viernes, 29 de mayo de 2015

VISITA DUN ESCRITOR

Hoxe visitou aos rapaces de 6º o escritor Antonio Manuel Fraga.
Foi unha charla moi interesante.
Fixéronlle moitas preguntas.
Firmou tódolos libros do seu premio Merlín 2013.


jueves, 28 de mayo de 2015

II QUEDADA LITERARIA 2015

Hoxe, por fin, reunímonos no parque de Castrelos e celebramos a II Quedada Literaria coordinada por Antonio Fernández Costas coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación de Vigo e a Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas" os seguintes centros educativos:
  • Ceip Emilia Pardo Bazán (Chouzo)
  • Ceip Frián-Teis
  • Ceip Ría de Vigo
  • Ceip O Pombal
  • Ceip Carrasqueira
  • IES O Castro
Alí estivemos compartindo as nosas lecturas en galego desde nenos de 4 anos ata rapaces de 1º da ESO, que fixeron contacontos para tódolos grupos dos nenos máis pequenos.
Tivemos moita sorte!!! Representaron para nós "A que sabe a Lúa" e fixérono moi, moi requeteben.
Logo houbo un tempo para merendar.
E por fin marchamos cara ao fondo dos xardíns do Pazo onde o alcalde dixo unhas palabras de parabéns por esta iniciativa e animando a súa continuidade.
Alí tamén fixemos as sinxelas actuacións que levábamos preparadas.
A nosa consistíu en recitar un poemiña de Antonio García Teijeiro so seu libro "Cacarabín, Cacarabón" .
Ao remate das actuacións, Andrea de Baobab Teatro, coa axuda de varios nenos, dramatizou o conto de "A Ratiña presumida".
Rematamos esta Quedada cantando todos xuntos, dirixidos pola profe de música Mónica Muñoz do Ceip Frián-Teis, a canción de "O libro máxico" de Migallas.


II QUEDADA LITERARIA 2015 by Slidely Slideshow
Saímos en varias noticias de prensa.
E tamén saímos na tele.

viernes, 22 de mayo de 2015

INTERTEATRO 2015


Emilia Pardo de Slidely by Slidely Slideshow
.

SOPLA NO FRIÁN-TEIS

Rematamos o percorrido do noso centro nos intercambios de Interteatro no Ceip Frián-Teis onde tivemos un gran recibimento, un público fantástico e uns compañeiros profes fenomenais que dixeron haberse entusiasmado coa nosa obra.
Tamén nós quedamos encantados da nosa visita e esperamos volver.
.

domingo, 17 de mayo de 2015

SOPLA NO CANICOUVA

O venres 15 de maio desprazámonos ata o CEIP Canicouva coa nosa obra de teatro "SOPLA".
Queremos dar as grazas a todo o profesorado e aos nenos por ser un público tan agradecido e, en especial, ao director e aos compañeiros de Interteatro Daniel e Cristina pola acollida tan amable, atenta e agarimosa que nos deron.
Foi un pracer compartir convosco.

SOPLA en Canicouva by Slidely Slideshow

SOPLA NO CONCELLO

O martes, 12 de maio, representamos no Concello a nosa obra "Sopla".
Estabamos un pouquiño nerviosos, sobre todo, os que viñeramos por primeira vez.
Pero tivemos un público moi especial que animounos e aplaudiu moito, moito.

Sopla no Concello by Slidely Slideshow

SOPLA no Concello by Slidely Slideshow

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano, o homenaxeado das Letras Galegas é:
Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Aquí tedes unhas actividades e uns xogos para aprender cousas sobre Xosé Fernando.
Grazas á Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística por achegarnos estes recursos, así como ao Seminario Galán e ao CEIP A Ponte por compartir os seus traballos.
Fai "clic" en PASAPALABRA.
Fai "clic" en TEST XOSÉ FERNANDO.
Fai "clic" en CARTEIS.
Fai "clic" en DÍPTICO.
Fai"clic" en XOGO 1.
FAi "clic" en XOGO 2.
Fai "clic" en XOGO 3.

sábado, 9 de mayo de 2015

INTERTEATRO CANICOUVA 2015

Os alumnos de 4º do CEIP Canicouva acompañados dos seus profesores representaron no noso centro un musical moi divertido e moi chuli.
Fixéronno moi ben.
Rimos moito.
Houbo moitos aplausos.
Queríamos que repetiran un pouquiño máis...
Bravo, rapaces!!!
Sodes uns artistas de Broadway!


Emilia Pardo de Slidely by Slidely Slideshow