sábado, 22 de junio de 2019

18 de Xuño

Nova sección no Museo de Vigo

A profesora Luz inaugurou unha espectacular  exposición de monumentos e plazas vigueses que como ben rezaba na pancarta tedes que ir a vela! 
É unha de esas cousas que calquera que sexa a expectativa con que se visite, non só non defrauda senon que sae un verdadeiramente satisfeito e sorprendido!
A profesora Luz dalles as últimas instruccións
sobre a orientación dos emplazamentos 
O Faro de Bouzas serviravos de guía para atopala,  o propio Porto co seu taller de embarcacións e a súa grúa, o poblado celta do Castro, o Estadio de Balaídos, a ponte de Rande, un modelo de interiorismo típico dunha vivenda viguesa, a plaza da Industria á que non lle falta nin a pronunciada pendiente da rúa Coruña co seu tráfico!,  as illas Cíes, o cemiterio de Pereiró (que, na realidade, alberga unha verdadeira mostra de arte nos templetes e mausoleos dos cidadáns ilustres da cidade), coas lápidas que informan sobre os personaxes máis emblemáticos de Vigo que alí se atopan en perpetuo descanso .... e ata a reproducción da Cafeteria - Xeladería DiSanRemo de Samil na que a terraza  acristalada deixa ver o ambiente do interior perfectamente reproducido ao igual que a ambientación exterior, cobrando o máximo realismo... Estes son algúns dos novos lugares polos que pasear na exposición. 
A profesora Rosa visitou a exposición cos seus alumnos

Os nenos de 5 anos coa súa profesora Rosa, foron os máis madrugadores. Ainda a profesora Luz  andaba rematando o emplazamento e xa os primeiros visitantes fixeron acto de presencia. Nadie quixo perderse o evento. 



 Noraboa á Profesora Luz e aos seus alumnos que tan arduamente traballaron na súa hora de sección bilingüe.
Moitas gracias por acercar un pouco máis a nosa cidade aos máis pequenos e deleitarnos a todos co voso espetacular  traballo!


14 de Xuño

"Lemos e somos Artistas"

Xa está "aberta ao público" a exposición da arte recollida das vosas mochilas viaxeiras.
Unha verdadeira mostra de cor, inxenio e agarimo posto nos vosos lápices de cor. 
Hainos máis e menos  sinxelos e hainos levados acabo con auténtico despliegue de imaxinación, utilizando diversas técnicas e materiais elixidos en virtude de lograr un maior realismo ou, en ocasións, maior  vistosidade ao producto final.

Todos fermosos. 
Noraboa artistas!


miércoles, 12 de junio de 2019

12 de Xuño

"Lemos e somos Artistas"

Xa está clasificado todo o material das vosas Mochilas Viaxeiras.  
Os vosos comentarios son muy satisfactorios. Alégranos que disfrutárades coas lecturas, cos vídeos,  coas revistas e cos documentais que nelas viaxaron  ás vosas casas ao longo do curso.

Pero non só nos alegran os vosos comentarios. Tamén os vosos debuxos nos enchen de alegría, porque neles vese que sodes grandes artistas e, ademáis, compróbase que de verdade vos gustaron as obras seleccionadas.  Esperamos acertar do mesmo modo na selección do próximo curso.

Pronto poderedes disfrutar das vosas creacións, na exposición "Lemos e somos Artistas", que está a elaborarse no rellano do 1º e 2º  curso,  (onde tamén se atopan as vosas maquetas de Vigo e o mural "Qué está pasando en Vigo?").
 Noraboa. 
Seguide desarrollando o voso gusto pola lectura. 
Non deixedes de ler este verán. 
E si non sabedes que ler, estade atentos ás guías de lectura coas suxerencias que os fai o Equipo de Biblioteca.
Ánimo!  E a disfrutar!


10 de Xuño

Buena noticia para los los amantes de las grandes obras 

Si visitáis Madrid estos días y os gustan las grande obras, joyas de la Literatura y parte de nuestra Historia, estáis de suerte: 
Un Códice del S. XIV del Cantar del Mío Cid, permanecerá expuesto al público, durante 15 días,  en la Biblioteca Nacional! 

Finalizado este plazo, el original se cambiará por un facsímil.


El citado plazo ha comenzado el 5 de Junio, por lo que si vuestro proyecto de viaje o de vacaciones, contempla como escala o como destino Madrid, estáis de suerte... pero debéis apresuraros!
Ánimo y a disfrutar la ocasión!




lunes, 10 de junio de 2019

7 de Xuño

Ponte a punto para o Pasapalabra de Vigo

Si che gustan os concursos e as probas contra reloxo, estás de sorte! Aquí tes a túa oportunidade de pasalo ben!
Busca un compañeiro ou un grupo que queira competir contigo, apuntade o voso nome e curso na folla que tedes na porta da Biblioteca e... A xogar! 
É moi doado. As palabra coñecédelas todas porque sabemos que traballastes moito este ano e coñecedes Vigo mellor que un guía turístico. Sabédelo todo sobre o seu río, a súa Ría, as súas rúas, os seus monumentos, a súa historia... Vamos, que entre o que investigastes e o que vos dixeron, xa non queda ningún secreto por coñecer.  
Poñamos un exemplo
Comeza pola V:  din que é a cidade máis fermosa do mundo e que nas Navidades pasadas sentiron envexa das súas luces os cidadáns de Nova York.  
Sabedes a resposta?   
Entón, non hai dúbida, estades máis que preparados!  
Ánimo e apuntarvos Xa!

7 de Xuño

"¿Qué quieres ser de mayor? SER"

Pranayama-Teatro, por fin, no cole!

O grupo Pranayama-Teatro da Profesora Silvia
Xa nos tardaba! O esperábamos con ilusión!!
Despois dos éxitos recollidos nas súas actuacións fóra:  No Auditorio do Concello, no colexio Lope de Vega... por fin chegou o noso turno.  E estamos encantados!

Pranayama, é un proxecto construído pola profesora Silvia con moita ilusión e esforzo para introducir un novo aire pedagóxico que favoreza, principalmente, o desenvolvemento psíquico, físico e social dos alumnos/as
O seu desexo principal é poder contribuír a traballar a atención plena, a concentración e a calma e así poder sosegar satisfactoriamente a “revolución” mental, física, emocional e social que, debido ós ritmos vitais actuais, veñen sufrindo non só os adultos senón tamén os nenos/as. 
Un novo camiño que nos guiará cara un AUTOCOÑECEMENTO, esencial para levar unha vida máis PLENA E FELIZ.

Da fusión de este Proxecto coa súa pasión polo teatro, xurde o Grupo Pranayama-Teatro que estes días non  paran de traballar ca súa obra "Que quieres ser de mayor? SER" 

Gracias  rapaces por proporcionarnos estes momentos divertidos, de desconexión, e de reflexión. 
Noraboa! Sodes especiais!
Noraboa a profe Silvia, quen, pon todo o seu esforzo para sacar o mellor de vos. 
Gracias, Grupo Pranayama-Teatro. 
Seguide así, transmitindo boa enerxía a todos, que fai moita falta.




viernes, 7 de junio de 2019

6 de Xuño

Despedida do Club de Lectura

Tras un curso compartindo o gusto pola lectura,  intercambiando opinións sobre os personaxes,   sobre as súas actitudes e comportamento, poñéndose na súa pel,  algunhas veces divertíndose con eles  e sempre aprendendo deles, ... Hoxe tivo lugar a despedida do Club de Lectura! 
A profesora Rocío, convocou hoxe aos ávidos lectores  para disfrutar  dunha última sesión moi especial na que lles agardaban algunhas sorpresas
Os membros que puideron asistir (os compromisos destes últimos días dificultaron a presencia a algúns), despedíronse cunha entrañable festa na que a profesora Rocío lles fixo entrega, ademáis, dun  "Diploma ao bo Lector/a" pola súa valiosa participación.
A pena por chegar ó final era evidente. 

Só nos queda desexarlles un bo verán cheo de  lecturas interesantes e divertidas. 


 
 E aos que xa no volverán ao colexio porque unha nova etapa da súa vida comenza, lles desexamos o mellor!  E esperamos que sigan levando e transmitindo o seu amor pola lectura alá onde vaian (Instituto, Politécnico...)

Moita sorte rapaces!

Foi un enorme placer contar con todos vos!

jueves, 6 de junio de 2019

6 de Xuño

Cousas do destino: Manuel Otero, un galego no desembarco de  Normandía, entre os 3 millóns de soldados dos EE.UU.

Unha fecha: 6 de Xuño de 1944, o día D
Un lugar: praia de Normandía
Un feito: entre os 3 millóns de soldados dos EE.UU. desembarcados, hai un só galego
Un libro: "Un gallego en Omaha Beach" (de Antonio Osende)

Sabiades que...
Fai 75 anos, o 6 de Xuño de 1944, o "soldado de primera clase" Manuel Otero, participou no desembarco de Normandía con outros moitos soldados americanos máis que pretendían liberar o territorio francés da presencia alemana.
Pero a súa era unha circunstancia doblemente especial: por unha parte, pese a súa xuventude (28 anos), para el era xa  a segunda guerra na que participaba ( xa o había feito  na guerra civil española); e, por outra parte, el era o único galego combatindo en Normandía como soldado do exército aliado de EE.UU

Se queredes maís información aquí vos deixamos un pequeno vídeo e o seu enlace, así como utros enlaces nos que podedes atopar máis información.
Enlace vídeo: https://youtu.be/WxA51998OzQ
Enlaces para máis información:
https://www.elespanol.com/cultura/historia/20190601/salvar-soldado-manuel-otero-participo-desembarco-normandia/402710570_0.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/06/06/salvar-soldado-otero/0003_201406H6C7993.htm




miércoles, 5 de junio de 2019

5 de Xuño

A Debate os nosos hábitos no Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, a Biblioteca rendiu homenaxe ao noso maltrecho Medio Ambiente, co visionado do Documental: "Que podemos aprender de Suiza?e cun Debate posterior no que os alumnos asistentes podían facer, de acordo ó visto sobre os nosos veciños suizos, unha reflexión sobre os fallos do noso sistema de consumo, sobre  a nosa falta de concienciación sobre o dano irreversible que as nosas accións individuais provoca, e a necesidade dunha formación ecolóxica continua, constante, desde pequeniños,  para que sea efectiva chegado a adultos.  

 O documental foi seguido con gran  espectación por todos os asistentes, que non daban crédito a todo o que os suizos facían para lograr ser a cidade máis limpa e ecolóxica, exemplo para todos nos. 

Usar toda a basura para lograr calefacción par os cidadáns? Policías que averiguan de quen é a basura en caso de facer mal o reciclado, co obxecto de visitalo na súa casa e imporlle unha sanción? Separar a grapa, o fío e a bolsiña da infusión de te para reciclalos por separadoPara nos que que nin siquera sabemos onde tirar todo xunto, iso é ... como mínimo impensable!!!
Pero claro, todas esas pequenas cousas son as que ... fan a diferencia!

Non é de extranar que  o debate dirixido e moderado polas Auxiliares de Biblioteca Sofía e Alicia, nos levaran á mesma conclusión que, a poucos minutos de comenzar o visionado do vídeo, había chegado a nosa polifacética Sofía, quen polo baixiño, confesara  xa a súa impresión vistos só os primeiros minutos do documental: "'El Debate lo gana Suiza!"


Temos moito que aprender! Pero o máis importante é que, non é cuestión de ensinar teóricamente os efectos,  senon de axudar a asumir e practicar desde pequenos, desde o colexio e a familia, as accións necesarias para evitar eses efectos


Para lembrar a importancia do cuidado do noso Medio Ambiente, a profe Pilar repartiu a todos os asistentes uns chaveiros  que, con diversas inscripcións, nos levan á mesma reflexión:

A Terra é a nosa casa. 
A súa salud está en nosas mans. Coidémola!

4 de Xuño

Chegou o ansiado Día da visita aos "nosos" avoíños

Os alumnos, acompañados pola profesora Pilar,
disfrutaron dunha sesión moi amena e moi especial
Como cada ano, os nenos e nenas do Club de Lectura e Auxiliares de Biblioteca, fixeron a súa visita aos que xa consideramos como "nosos avoiños" do Centro de Día.  
Rematada a exposición, nos propuxeron
un xogo moi divertido. Pasamos o examen!
Alí os esperaban os "coñecidos de sempre", (Pilar, Chelo, Víctor...)  e tamén algúns máis aos que ainda non tiñamos o placer de coñecer. Todos, dispostos  a intercambiar algunhas das experiencias acumuladas ao longo da súa dilatada vida. Esas historias que volven a cobrar toda a súa intensidade ao ser compartidas con alguén disposto a oílas, alguén ávido de historias e anécdotas reais relatadas en primeira persoa por estes especiais protagonistas que, ademáis de sabiduría, emanan cariño e ternura en cada palabra, ilusión e complicidade en cada mirada
Os alumnos explicáronlles o aprendido nas aulas sobre lugares emblemáticos da cidade, (gracias ao proxecto deste ano), e os avós aderezaron estes coñecementos teóricos,  con lembranzas da súa infancia vivida en ditos lugares, o que os fai aínda más especiais. 
Sofía, sorprendeu a todos cunha elaborada maqueta
da Porta do Atláncio para ilustrar a súa exposición
Con  agarimo, os alumnos lles regalaron
uns imáns de elaboración propia
co escudo da cidade e a lectura: "I love Vigo" 











Moitas gracias Manuel, Marta e Mercedes do Centro de Día por facer posible a continuidade deste intercambio xeneracional tan enriquecedor para todos os protagonistas implicados. 
Moitas gracias a vos, Sofía, Yeshihara, Zoé, Zoe, Alba e Mateo polo voso compromiso. Sodes uns rapaces maravillosos.





4 de Xuño

Islas Cíes,  un trocito de Vigo desde 1.840.

Paraíso Natural, el mayor tesoro de la Ría, barrera natural de temporales... Siendo hoy uno de los reclamos turísticos en auge,  estas  islas conocieron épocas menos gloriosas (de total abandono , en épocas en las que los vikingos se imponían) , y épocas de dudosa pertenencia (ya que se la disputaban Bayona, Cangas O Bouzas).  
Descubre cómo , cuándo y por qué este paraíso (tanto acuático como terrestre) pasó a ser bien natural vigués

Adéntrate en su historia y averigua  como numerosos reyes están relacionados con su dominio:

lunes, 3 de junio de 2019

  3 de Xuño

Debate na Biblioteca no Dia Mundial do Medio Ambiente: mércores,  5 de Xuño

Qué maís podemos facer polo noso Medio Ambiente?
Gústanche os debates?
O martes, 5 de Xuño, celebramos na Biblioteca o Día Mundial do Medio Ambiente ca proxección do  documental "¿Qué podemos aprender de Suiza?", co que se revisan as accións positivas do noso país e as que todavía podríamos implementar, observando as causas e accións que provocaron que Suiza sexa o país máis limpo, sen contaminación, e máis concienciado ca importancia do cuidado do Medio Ambiente.   
Estades todos convidados a participar na proxección do documental e no posterior debate
Anímate!
Participa!
Esperámoste!