domingo, 28 de octubre de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Facendo "clic" na imaxe das cabazas poderás acceder a unha fantástica páxina de recursos e actividades elaborada pola biblioteca do ceip Mestres Goldar. 
Atrévete a divertirte!!! 


PREMIO AO PROXECTO BUBISHER

A Fundación Luis Tilve outorgou o seu premio anual 2012 de Acción Solidaria ao Proxecto Bubisher o venres 26 de outubro no auditorio do Concello de Vigo. 
O premio foi recollido por Luisa Sánchez, coordinadora dos "Voluntarios Bubisher" e por Maribel Cajide, coordinadora do proxecto colaborativo cos campamentos de Smara "Coñecernos para querernos" e profesora do ceip Isaac Peral.
A este acto asistiron a asesora de Bibliotecas Escolares Pilar Sampedro, profesores do ceip Isaac Peral de Ferrol, profesores do colexio San Narciso (de onde partiu a idea do proxecto Bubisher) e profesoras do ceip Emilia Pardo Bazán como representantes de máis cen bibliotecas de centros escolares de Galicia que, desde hai anos, estamos colaborando con este proxecto solidario.
A nosa felicitación para Gonzalo Moure, que non puido estar presente na entrega do premio, e para todos os que de alguna maneira colaboran en que o Bubisher leve aos campamentos saharauis a nosa lingua e, sobre todo, a ilusión e a maxia dos libros.
 Como di a canción.
"...é un longo camiño...
...o seu benestar é a miña preocupación...
...por que non compartir?...

 ...e el non é unha carga, é o meu irmán..."
PREMIO ao Proxecto BUBISHER (e ás Bibliotecas Escolares) on PhotoPeach  
LECTURA na entrega do PREMIO
Nesta convocatoria tamén se entregou o premio ao Traballo Digno ao xornalista Xavier Fortes López, o premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns recaeu no Museo do Pobo Galego e o premio Investigación e Divulgación Histórica á historiadora Aurora Marco López.

AGRADECEMENTO E DIPLOMA
 POLA NOSA COLABORACIÓN

miércoles, 10 de octubre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

HISTORIA DE UN SUEÑO

La conmovedora historia de una pequeña soñadora que quiere vivir en un cuento de hadas.
Sólo quiere que sus sueños se hagan realidad.

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

TALLER DE TEATRO

Neste novo curso 2012-13 iniciamos un Taller de Teatro.
Poderán participar todos os nenos que o desexen desde Infantil de 5 anos ata 6º de Primaria.
Para pertencer a este Taller de Teatro hai que cumprir unhas condicións e normas.
Fai "clic" nas imaxes e poderás velas máis grandes.


E ademáis, asinar un Contrato coa conformidade dos vosos pais/nais.
Se queres máis información pregunta polas profes 
Silvia e Angeles.

AS TRES PORQUIÑAS E O LOBO

Os nenos de 1º tivemos un Contacontos.
Pasámolo moi ben coas tres Porquiñas.
Pero pasámolo moito mellor co Lobo.

Fai "clic" na imaxe