jueves, 26 de diciembre de 2019

Paz, Unión y Alegría en los hogares!

La Navidad se celebra de manera diferente alrededor del mundo
Muy diversas son las tradiciones típicas de estas fechas, pero muchos son también los elementos comunes entre todas ellas: 

  • Por tratarse de unas fechas de gran alegríaen casi todas las tradiciones abundan las luces de vivos colores adornando calles, plazas y hogares, (en algunos lugares incluso, se implementa este despliegue luminoso soltando enormes farolillos encendidos que suben con su luz a lo más alto, o con vistosos fuegos artificiales)
  • Por tratarse de un tiempo entrañable de reunión familiar, en casi todos los lugares dichas reuniones se realizan en torno a una mesa en la que se degustan platos y postres especiales típicos de estas fechas (diferentes según la región).
  • Y por conmemorar el nacimiento de un Niño muy especial, los niños son los grandes protagonistas en el intercambio de regalos (aunque los adultos también), por lo que en algunos lugares los “Mercadillos Navideños” son un elemento fundamental de  estas fiestas. Y allí donde estos no son tradición, los comercios en general promueven las compras y el consumo.
Pero, en cualquier lugar del mundo, lo importante  es que estas fechas sirvan para fortalecer la unión, propiciar el reencuentro y restaurar la paz en los hogares para que, la alegría temporal suscitada estos días, permanezca y reine más allá del apagado de las luces de Navidad.

 Sea cual sea el tipo de celebración que prime en cada familia,  
el Equipo de Biblioteca  les desea a todos unas 
Felices Fiestas, con Paz y Alegría en sus hogares.


E chegou o gran día!



Atrás quedaron os nervios nos ensayos. Chegou a despedida! 
Por suposto, no derradeiro día non faltou a visita de Papa Noel que sorprendeu a todos coa súa gran dimensión e amabilidade, despois dunha  
animada mañá de actuacións nas que moitos puideron amosar as súas excelentes habilidades para a música, o baile e o canto. Xilófonos, flautas, triángulos e voces arxentinas con coreografías do máis orixinal consolidaron unha mañá moi artística. O esforzo dos titores de E. Infantil e o gran traballo da profesora Elsa foron evidentes en todas as actuacións. 







Bravo a todos por conseguir unha mañá magnífica!
E como todo gasto enerxético debe ser restaurado, o día rematou cunha rica merendola



Chega o Nadal!

A inminente chegada do tempo preferido polos nenos está marcada no ambiente.
Pasaron uns días de frenética actividade preparando a chegada do Nadal.
Original corona de Adviento
de la profesora Luz
Todos os corredores luciron fermosos  motivos navideños. O alumnado empregouse a fondo. 

O Departamento de Inglés deleitounos cun fermoso mural no que de atractivos agasallos saían como unha explosión as caras sorrintes dos nenos e nenas, auténticos protagonistas do Nadal, mentras cun brillante cartel nos desexaban a todos  “Merry Christmas” !!!
Os alumnos de 5º e 6º alegraron o seu corredor decorando unha fermosa árbore de Nadal con bolas de cores moi personalizadas!
Nenos e nenas de varios cursos montaron un pequeno belén ao abrigo da gran árbore de Nadal, no que grandes, medianos e máis pequenos puideron xogar.
 
E por suposto, tamén os Axudantes da Biblioteca lle deron o seu toque de Nadal cunha árbore e unha coroa de Advento moi particulares. 

Moitas grazas rapaces por poñer toda a vosa alegría nas vosas obras e dar exemplo de labor de equipo!

miércoles, 25 de diciembre de 2019

E para os amantes do manga? 


Novas coleccións  vos esperan nos andéis
As súas maxestades os Reis Magos  tamén pensaron en vós!

Xa vos esperan novas coleccións, novas aventuras... e tamén unha gran oportunidade:


Do mesmo xeito que fixo o gran Mateo o curso pasado,
búscase intrépido e apaixonado amante da arte manga para presentación das novas coleccións... 
Requírese: ilusión e paixón polas  aventuras  manga para transmitilas aos que aínda as descoñecen

Non perdades de vista os taboleiros de noticias ao voso regreso porque pode haber máis sorpresas!!

Máis novidades! 

Xa están á vosa disposición os esperados libros de Pranayama.
Para gozar coa boa lectura máis aló do tempo das sesións coa profesora Silvia (que sabemos se vos fai tan breve!).
Poderedes atopalos no seu propio andel, e se están fora del, serán reconocibles polo seu característico Tejuelo: 41  acompañado do símbolo máis apropiado á suá temática, a sílaba sagrada, o símbolo do mantra Om.  
Tejuelo con el símbolo Ohm
de la sección de Pranayama





A disfrutalos!!!  
Non teñen pérdida!

E permanecede atentos as novas porque á volta habrá sesión especial a este respeto!


Xaneiro chegará cheo de novidades! 

Auxiliares, usuarios, titores... Atentos ás novas! 

A Biblioteca estrea novas seccións! Pero non vos preocupedes porque todo estará perfectamente sinalado para que o voso camiño de búsqueda non ofreza complicacións!
En pro dunha maior eficacia e menor perda de tempo á hora de buscar e localizar obras importantes nun mar de fondos que a miúdo, cando se buscan, áchanse "xogando ao escondite" entre os diversos andeis adxacentes, veredes que:
Aos "DNI" (=Tejuelos e etiquetas de cores) dos libros ata o de agora coñecidos: 
83 azul celeste para prelectores,
85 amarelo para lectores avanzados, etc.

Únense agora un
39 violeta que vos servirá para identificar temas relativoa á Igualdade e un
37 rosa con diversos formatos co que poderedes identificar aquelas obras coas que poderedes traballar a Inclusividad.

Estas novas etiquetas de cores permitiranvos identificar os novos fondos e os xa existentes.


Nova sesión de  

"Lendas na Lareira"

Nada como reunirse fronte á lareira para superar o frío e as condicións climatolóxicas adversas do exterior!
Así superaban as longas noites de inverno os nosos antepasados e así o lembraron os alumnos de 6º A que, animados pola súa profesora Rocío,
reuníronse á súa calor para gozar dunha sesión moi animada de lendas populares e contos tradicionais
A verdade é que o tempo real destes días o propiciaba!!!


                                                             
Bonita estampa! 
Animámosvos a todos a compartir a experiencia!

jueves, 19 de diciembre de 2019

No Nadal, lecturas a raudal!

"Un niño que lee es un adulto que piensa", "La lectura te permite viajar a lugares inimaginables"...
Son moitas as frases feitas que versan sobre a importancia da lectura.
Aos que xa son ávidos lectores non hai que facerlles ver os beneficios dos libros porque eles por sí memos xa os "devoran".
É a aqueles que ainda non lle encontraron o gusto á lectura a quenes debemos convencer. E iso non é fácil se o que se lle presenta non é para nada do seu agrado.
Primeiro hai que facilitarlles cousas que os atraian e que lles fagan querer saber máis. É moi importante saber elexir qué tipo de lectura dar a cada neno.
Por outra parte, é tamén moi importante facilitarlles un exemplo a seguir: se nadie na casa le, por que habería de ler él? Difícil convencelo. Decía Cicerón que un fogar sen libros é un fogar sen alma. Un neno que crece rodeado de libros e de persoas que adican un momento ó día para ler, é un neno que imitará aos adultos e querrá ler coma eles.
Deixemos un oco do noso tempo á lectura!
Como todo momento é bo para mercar un bo libro, ou visitar a Biblioteca máis próxima para pedilos prestados ou nestas datas, pódense incorporar á lista das súas maxestades os Reis Magos, aquí vos presentamos algunhas suxerencias de lectura para estes días de Nadal.


Un Nadal cheo de grandes e divertidas lecturas !

"A  maxia do noso"

Desde a Mariña lucense á Riveira Sacra, desde os Ancares ao Galiñeiro, desde a Costa da Morte ata o estuario do Miño, Galicia rezuma encanto. É un tapiz cheo de lugares cuxa maxia te envolve e faite desexar volver.
Na exposición "A maxia do noso" queda patente, do mesmo xeito que na árbore de Nadal, a cantidade destes recunchos especiais coñecidos polos alumnos e as súas familias a quenes lle damos as gracias por colaborar co proxecto e compartir con todos estas bonitas imaxes.
Votarlle unha ollada! Nela poderedes observar imaxes que, se cadra, vos traerán lembranzas dunha velada inesquecible en lugares que xa estivestes, ou tal vez descubrades entre elas algún lugar descoñecido que ben podería ser o destino das vosas próximas vacacións!! Quen sabe!! En calquera caso, sempre descubriremos que existen, e que non hai que ir moi lonxe para disfrutar dun destino fermoso pois ao ladiño da casa, preto de nos, na nosa fermosa Galicia, hai lugares máxicos nos que soñar!

Moitas gracias, familias! 
Seguimos contando convosco para  darlle vida ao proxecto e cumplir os seus obxectivos!



miércoles, 18 de diciembre de 2019

O "Portal das Palabras"


En xuño de 2013, a Real Academia Galega en colaboración coa Fundación Barrié, crearon un ambicioso proxecto ao que deron o nome de "Portal dás Palabras", coa finalidade de divulgar o idioma galego achegándoo á sociedade.
Palabras gañadoras dos anos Anteriores
Neste "Portal dás Palabras ", recóllese cada ano aquela palabra que mellor resume ou identifica a realidade que marcou a actualidade ao longo dos seus 12 meses. A Palabra elixida será a que pase por dous filtros: Nun primeiro momento, elabórase unha listaxe con todas as suxerencias que as persoas que o desexen envíen a www.portaldaspalabras.org. (Para este ano, o prazo de suxerencias xa finalizou o pasado 15 de Decembro ) Nun segundo momento elixiranse desa lista os máis significativos ou repetidos en dita lista.
Esta fase estará aberta ata o 25 de Decembro, de modo que vos animamos a elixir unha das seis propostas para este ano e votar!!!!
O 27 de Decembro farase público o resultado da votación: coñeceremos a Palabra do 2019!

Participa! e vota unha das seis propostas para este ano:
1. Sentidiño
2. Narcosubmarino
3. Ecocidio
4. Quecemento global
5. Feminicidio
6. Negociación

Para máis información sobre esta lista aquí vos deixamos o enlace:

lunes, 16 de diciembre de 2019

Unha árbore moi galega!

Estes días o alumnado foi convidado a participar na elaboración dunha árbore moi especial conformada con imaxes súas ou ca súa familia en calquera dos numerosos recunchos destacables da xeografía galega . 
O resultado foi unha árbore moi vistosa con agasallos incluidos, na que podemos ver  múltiples rincóns máxicos da nosa terra.

Noraboa aventureiros!

Uns aniversarios moi especiais. Un pequeno xesto, un gran agasallo!

Dirixidos pola profesora Noelia e acompañados polos acordes da súa guitarra, nenos e nenas voluntarios de 3º, 4º, 5º e 6º do noso colexio, e inclusive algunhas mamás, uniron as súas voces para cantarlles na tarde do venres un moi feliz cumpleanos a dous avoiños do centro de día "Vigo Maior" que celebraban xuntos o seu aniversario. Unha gratificante experiencia na que os agradecidos avós, ademáis de disfrutar dunha fermosa canción máis "No puedo vivir sin ti", non quixeron deixar marchar ao inesperado coro sen ser agasallados ainda cunha canción máis, que, por estar en época navideña, acabou sendo o tradicional villancico que todos coñecen: "Campana sobre campana".
Aos avós agasallados:
Felicidades e a seguir cumplindo moitos máis!!!
Aos alumnos voluntarios que decidiron alongar a tarde do venres por unha tan boa causa:
Noraboa polo voso corazonciño!
Un pequeno xesto, un enorme agasallo!!



viernes, 13 de diciembre de 2019

Lendas na Lareira 

A nosa lareira xa tivo os seus primeiros visitantes: o alumnado de 5°A que, xunto coa súa profe Inma, se animaron a ler un pouco e a escoitar contos de tradición oral!




Moito máis que unha cociña doutros tempos! 
A lareira non era unha cociña chea de fumenon era un espazo donde cociñar, non era un lugar donde quentarse... Era moito máis Era o punto clave do fogar
Era a escola familiar donde reunidos se leía, se falaba das cousas da vida cotiá, se ensinaba e se aprendía...  A carón da lareira, país, netos e avós, foron compartindo durante siglos conversas en forma de lendas, historias e costumes antigas. Un xeito de contribuir a manter viva a tradición oral nuns tempos nos que os coñecementos adquiríanse na escola pero o importante da vida e a educación dos fillos era transmitido pola familia; nos que a televisión non era a protagonista á hora de comer, o ordenador ou o móvil non restaban tempo as conversas familiares e os xogos non se compraban  dun estante de comercio para enfrascarse neles e afastarse do mundo real senon que se aprendían e compartían na escola de xeración en xeración.
Magoa que hoxe en día, a avanzada tecnoloxía non deixe espacio para unha “lareira”  en cada fogar




martes, 10 de diciembre de 2019

Novedades!

Non deixedes de votar unha ollada ao expositor. 
Alí atoparedes novas lecturas para devorar nestes últimos días antes das vacacións.
A por elas!

E por fin... Taller de Escritura!

Tras tantas incidencias e acontecementos varios que nos impoñían pospoñelo, por fin o Taller de Escritura tivo lugar estes días. 
Aquí vos deixamos unha breve intervención dun dos nosos futuros "Cervantes
Noraboa!!!
A seguir así!!!

Lendas na Lareira

A punto de terminar o primer trimestre, aquí tendes a orixinal invitación da profesora  Rocío
Contamos con todos vos!
Ánimo!

Unha mirada atrás: a santa Compaña

Quédanos algo lonxe o Samaín pero queremos compartir con todos vós esta actividade. 
Por esa festividade o alumnado do centro decorou as clases e as portas. En sexto, ademáis da decoración quixeron escenificar á Santa Compaña para darnos a coñecer un pouco da súa lenda. 

Esperan que vos guste o seu traballo!


Medo da!!

jueves, 5 de diciembre de 2019

Bibliotecas: lugares de ocio e de aprendizaxe ao mesmo tempo

O alumnado de quinto e sexto realizou estes días unha visita á Biblioteca Juan Compañel, no centro da cidade. Alí explicáronlle o funcionamento da biblioteca asi como todo o material que temos os usuarios a nosa disposición.  
Foi unha mañá moi interesante. Tanto é así que foron varios os alumnos e alumnas que esa mesma tarde foron con seus pais a facerse o carné de usuarios da biblioteca

Noraboa ás profesoras por saber promocionar o uso dun soporte tan importante na educación dos nenos de hoxe pois, serán o día de mañá, uns xoves  cun hábito adquirido que determinará en gran medida o seu futuro!