sábado, 31 de marzo de 2012

ESPECTÁCULO DE MAXIA

O Mago Cali visitou o noso colexio e fixo un divertido espectáculo de Maxia para os nenos de 2º, 3º e 4º.
Foi incrible.
Sorprendeunos con todos os seus trucos de maxia.
Ou non eran trucos...???
Gustounos moitísimo.

mago

cali

MAGO CALI on PhotoPeach

jueves, 29 de marzo de 2012

21 DE MARZO 2012 - DÍA DA POESÍA

Os nenos de 2º B celebraron o día da Poesía deste xeito:
  1. Elixiron un libro de poesías
  2. Buscaron un poema que lles gustou
  3. "Apadriñaron" a maiores e pequenos cun fermoso e sinxelo poema
Poesías para os maiores
OESÍAS PARA OS MAIORES on PhotoPeach

Poemas para os pequenos
POEMAS PARA OS PEQUES on PhotoPeach

sábado, 24 de marzo de 2012

CLUB DE LECTURA 3º CICLO

Os nenos do 3º ciclo reunímonos para tratar o tema do libro "O misterio do cemiterio vello" de Fina Casalderrey.
A verdade é que nos gustou moito.
Pero as razóns de por que este libro nos gustou e que o recomendamos a todos os que lles guste ler, poderedes atopalas nos comentarios.


O libro proposto para o próximo día é: "¿Y si me defiendo?" de Elisabeth Zoller
Krissi tiene miedo. ¿Por qué se meten siempre con él los matones? Le acechan para atormentarle. “¿Y si me defiendo?”, piensa Krissi. Pero...
O MISTERIO DO CEMITERIO VELLO on PhotoPeach

CLUB DE LECTURA

Nais e Profes do Chouzo reunímonos o pasado martes para tratar o tema do libro "El Cuaderno de Maya" de Isabel Allende.
Unha lectura doada, aínda que, cun trasfondo duro pola cercanía do posible.
Maya, unha adolescente abandonada polos pais biolóxicos, pero mimada e consentida polos avós acaba no mundo da droga ao faltarlle o apoio dun dos seus seres queridos.

O próximo libro proposto é "Claus y Lucas" de Agota Kristof

¿Cuántas personas somos en realidad?
Agota Kristof, la escritora húngara que se exilió en Suiza en 1956 nos ofrece tantas o más preguntas en su magnífico libro "Claus y Lucas" (Barcelona, El Aleph Editores). Una novela en tres tiempos, tres tiempos de escritura y tres tiempos de lectura, ahora recogidos en un solo libro, que permite dejarse llevar por los yoes y los otros, por las identidades y la supervivencia en un tiempo de revoluciones, de guerras, de odio y de muerte.

"Claus y Lucas" es un libro duro. Duro porque su autora no esconde bajo las palabras todo el mal que el hombre puede soñar, puede hacer, dando rienda libre a esos yoes que nos persiguen, que se escapan de la celda de la educación y de las normas en momentos de crisis, esos que nos obligan a mirarnos, cara a cara, al espejo de nuestras posibilidades.
"Claus y Lucas" es la historia de dos gemelos que se ven en la obligación de sobrevivir contando tan solo con ellos mismos, con el yo de su voluntad y con el yo en que pueden convertirse si son capaces de dominar todos sus miedos.

martes, 20 de marzo de 2012

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS

Hoxe reunímonos nunha Biblioteca moi especial.
A Biblioteca do CEE de Panxón.
"Non sei moito sobre historia, bioloxía,
ciencia, francés, xeografía, álxebra...
Non reclamo ser un estudante brillante,
pero intento quizás
gañar o teu amor por min.
Sei que che quero e, se ti tamén me queres,
que marabilloso será o mundo" (Sam Cooke)
A BIBLIO CEE DE PANXÓN on PhotoPeach

martes, 13 de marzo de 2012

CLUB DE LECTURA

CONTACONTOS NA BIBLIO

Fai "clic" na imaxe e poderás ver algunhas páxinas do conto.

Hai uns días, os nenos de 2º tivemos unha animación do conto "Un reloxo con plumas".
Aquí poderedes ver imaxes da representación.
UN RELOXO CON PLUMAS on PhotoPeach


BAILE DEL RELOJ on PhotoPeach


Queremos dar as grazas á profe Luz polo traballo dos decorados.
Tamén á profe Silvia e a Elena e Anabel pola súa colaboración e fantástica interpretación.
Ao mellor anímanse a facer outro conto...

lunes, 12 de marzo de 2012

TEATRO EN GALEGO

Os alumnos do 1º ciclo asistimos á representación da obra
"A PANTASMA DO PALCO"

Espectáculo musical no que cinco amigos buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta.
Mandoeu, Clarinazas, Ksiosei, MariChimpúm e Frautarina forman parte dunha banda de música e son en todo momento os protagonistas das historias que suceden.
Así, deciden probar sorte no xardín dun palacete abandonado aos arredores da vila.
Alí saben que hai un palco de música ao que ninguén foi dende hai moito tempo... porque, maila que está deshabitado, ás veces vense sombras e escóitanse belas melodías...
A PANTASMA DO PALCO on PhotoPeach


miércoles, 7 de marzo de 2012

TEATRO EN LINGUA DE SIGNOS

O pasado venres, 2 de marzo, as profesoras e os alumnos da Escola de Lingua de Signos invitáronnos á representación da súa obra de teatro 
"PETER PAN"
Asistimos os cursos de 2º e 4º
Gustounos moito.
Ademais, aprendimos algunhas expresións novas.
Agora xa sabemos tamén dicir en lingua de signos:
"Ola, bos días"
"Vémonos" EATRO EN LINGUA DE SIGNOS "PETER PAN"PhotoPeach