jueves, 30 de diciembre de 2010

domingo, 19 de diciembre de 2010

CLUB DE LECTURA

As nais e os profes limos o libro:
"La elegancia del erizo" de Muriel Barbery.
No número 7 da Rue Grenelle, un inmoble burgués de París, nada é o que parece.
Paloma, unha solitaria nena de doce anos, e Renée, a intelixente portera, esconden un secreto.
A chegada dun home misterioso propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas.
Xuntas, descubrirán a beleza das pequenas cousas, invocarán a maxia dos praceres efímeros e inventarán un mundo mellor.

La elegancia del erizo é unha novela optimista, un pequeno tesouro que nos revela como sobrevivir grazas á amizade, o amor e o arte.
Mentras pasamos as páxinas cun sorriso, as voces de Renée e Paloma mostran, cunha linguaxe melodiosa, un cautivador himno á vida.
(Información de Lecturalia)





Os nenos de 3º ciclo do Club limos: "Jan estivo alí"
"Jan estivera alí.
Lembrábao coma se fose onte.
E o cadro diante del non facía máis que confirmarllo.
Lembraba a fermosa señora, vestida co manto máis rico que Jan fora quen de ver até aquel día.
Lembraba o señor que a collía da man, severo e silencioso. Aquel home metía medo con só miralo".

Así comeza Jan estivo alí de Xosé Antonio Neira Cruz.
Unha obra baseada no cadro de Jan van Eyck (1390-1441), Retrato de Arnolfini e a súa dona, de 1434.
Cunhas coidadas ilustracións de David Soler, o álbum tenta ofrecernos unha posible interpretación desta pintura, considerada unha obra mestra, sobre a que se leva escrito moito (a meticulosidade dos pequenos detalles , o espello a as imaxes reflectidas nel, a sinatura en latín, ...)
Unha pequeña xoia que non debemos perder.

(Información da biblioteca do IES Colmeiro)

Houbo que buscar información sobre o cadro de Jan van Eyck.
E agora sabemos cousas como:

  • Que se exhibe na National Gallery de Londres
  • Que simboliza o documento do casamento
  • Que está cheo de pequenos detalles que representan a riqueza da parella
  • Que a pintura representa unha escena de intimismo costumbrista
  • Que esta parella vivía en Bruxas (Bélxica)



REVISTA DA BIBLIOTECA

Cando queiras, podes pasar a recoller pola Biblioteca o novo número da revista.
O nº 9 de LEOLO.

HORA DE LER NA BIBLIOTECA

PINTANDO MURAL MIGUEL HERNÁNDEZ

CITA DO DÍA

EL CAMIÓN DE PAPEL

Una vez, hace mucho tiempo, llegó a Villasilla un señor que tenía cara de cartón.
Se llamaba Uriel, hablaba raro, venía de muy lejos y conducía un camión de papel.
Y, además, quería quedarse con todo el papel que hubiera tirado por el pueblo.
Fue a pedir permiso al alcalde, pero el alcalde no le dio permiso.
Así que, decidió robarlo por las noches....
¿Para qué? ¿Qué busca Uriel entre los papeles?
¿Te gustó el cuento?

¿Quieres leerlo?
Haz "clic" sobre la imagen del libro.

EL CAMIÓN DE PAPEL on PhotoPeach

¿Quieres ver el vídeo?
Es muy divertido

lunes, 13 de diciembre de 2010

HORA DE LER EN INFANTIL

Aos máis pequenos do cole tamén nos gusta ler.
Gústanos moito, moito...
... e aquí podes ver canto lemos.
HORA DE LER EN INFANTIL on PhotoPeach

martes, 7 de diciembre de 2010

IRMÁNS MARX

Coñeces aos irmáns Marx?
Aquí tes un sketch de Harpo e Chico moi divertido.

VISITA DO CONSELLEIRO

O luns 29 de novembro visitounos no colexio Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación.

Viño acompañado doutras persoas moi importantes.

Visitounos na Biblioteca onde estabamos a ver uns libros escritos noutras linguas diferentes do castelán e do galego.

O Conselleiro saudounos, preguntounos algunhas cousas e dixo que lle gustaba moito a nosa Biblioteca.

Logo foi a ver outras cousas do colexio.
VISITA CONSELLEIRO 29-11-2010 on PhotoPeach

EL CAZO DE LORENZO

¿Te has sentido alguna vez diferente?
¿Incomprendido?
¿Conoces este libro?


lunes, 6 de diciembre de 2010

DEVORADORES DE LIBROS

Os máis lectores do colexio, os DEVORADORES DE LIBROS, contáronnos cousas dalgúns libros que máis lles gustaron ler e que nos recomendan.

LIBROS RECOMENDADOS on PhotoPeach

BIBLIOTECA CENTRAL

Os nenos de 1º B visitamos a Biblioteca Central.
Alí recibiunos César que nos deu unha charla e puxo un vídeo informativo.
Logo pasamos á "Bebeteca" onde vimos o libro máis grande, o libro máis pequeno e moitos máis libros moi bonitos.
Despois pasamos á sala onde vimos como estaban colocados os libros nos andeis.
De alí pasamos ao taller onde pudimos ler e ver moitos, moitos libros.
Antes de despedirnos sacamos unha foto todos xuntos.

jueves, 2 de diciembre de 2010

"E-BOOK"

Hoxe, na hora do recreo, Eugenia de 6º trouxo o seu "E-book" e falounos desta innovadora forma de ler libros utilizando as novas tecnoloxías.

Eugenia é unha moi boa lectora desde hai moito tempo e agora tamén le nun "E-book", que é un libro electrónico no que caben ao mesmo tempo miles de libros.

Preguntaron diversas cousas acerca desta forma de lectura aínda, para algúns dos asistentes á charla, un pouco descoñecidas.

Moitas grazas Eugenia.

BIBLIOTECA NOS RECREOS

Os Axudantes de Biblioteca en plena actividade de selado de libros.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

MURAIS MIGUEL HERNÁNDEZ

Os alumnos de Infantil elaboraron este bonito mural en conmemoración de Miguel Hernández, "o poeta-pastor"














Con este poema.


E os alumnos de 1º fixeron este outro.