miércoles, 27 de enero de 2016

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Onte visitounos Ledicia Costas.
Hai pouco déronlle o Premio Nacional de Literatura polo seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" que ten moito éxito.
Os rapaces de 6º leron este libro e fixeron algunhas receitas, que estaban boísimas.

Os nenos de 2º leron "Inmundicia e Roñoso", que é un libro moi bonito sobre Reciclaxe, o trato aos demais, o medo a que nos fagan dano... e a superación.
Fixemos moitas preguntas e gustounos o que contaba: dela, dos seus libros, das súas historias...

Prometeu volver o ano que ven !
Tamén deixiounos un selo de escarlatina moi chulo.

sábado, 23 de enero de 2016

CONCIENCIACIÓN SOBRE A XERACIÓN DE RESIDUOS

De Sogama chega este vídeo, como instrumento divulgativo, para concienciar especialmente aos escolares da enorme xeración de residuos que se fai actualmente.
Lémbranos as propostas do noso Proxecto "R ao Cubo" deste curso:
  • Recicla 
  • Reduce
  • Reutiliza
E fai un chamamento á reflexión e á responsabilidade para que todos os cidadáns desenvolvan o seu cometido con garantías e como claves para evolucionar a un mundo mellor.
Sogama agarda que nos guste, que sexa do noso interese e que nos resulte de utilidade.
(Información da páxina de Sogama)
.

martes, 19 de enero de 2016

CLUB DE LECTURA XANEIRO

Limos o libro da colección de Rita:
"Rita e os ladróns de tumbas".
Gustounos moito.
E ademais, pasámolo fenomenal!!!
CLUB LECTURA XANEIRO 2016 on PhotoPeach