lunes, 25 de noviembre de 2019

25 de Novembro

"Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller" 

ou "Día Internacional para a non Violencia de Xénero".
Esta é unha xornada de sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres ao tempo que se esixen políticas en todos os países para a súa erradicación
En 1993 a "Asamblea General de las Naciones Unidas", aprobou a "Declaración sobre la Eliminación de la violencia contra la mujer", definindo a violencia como "todo acto que ten como resultado posible ou real, un dano físico ou psicolóxico, incluidas as amenazas, a coerción (represión física ou moral) ou a prohibición arbitraria da libertade, tanto que se produzca na vida pública como na privada.


  • Como "borrar" a violencia de xénero?

Naturalmente unha peza clave é a educación pero, tamén o é, contar co apoio da xustiza para evitar a impunidade dos infractores e tentar cambiar o "punto de vista" da sociedade.
  • Por qué o 25 de Novembro?

Ainda que xa se celebra desde o ano 1981, no 1999, as Naciones Unidas ratificaron oficialmente 25 de Novembro como data de celebración.
Elixiuse esta data en recordo do asesinato en 1960 das irmáns Miralba, coñecidas como "as mariposas". 


Minerva, María Teresa y Patria, llamadas las "mariposas",
porque así se daba a conocer Minerva en los círculos de lucha
  • E, quen son as irmáns Miralba?
Tres irmáns dominicanas, (Patria, Minerva e María Teresa) que, tras perder os seus pais todo o que tiñan co dictador Rafael Leónidas Trujillo, decidiron revelarse contra a súa dictadura. Feito que aproveitou o dictador, para vengarse do desdén sufrido por parte dunha delas,  ordenando a tortura e morte das irmáns.  
Sobre a súa vida existen documentáis, libros e incluso unha película.
A escritora norteamericana Julia Álvarez escribiu unha novela basada na vida das 3 irmáns:  "En el tiempo de las mariposas" ("In the time of butterfflies"), que o director, guionista e productor español Mario Barroso Ayats, actual presidente desde o 2018 da "Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España", levou ó cine . No 2009, Bélgica Adela Mirabal Reyescoñecida como Dedé, a única irmá Mirabal que se salvou, dedicoulles o libro "Vivas en su jardín".


Entendimento, diálogo, aceptación, libertade, comprensión...
é o camiño. 
Agresión, insultos, amenazas, desprecio, control, aislamiento... 
non é ningunha  opción.



16 de Novembro 

Día Internacional da Tolerancia

A tolerancia, non é indulxencia nin é indiferencia. É respecto e é saber apreciar a riqueza e variedade das culturas do mundo e as distintas formas de expresión dos seres humanos.
Así o aclara a UNESCO na súa "Declaración de Principios sobre la Tolerancia" de 1995
A Declaración describe a tolerancia non só como un deber moral, senón como un requirimento político e legal para os individuos, os grupos e os estados.
As Nacións Unidas comprometéronse a fortalecer a tolerancia mediante o fomento da comprensión mutua entre as culturas e os pobos. Neste tempo no que se observa un menosprezo da vida humana, practiquemos a Tolerancia, escoitemos con tolerancia, opinemos con tolerancia.
Que a tolerancia prevaleza no noso pensamento, nas nosas obras e nos nosos actos.
E en caso de dúbida, non esquezamos que
non hai unha única razón, senon varios modos de ver unha mesma verdade.


Feliz Día e Sede Tolerantes!!

20  de Novembro

Hoxe, Día Universal da Infancia, un documental para reflexionar

As actividades de Lectura, Música ou Investigación propias dunha xornada normal da Biblioteca, deron paso hoxe ao visionado de dous documentáis. Un deles axudaba aos nenos e nenas asistentes a recordar os dereitos e os deberes que estes dereitos supoñen. O outro, facía un recorrido pola importancia que a infancia tivo ao longo do tempo, desde  cando os nenos eran meros "adultos en pequeno" negándoselles a posibilidade de vivir a súa infancia dun xeito adecuado,  ata chegar a súa situación actual na que é demasiado visible a realidade que viven os nenos e nenas do mundo que non teñen a sorte de ser coma nos pese a ter, algúns, un sorriso máis sincero no seu rostro que o neno máis saciado de xoguetes ou seguridades que poidamos ver na nosas rúas ou colexios. 








Reflexión:
É importante aprender a ver cos ollos dos demáis para saber valorar de verdade o que un ten!

 

15 de Novembro

O Magosto: unha festa centenaria 


En cada  provincia galega, encontramos unha prolífica lista de celebracións históricas e culturáis que lle son propias.  
Pero hai algunhas que se repiten en toda a xeografía galega.  É o caso de  "O magosto".Chegado o outono, o aroma de castañas e brasas invade o aire de todas as vilas e pobos de norte a sur e de leste a oeste de Galicia.

Sabes donde está o castiñeiro máis antigo?
Castiñeiro de Pumbariños en Manzaneda
Os castiñeiros son centenarios en Galicia . En Manzaneda (Orense) podes atopar un exemplar de mil anos de idade e case 14 metros de circunferencia !
Ainda que xa había castaños autóctonos en Galicia, dise que á súa chegada, os romanos, trouxeron unha variedade máis productiva que pasou a extenderse por toda a rexión. E nos séculos seguintes, a castaña convertiuse nun producto tan importante para a vida e a economía dos propietarios das terras (monasterios e nobres) e da dos seus arrendados que chegou  a esixirse a plantación de soutos nas terras arrendadas. Pois da árbore aproveitábase todo: a madeira polas suas excelentes cualidades e o froito, as castañas,  que as veces usábanse como pago cando se recadaban as rendas.  Por entonces, as castañas eran chamadas "o pan dos pobres".
No século XIX, moitos destes soutos desaparecen debido ás enfermedades das árbores, sobrevivindo básicamente os que atopamos actualmente nas zonas interiores de Lugo e Ourense. E debido a esta merma e desaparición, é polo que comezaron a favorecerse outros novos cultivos como a pataca e o millo.
Barriendo y bailando al final de la fiesta
Antiguamente, para celebrar o Magosto, reuníanse todos os veciños e as mulleres encargábanse de recoller e aportar as castañas e os homes aportaban o viño novo do fin da colleita para acompañalas, xa que no Magosto si as castañas asadas ao lume simbolizaban a morte, o viño novo representaba a nova vida. Ao terminar de comer e beber, acababan bailando e pintándose uns a outros a cara con cinzas.

Xogos de atención...
Hoxe en día a tradición mantense igual en todas as partes, si ben no noso cole as ricas castañas non as aportan as rapazas senon os membros do ANPA a quenes lles damos as gracias así como ás familas voluntarias que nolas deixaron tan saborosas; o baile final sustitúese por divertidos xogos donde a castaña é a protagonista; e o maquillarse de cinza mantense porque é algo tan divertido como inevitable!!
Maquillarse de  cinza,
propio do Magosto 

xogos divertidos

xogos de puntería de castaña...


xogos de relevos de castaña...
xogos de concentración de
 tríadas de castañas ...
...xogos de equilibrio con castaña, xogos de globos de castaña... en definitiva:  
Unha gran festa centenaria con moita diversión!!!



domingo, 24 de noviembre de 2019

14 de Novembro

Reporteiros  de boas noticias no Taller de Escritura

Na proximidade do "Día Internacional do Neno", convídouse a todo o alumnado a participar nun Taller de Escritura moi especial:   Debían imaxinarse na pel dun periodista e "crear"  todas aquelas noticias que lles gustaría poder dar na realidade,  relacionadas coa forma de vida todos os nenos e nenas do mundo , os seus dereitos e o respecto de ditos dereitos.

Por motivos axenos á organización, aplazouse o encontro para o seguinte venres,  29 de Novembro.

Non o esquezades!!
Esperámosvos coas mellores novas que todos os nenos e nenas do mundo querrían escoitar !! 



12 de Novembro 

A pirámide de Neteruimes no Club de Lectura

Descifrando el alfabeto jeroglífico
Os membros do Club de Lectura "descubren" Exipto co libro "Rita y los ladrones de tumbas". Despois dunha longa semana de búsqueda  de pistas que os obligaban a traballar en equipo para montar puzzleshabituarse ao linguaxe xeroglífico propio daquela época para descifrar as distintas ordes e misivas, facer investigacións sobre o Antiguo Exipto e algunhas  das súas necrópolis como  a maxestuosa qv66 de Nefertari 

La secretaria tome nota de los textos decodificados!
ou de Neteruimes,     consexeiro do faraón Ramsés II el Grande... acadaron con éxito a ardua tarea de encontrar unha mensaxe que a protagonista da historia lles deixou na pirámide do mesmo Neteruimes.  Nela, quere alertalos para que sexan sabios e non cometan o seu mesmo erro: deixarse levar pola vanidade!
A la caza de pistas sembradas por todas partes
"No escuches ni te dejes llevar por tu vanidad
 Antes bien, actúa siempre con humildad y prudencia pues son siempre la mejor ciencia". 
Averiguamos la combinación  secreta  para  acceder

Unha lección de humildade reflectidas hai anos polo mesmo José María Pemán (y é que os principios  fundamentáis humanos gozan de vixencia eterna, non teñen fecha de caducidade!) nos versos:
"!Que no turbe mi conciencia 
la opinión del mundo necio. 
Que aprenda, Señor, la ciencia 
de ver con indiferencia
la adulación y el desprecio".

Sabias palabras!

Gran equipo! Accedemos a la cámara interior!!!

La sorpresa nos obliga a pensar nuevamente!
Parabéns polo voso achado
Non esquezades poñelo en   práctica! !!









jueves, 21 de noviembre de 2019

6 de Novembro

Novos premios para KalandraKa 

Atentos! 
"¿A qué sabe la luna?", "Rosa caramelo", "Donde viven los monstruos"... e tantos outros títulos imprescindibles cando de literatura infantil se trata, xa teñen novos compañeiros de estantería. E con premio!
O 2 de abril de 1998, día do aniversario de H.C. Andersen, naceu en Vigo a editorial galega Kalandraka como resposta á escasa oferta de álbum ilustrado en lingua galega, tanto de contos tradicionais e populares como de nova creación. 
Desde esa data, varios foron os premios recibidos como editorial ( Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial 2012 e, a nivel provincial, Premio Pontevedreses 2012), varios os idomas aos que extenderon a súa edición, no só do territorio español senon tamén idiomas extranxeiros como inglés, italiano...e varios os seus albunes ilustrados que recibiron premio. 
No último ano, o premio chegoulles por partida doble.  Dúas das suas obras,  "Cándido e os demais" e "Cara de velocidade", obtiveron o primeiro e terceiro galardón, respectivamente, dos Premios aos Mellores Libros Editados 2018 na categoría de libros infantís e xuvenís que concede o Ministerio de Cultura e Deporte! 

Parabéns á editorial por ambos premios! ...
Non esquezades votarlle unha ollada!




5 de Novembro

19 matrículas de honor. Premio extraordinario de licenciatura

Estes días anunciouse que pronto o edificio da Audiencia próximo ao noso colexio (vémolo desde o patio), será transformado nun centro integral de saúde (CIS) que levará un nome moi peculiar: o da doutora  Olimpia Valencia. Pero, quen é dita doutora? 
 En Vigo, na parroquia de Oia, xa se encontra unha rúa dedicada ao seu nome: rúa de Olimpia Valencia
 Olimpia Valencia, foi a primeira galega en licenciarse en medicina e primeira en exercer como ginecóloga, dado que aínda que o seu desexo era especializarse en neumología, daquela non estaba ben visto que as médicas tratasen a homes, por iso, a ginecología foi a súa única opción. E ainda que pese ao seu brillante expediente académico non o tivo fácil, a súa gran profesionalidad permitiulle gañar o respecto dos seus pacientes e dos seus propios compañeiros de profesión.
Olimpia na inauguración da súa clínica 
en Vigo no ano 1928
Olimpia Valencia
Placa en su casa  de la calle Príncipe

Pese a haber nacido en Ourense no ano 1998, viviu con seu pais en Vigo desde pequena. Por iso en 1928, inaugurou aquí en Vigo un consultorio de medicina xeral e de ginecología. N
o ano 1930, foi unha das fundadoras da Academia Médico Quirúrgica de Vigo , institución da que chegou a ser vicepresidenta uns anos más tarde.  Traballadora incansable, ainda que se xubilou nos anos 60, continuo traballando no seu consultorio particular ata algo máis dos oitenta anos, falecendo en xullo de 1987 aos 89 anos. 


Un bo exemplo a seguir o, ao menos,  un dato do que sentirnos orgullosos como vigueses!!!



4 de Novembro

Galicia desde o alto


Poucas rexións víronse descritas en tan poucas e significativas palabras como Galicia. 
El océano desde el faro de Finisterre
Desde que os cantís occidentais do Cabo Finisterre foron considerados polos romanos como o fin do mundo coñecidograndes viaxeiros percorreron a súa xeografía atopando nela múltiples razóns para volver visitala. E pola súa natureza incrible e as cativadoras vistas que ofrecen algúns dos seus puntos máis emblemáticos, ben mereceu ser eloxiada. 
Tal vez os romanos arrepiados pola espectacular imaxe do solpor non estiveron moi acertados co título de "Fin da Terra", pois hoxe sábese que é o Cabo de Touriñán o punto máis occidental de España e o cabo de Roca, en Lisboao punto máis occidental da Península
cascada del Ézaro 
pero hai títulos que aínda co tempo serán imbatibles, como o de “Illas dos deuses” co que bautizaron os romanos ás illas Cíes, ou o de "único río de Europa que desemboca nunha espectacular fervenza" ostentado polo río Ézaro, ou o da serra dá Capelada cuns dos cantís máis altos de Europa con 612 m de caída ao mar na Garita de Herbeira, ou a espectacular vista dos bancales nos serpeantes canóns do Sil, na Ribeira Sacra. Por non citar outros moitos.

    Pero se "a ras do chan" sorpréndenos, desde o alto é como mellor coñécese e compréndense as creacións e caprichos da natureza. 
    Isto comprobárono todos aqueles que algunha vez subiron nun avión, helicóptero, globo ou calquera outro medio que puidese elevar a súa perspectiva a varios metros de altura.  
Batea en plena producción
     Algúns dos protagonistas do programa “Volando voy” do popular xornalista e aventureiro Jesús Calleja experimentárono nos últimos meses. 
    Podedes compartir con eles as espectaculares vistas da illa de Cortegada, as illas Cíes, os recortados acantilados do cabo Ortegal,  os bancales de viñedos da  Ribeira Sacra conformada polo río Miño, Sil e Cabe, a sorprendente aplicación da tecnoloxía ao cultivo do mexilón na Ría de Arousa, ou a serra do Courel cas albarizas, típicas construccións para preservar a mel do seu principal comensal non invitado: o oso!   
Acantilados desde la Garita de Herbeira

    Aquí vos deixamos algunhas ligazóns non só para disfrutar das inpactantes vistas senon para descubrir moita información interesante que se vai desvelando ao longo dos programas:
Ribeira Sacra. Cañones del Sil
     Cabo Ortegal: 


 Bateas, la tecnología al servicio de la cría del mejillón. Increible vista.

https://www.cuatro.com/volandovoy/jesuscalleja-mejillones-videos-momentazos_5_2466525001.html

Ribeira Sacra

Las albarizas del Caurel:
https://www.cuatro.com/volandovoy/programa-completo_18_2841570068.html

    Esperamos que as disfrutedes!