martes, 26 de febrero de 2019

A Poesía. A linguaxe da alma

Como van esas poesías? 
Non esquezades participar no XXIII certame de poesía Francisco Añón
Non vale dicir: "non teño alma de poeta", porque témola todos. Uns máis e outros menos, pero todos. Como moi ben dicía García Lorca:  "La poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supo que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio."
Nin vale dicir: " non se me ocorre un tema sobre o que expresarme",  porque dicía Olga Orozco: "El poeta ve lo poético aun en las cosas mas cotidianas". 
 Así que, non hai escusas. Sacade o poeta que levades dentro: como dicía John Cage  "No tengo nada que decir, y lo estoy diciendo, y esto es poesía"
Aínda tedes tempo. O plazo finaliza o 3 de Abril, pero...non vos durmades nos loureiros!

E se aínda vos queda algunha dúbida, todavía nos queda Becquer:  ¿Qué es poesía?, dices mientras clavas en mi pupila tu pupila azul. ¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas? Poesía… eres tú
Ánimo!!! Afilade o lápiz e ao lío!!

lunes, 25 de febrero de 2019

Irlanda ca poeta do desarraigo e a nostalxia: Rosalía

Máis aló das nosas fronteiras existen outras persoas vítimas de éxodos, xa sexa por problemas bélicos, xa sexa por unha situación económica insustentable que lles obriga a abandonar a súa terra, o seu fogar, as súas raíces, o seu pasado... Persoas que ven nos versos de Rosalía a súa propia experiencia, o seu propio desarraigamento.
Bo exemplo diso é Irlanda

Nesta ligazón poderedes ver como, nun dos seus colexios, todos os seus alumnos, desde os máis chiquitines aos máis grandes fan homenaxe a Rosalía, a poeta que puxo palabras á nostalxia, sentimento universal.


Bravo por eles!

Lembrando a Rosalía.

No 182 aniversario do seu nacemento e como adoita ser habitual xa en tal efemérides, o compositor e cantautor leonés Amancio Prada visitou a nosa terra requirido pola paixón que transmite cando, pon voz e son, aos  coñecidos versos de Rosalía.
Este ano, veu da man do Concello de Santiago quen organizou o seu recital na  igrexa de San Fernando, este sábado.
Un ano máis, con él, Rosalía tivo un merecido acto de lembranza a súa altura.

Ao finalizar o acto tivo o detalle de dedicar os seus discos a todos aqueles-as que, na medida que lles é posible, dedican un espazo e esforzo a lembrar á insigne escritora galega.

Entre eles, aos profesores e alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán, naturalmente, que, como todos os colexios de Galicia e incluso algúns no extranxeiro, tratan de transmitir a súa obra ás xeracións futuras. Polo que, gracias a Amancio Prada polo seu xeneroso xesto e  
parabéns a todos os profes por axudar a que non  se perda,  e a todos os nenos polo voso esforzo para, un día, tomar o relevo.

Seguide así!!

Unha nova escultura para o rellano de 2º 

Este venres, unha nova escultura ocupou o seu lugar na exposición anexa á sección  "Qué pasa en Vigo?"
As pasadas semanas, Valentina ( tamén de 2º A) e o seu papá Juan, ofrecíannos unha versión reducida da Ponte de Rande

Nesta ocasión foron Samuel, Brais e Antón,  de 2º A , os valentes que se atreveron a esculpir unha versión en vistosas cores de "O Sireno" .

Aínda hai espazo para a túa obra, e moitas obras viguesas para versionar. 

Anímate! 

Se ti o seguinte en asombrarnos!!!  

Contamos contigo!!!

Unha boa guía turística para visitar Vigo!

Para saber qué ver, qué comer... o alumnado de 5º  ten exposta a mellor guía da cidade. Non só contempla os aspectos básicos se non que te achega tamén a historia do seu nome, do seu escudo, dos seus mitos e lendas... 
Temble a Guía Michelín ou calquera outra de renombre porque a destes creativos alumnos non foi feita para competir en estrelas,  se non que nace para mostrar a súa cidade, e escríbese co orgullo de sentirse vigués.

Noraboa, unha vez máis, polo vistoso resultado do voso esforzo
 e a vosa creatividade!
Xenial rapaces!!!

Vigo é...




Esta é a sección coa que o alumnado de 5º quere describir os aspectos polos que debemos sentirnos orgullosos da nosa cidade.


Aínda está en proceso polo que, non debemos esquecer pasarnos de cando en vez polas súas escaleiras para comprobar se quedou reflectido algún outro bo motivo. 

Como nos sorprenden estes nenos tan creativos!

Xenial, mozos!  Unha gran idea! Noraboa!

A área de infantil estrea portas!

Ao ferreiro da Plaza de Eugenio Fadrique e o fermoso fondo mariño da nosa Ría, incorporáronse esta semana dúas novas obras dignas de facer escala no noso paso pola zona de Infantil: o Dinoseto e O Sireno da Porta do Sol.

Non volo perdades!

Unha vez máis:   

Gracias polo voso esforzo, profes!


E, noraboa por tan logrado traballo!
Os nenos de 6º Infantil convertíronse en artistas, reproducindo cada un o seu propio sereo
nunha mostra de extraordinaria laboriosidade,
reflexando hasta o mínimo detalle e pegando as escamiñas unha a unha.!

Descubrindo o río Lagares 

Maruxa e Martina (6º B), viñeron descubrir os segredos do río Lagares aos nenos de 2º.

E é que, son moitas as familias que aproveitan algún tramo do seu paseo para contactar coa natureza, facer un pouco de sendeirismo, usar a bicicleta sen preocuparse polos coches, observar os  inesperados desfiles de patitos que acompañan á súa mamá ou relaxarse véndolles compartir unhas migas. 

Pero tamén son ainda moitas as que descoñecen o potencial que os seus fermosos recunchos ofrécenlles para  aproveitar cos nenos unha xornada de deportepracer coñecemento.

Dos seus 17,6 km totais (desde que nace na parroquia de Cabral),  só os seus 8 km  finais ata que desemboca formando as Marismas da Carrasqueira, xunto á praia de Samil, (na parroquia de Coruxo) son transitables. Pero, neste pequeno percorrido pódense atopar áreas de recreo infantís e tamén equipadas para adultos, parques (a súa canle cruza Castrelos), pontes medievales, pontes de madeira, flora e fauna variadas (avellanos, castiñeiros, nogueiras, guayabos...coellos, patos, garzas, libélulas...)...Todo un paraíso no que desconectar unhas horas conectándose só coa natureza

Forma parte da chamada Senda Azul que abarca as praias adxacentes de Vigo con bandeira azul, polo que se os ánimos acompañan e o tempo o permite, pódese finalizar o paseo cun bo baño na praia para rematar a xornada. 
Pode haber mellor oferta? 
Mozos, xa sabedes onde ir os fins de semana! 
Instructivodivertidosaudable Gratis
Non hai programa que lle faga competencia!
Moitas grazas, Mariña e Maruxa por compartir o voso esforzo e por darnos a coñecer un pouco máis nosa Cidade e os tesouros que esconde.

Excelente traballo. Noraboa!



domingo, 24 de febrero de 2019

Descubrindo os nosos fondos mariños

O  alumnado de 2º  disfrutou dunha xornada moi especial no
Museo do Mar de Galicia



viernes, 15 de febrero de 2019

Fermoso día da amizade

No día de san Valentín, o Equipo de Dinamización propuxo plasmar as palabras máis positivas nun universo de corazóns. 


Os nenos e nenas de   2º   
prepararon unha fermosa acollida aos visitantes da primeira planta. 

Un corazón de sentimentos positivos impresos en orixinais corazóns  
estratéxicamente 
colocados, á entrada, para lembrarnos a todos, antes de atravesar o seu umbral, o importante que é dar o mellor de nós mesmos alá onde vaiamos.

Grazas profesoras e rapaces por esta cálida nota de atención 
para lembrárnolo!


Ven a coñecer Vigo no rellano de Infantil


Pronto será posible pasear por Vigo sen saír do colexioO mellor de Vigo comezou xa a ocupar posicións no rellano dos máis chiquitines


Unha colorida panorámica da "Praza de Eugenio Fadrique" e unha relaxante "portaa "O Mar de Vigoestán xa listas para recrear aos visitantes da zona de Infantil

Permaneceremos atentos ás novas incorporacións!


Parabéns pola vosa creatividade! e 

moitas grazas polo voso constante exemplo, profes!


Recitado de Poesía no Día de Rosalía

  
Xa queda pouco para o Día de Rosalía!

Afinade vosas voces, amornade vosas cordas vocais, porque queremos escoitarvos a todos!

Un ano máis, invadiremos a Biblioteca dun ambiente poético, alegre, nostálxico... acorde coa poesía/poesías que cada un de vos elixísedes para recitar.

Esperámosvos!

jueves, 14 de febrero de 2019

Lendo a Rosalía

Na mesa expositora, tendes unha mostra de obras de Rosalía de Castro, adaptadas a cada un dos niveles

Elexide a que máis os conveña e disfrutádea.


miércoles, 13 de febrero de 2019

Mércores, 13 de Febreiro 

Seguindo con Rosalía: un "caldo de gloria"

Anecdotario: O 24 de febreiro de 1837, naceu en Santiago Rosalía de Castro.

Todos coñecemos os títulos dos seus principais libros e mesmo sabemos recitar de memoria algúns versos das súas poesías máis coñecidas. 
En moitos países onde emigrase un bo número de galegos, existe un "Centro Gallego" ou "Casa de Galiciaonde estes encárganse de que a súa obra permaneza viva. E sen ir tan lonxe, sen cruzar fronteiras, tamén nalgunha comunidade española, por exemplo na comunidade de Valencia, el "Centro Gallego de Valencia" prepara unha boa programación de actos para lembrar o "Día de Rosalía".
Pero...  a pesar de tan profundo coñecemento, saberías dicir que  é un  'caldo de gloria'?  
Pois, seguindo a receita que narra Rosalía no seu poema 'Miña casiña, meu lar' -'Follas Novas'-, no que enxalza "a épica dos humildes" a través dos pasos dunha muller pobre que volve a casa para celebrar aos pés da súa 'lareira' o simple feito de sobrevivir un día máis, o 24 de febreiro do ano pasado (2018), foi servido en 130 restaurantes de toda a xeografía galega un "Caldo de gloria", sumándose á iniciativa da Fundación Rosalía, que pretende que Galicia lembre a Rosalía a través da gastronomía popular e as leccións que ofrece a protagonista do poema: "Sobrevivir e mesmo ser feliz a pesar da penuria e das adversidades".
Animádesvos a buscar a receita e degustalo en casa cal restaurante de estrela Michelín?
Mesmo nesta páxina: 
http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/
podes apuntarte á proposta da Fundación Rosalía de Castro para degustalo este ano 2019
Na páxina encontrarás o modo de facelo ou o modo de 
degustalo na mesma casa de Rosalía o 24  de Febreiro.

E mesmo se buscas "Caldo de Gloria. Rosalía de Castro" atoparás vídeos ca explicación paso a paso do devandito caldo. 
Se vos animades, bo proveito a todos!

Martes, 12 de Febreiro

Rosalía e Amancio Prada

Con ofrendas florais, recitais e todo tipo de actos, cada 24 de Febreiro,  Galicia conmemora o día da súa escritora máis universal: Rosalía de Castro
Unha das persoas que máis axudou a difundir a súa poesía e a doutros poetas ilustres galegos, foi sen dúbida o cantautor leonés: Amancio Prada quen musicalizou  gran cantidade dos seus poemas levándoos nos seus recitais máis aló das fronteiras de Galicia, por todo o mundo.
Aquí deixámosvos unha ligazón a un vídeo con pictogramas que o CEIP Plurilingüe "Anxo dá Garda" dá Coruña elaborou co poema de Rosalía: "Adios ríos, adios fontes" , musicalizado por Amancio Prada e a Filharmonia de Galicia: 
https://www.youtube.com/watch?v=0LktkiqrjFc

Gracias a Amancio Prada pola súa gran labor. 

Noraboa CEIP Anxo da Guarda polo voso fermoso traballo.

martes, 12 de febrero de 2019

Luns. 11 de Febreiro

Vigo, a través dos ollos dos nenos

Como no seu día fixese Pacheco coa súa cámara, os alumnos do colexio, están dispostos a inmortalizar os monumentos e plazas de  Vigo, pero iso sí, eles coas súas pinturas, rotuladores, ceras e pinceis.


Cos seus cinco aniños, Miguel (6º B de E. Infantil), deixa para a posteridade, un "retrato" moi logrado de como era até hai unhas semanas a Praza de América antes de ser destruída para dar paso á que será unha gran rotonda transitable. 

O seu debuxo é fiel reflexo de como era até "onte", coa súa enorme fonte circular, (piscina eventual de pombas e gaivotas, e seguidores do Celta en épocas de efusiva conmemoración), rodeando á Porta do Atlántico baixo a atenta mirada do reloxo da torre do Instituto Santa Irene. 

Parabéns Miguel, e gracias por salvar este recordo para a memoria!


Noa (2º A E. Primaria) comparte connosco a súa visión do Museo do Mar de Galicia, coas súas cinco naves orixinais, cheminea incluída, que delatan a súa función no pasado como antiga fábrica de conservas de Alcabre. E acompañado, por suposto, do seu faro metálico.
Moitas gracias Noa !

Esperamos ver toda a cidade a través dos vosos ollos retratada cos vosos pinceis!
Ánimo! Miguel e Noa comezárono, nas vosas mans está seguilo e terminalo!

lunes, 11 de febrero de 2019

Luns, 11 de Febreiro

De visita aos recunchos da miña cidade

Na segunda parte do noso proxecto " Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio",  pedíamos que as familias descubriran e disfrutaran co alumnado os recunchos máis notables da cidade, os máis descoñecidos, ou os seus preferidos, para que os nenos e nenas foran sendo conscientes da riqueza de patrimonio, artística e natural do seu entorno

Como testemuña desa gran riqueza debían compartir cos seus compañeiros imaxes das súas andainas.
Así o fixeron os nenos de 5 anos que xa comparten unha boa mostra no seu panel.  

Noraboa aos familiares destes nenos e nenas que puideron disfrutar duns fermosos momentos xuntos


A eles os animamos a seguir así,  e a todos os seus compañeiros de 3 a 13 anos animámolos a tomar exemplo deles. 
Hai mellor modo de divertirse que gozar ao aire libre á vez que enriquecemos os nosos coñecementos?
Mamás, papás, avós,  avoas, tíos, tias, padriños, madriñas... esta é unha invitación para todos vos! 

Ánimádevos e acompañar aos vosos nenos a descubrir a cidade donde viven. E compartide as vosas andainas, os vosos paseos e os vosos achados.

Venres, 8 de Febreiro

E por fin, chegou o día do Taller de Escritura Creativa!

Tras varios incovenientes por eventos imprevistos, que levaron a pospolo en sucesivas ocasións, finalmente , hoxe tivo lugar o Taller de Escritura Creativa!
Tratábase de construír un relato  a partir dunha serie de palabras que se anunciaban na xanela do taller...
Insatifación - colegio - conflicto- armonía - paz - reflexión- casa - amistad- rencor - perdón... 
unha pequena mostra dos sentimentos que nos ambientes máis próximos (: a casa e o colexio), poden xurdir no día a día e que, con maestría, sabiamente,  todos debemos saber xestionar para transformar todo o negativo en positivo,  permitindo así que reine a paz e a harmonía. 

Sofía, Aitana e Xiana, deron conta de casi todas esas palabras para construir esta orixinal e didáctica historia sobre a amistade. Y é que, como moi ben se ve no seu relato, moitas veces a xente faise dano, solo por descoñecer como é verdadeiramente a outra persoa. Si nos molestáramos máis en coñecernos mellor, habería menos problemas entre nos.

Bravo rapazas pola vosa historia!

Xoves, 7 de Febreiro

O Oceanográfico visítanos de novo

Esta vez, foi o alumnado de  Educación Primaria o encargado de facer de  anfitrión das profesonais do IEO, (Instituto Español de Oceanográfía- Centro Oceanográfico de Vigo). Con elas viviron unha xornada moi especial na que aprenderon moitas cousas sobre o importante que é o mar, ese espazo que, no seu día, fixo crecer  unha cidade como Vigo,  que hoxe o disfrutamos todos, e que tantos beneficios nos aporta.






Moitas grazas a Araceli  e a súa compañeira por visitarnos e ensinarnos tantas cousas importantes.

Luns, 4 de Febreiro

Inmersión no fondo mariño


Con motivo da proximidade do Día da Muller e a Nena na Ciencia, Araceli,  nai  dos nosos alumnos Xurxo (5ºA), Iago (1ºB) e Lucía (4ºA  E.I.),   xunto cos seus compañeiros do IEO (Instituto Español de Oceanografía-Centro Oceanográfico de Vigo), visitaron aos nenos de 3, 4 e 5 anos,  facéndolles pasar unha velada moi amena á vez que instructiva, na que descubriron moitas cousas sobre os habitantes do fondo mariño.






Moitas gracias a Araceli e aos seus compañeiros do Instituto Oceanográfico por tan amena e instructiva visita.

martes, 5 de febrero de 2019

Febreiro

"Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia"

Con motivo da celebración desta data, o 11 de febreiro, especialistas do Instituto Oceanográfico de Vigo, visitarannos esta semana para realizar unhas actividades con obxecto de impulsar os estudos do campo das Ciencias entre o alumnado do colexio.
Esperamos que gocedes con eles.

Mentres, deixámosvos aquí un vídeo e a súa dirección, no que, en "nota de humor", Beatriz Sevilla analiza a traxectoria dalgunhas mulleres científicas en relación co recoñecemento dos premios Novel dos seus compañeiros. 


Podedes ver o vídeo titulado: "Colega, ¿y mi nobel, cuándo?" directamente na dirección:


Xoves, 31 de Xaneiro 

"Qué está pasando en Vigo?"  

O teu rincón de actualidade e cambio da túa cidade, segue invitándote a manterte informado das últimas novas.  
Aínda queda espazo para que ti, convertido en editor, crees o teu artigodando a coñecer aos teus compañeiros os últimos acontecementos dos que tiveches noticia sobre Vigo
AnímateParticipa!  
Sé xornalista por un día e coloca o teu artigo no panel
Todos queremos saber qué se "coce" na cidade. 
Axúdanos a decatarnos!

Mércores, 30 de Xaneiro

Felicitacións de Nadal dos nenos vigueses

En consonancia co proxecto "Coñezo Vigo", o alumnado participante no "Concurso de postais do Nadal", puido demostrar este ano o coñecemento que teñen da súa cidade,  incorporando elementos identificativos da mesma nas súas felicitacións navideñas



Foron moitos os que aproveitaron a oportunidade de darlle este toque orixinal ás súas postais.
Hoxe tivo lugar a entrega de premios aos felices gañadores. 
A directora, Conchi, e a Xefa de Estudios, Patri, fixeron entrega dun diploma e varios agasallos a cada un dos afortunados.
Parabéns aos premiados!

lunes, 4 de febrero de 2019

Martes, 29 de Xaneiro

A Ría de Vigo e a Paz!

O proxecto "Coñezo Vigo" tamén estivo presente no día da Paz.  
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria, recorreron á axuda da fermosa "Ría de Vigo", para transmitir as súas mensaxes de paz e harmonía
Paneis cheos de emotivas poesías "embarcadas" en ecolóxicas botellas dispostas a partir desde a Ría de Vigo até os máis recónditos lugares, mostraron o seu desexo dun  mundo mellor, en harmonía e máis humano.

Venres, 25 de Xaneiro

O "Pirulí" en 2º A

Os alumnos de 2º A seguen imparables!

Bravo rapaces!
Continuando co Proxecto "Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio",  esta vez prepararon unha exposición sobre a historia do que foi o hospital principal de Vigo, chamado "Hospital Xeral", outrora coñecido como "Hospital Almirante Vierna" pero ao que todos coñecían como "O Pirulí",  e que pronto (ano 2.020) pasará a ser chamado "Cidade da Xustiza".
Grazas mozos por recuperar para todos un dos edificios emblemáticos da cidade
Desde a súa inauguración en 1955, a súa torre de 75 m. converteuno no 2º edificio máis alto de España, visible a gran distancia, sobre a liña de edificios, para todo o que chegaba a Vigo desde terra ou desde o mar. Nel naceron varias xeracións de familias viguesas ao longo das súas 6 longas décadas de existencia. 
Desde 2017 está a sufrir os cambios necesarios para reaparecer como "Cidade da Xustiza",  que albergará as dependencias xudiciais, unha vez que as depencias xudiciais de hoxe, pasen a formar parte do que será un campus educativo constituido por unha residencia e un colexio, a agora dá cultura, ademáis da tan esperada Biblioteca do Estado. 
E é que Vigo é unha cidade en continuo cambio e desenvolvemento!

Parabéns rapaces polo voso fermoso traballo! 
Seguide así!