viernes, 30 de enero de 2009

Hai que ler, ler, ler...

Busca unha lectura, busca un lugar, ponte cómod@ e... le.

Cando queiras, con quen queiras, onde queiras e... le.

Hay que ler, ler, ler...

"La segunda estrella a la derecha"

2ª PARTE


1ª PARTE

miércoles, 7 de enero de 2009

Concurso de "PASAPALABRA"

Para rematar o trimestre houbo un concurso de "Pasapalabra".
Houbo moitos nervios, moita expectación e moitas sorpresas.

E, como non, tamén moitos premios.

GONZALO MOURE

O día 17 de novembro de 2008 o escritor Gonzalo Moure veu ao colexio.
Descubrimos a placa á entrada da Biblioteca co seu nome.
Tivo unhas charla cos nenos maiores, medianos e pequenos, cos profes e os pais moi interesantes e divertidas.
Foi un día moi emotivo para todos.
Grazas Gonzalo pola túa compañía, polas túas palabras e por todo o que representas.

lunes, 5 de enero de 2009

MARCADORES

Nos recreos dos xoves temos talleres.
Esta vez fixemos uns marcadores co abecedario para que sexa máis doado atopar e colocar os libros nos andeis.
Queremos agradecer aos compañeiros do ceip Carrasqueira as ideas que comparten con nós.
Esta, aínda que fixemos outro modelo, é unha delas.

Axudantes de Biblioteca

Este novo curso houbo moita participación dos nenos para axudar e colaborar na Biblio.
Foron tantos os que se anotaron que a profe Vicky tivo que facer varios turnos por trimestres.
Como era de esperar, tamén nós confeccionamos uns chalecos distintivos para estes axudantes de biblioteca tan entusiastas.
Felicitacións para os que participaron na primeira quenda. Foron moi responsables, tomáronse moito interese por aprender e fixeron un bo traballo.
Parabéns!!

domingo, 4 de enero de 2009

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

No mes de novembro escribimos e debuxamos uns Contos de Medo.
Cada ciclo reuniuse na súa zona e, aínda que todos os contos foron moi interesantes, como premio os mellores de cada clase léronse aos compañeiros por estes "bruxos e curuxas" autores dos mesmos.


SAMAÍN - Música de Mamá Cabra


CURSO 2008-09

PRESENTACIÓN DA COLECCIÓN DE LIBROS DE MORTADELO


Nenos de 6º B prepararon a escenificación dunha das aventuras do famoso detective da "Tía" para a presentación da colección de libros TODO MORTADELO.


O guión, o atrezzo e os efectos especiais estiveron a cargo de eles mesmos.


A verdade é que o fixeron moi, moi ben. O éxito foi rotundo e así o demostrou a afluencia de público, as risas e os aplausos.


¡Felicitacións para este grupiño de improvisados cómicos!




sábado, 3 de enero de 2009

GOOD NIGHT MON AMI
A XAGUARANA
ALISTÁN, O DEMO OVEIRO
A ESCOLA DAS AREAS
ANIMACIÓN - CURTAS

CURSO 2007-08

ACTIVIDADES

Estas son algunhas das primeiras actividades que fixemos.

A NOSA BIBLIOTECA

A nosa Biblioteca naceu no mes de marzo de 2007. Aínda temos moito camiño por diante, pero os nosos compañeiros de viaxe son: o pracer de axudar aos nenos e nenas a descubrir o mundo dos libros e a ilusión de conseguir que, ademais de aprender, disfruten nel.
Saúdos
Saúdos
a tod@s @s usuari@s da
Biblioteca "Gonzalo Moure"
do ceip Emilia Pardo Bazán de Vigo