peculiar de facelo.
Deixounos coa boca e os ollos moi, moi abertos.
Contounas tan ben que todos nós (tamén as profes) creímos que pasaron de verdade...
Logo, coa súa pluma especial, firmounos todos os nosos libros.
Tamén inauguró cunha marabillosa dedicatoria o noso novo libro de firmas das Visitas Entrañables á nosa Biblioteca.
Grazas, moitas grazas Fina. 
FINA CASALDERREY 23 ABRIL 2013 on PhotoPeach

domingo, 21 de abril de 2013

23 ABRIL 2013 - DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Agasallo de Paula Carballeira para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro.

Texto:
"SÓ UN LIBRO"


martes, 9 de abril de 2013

ADEUS A JOSÉ LUIS SAMPEDRO

Autoría: Rosana Rodiles

Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.
Un economista que sempre tivo presente que esta estaba ao servizo da colectividade.
Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito van ter que ler os clubs e moito botarán de menos esa referencia viva.
Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.
Un pensador que sempre nos fará falla.
Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse.
Autor de grandes novelas:
Autor de libros de economía
Economía humanista. Algo más que cifras.
Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos!

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 4/09/2013 11:20:00 a.m.