miércoles, 30 de septiembre de 2015

lunes, 21 de septiembre de 2015

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015-16


PROXECTO BIBLIOTECA 2015-16


Proxecto
  “R AO CUBO"
REDUCE, REUTILIZA, RECICLA
    
O proxecto “R ao cubo” ten como finalidade que o alumnado sexa consciente de que o Planeta Terra non nos pertence, que simplemente é un espazo onde debemos vivir en comunidade partindo dun respecto ambiental e social que é fundamental para a mellora e crecemento de todos.
É importante coidar a natureza para poder gozar da súa beleza e dos beneficios que nos ofrece incidindo en que o comportamento abusivo e destructivo por parte do ser humano o único que consigue é que haxa unhas consecuencias terroríficas para a vida da Terra e dos seres vivos que viven nela.
Unha vez máis é un proxecto cargado de investigación e sensibilización pola natureza, os animais, as plantas, e os demais seres vivos. Este traballo tamén nos levará por un camiño de reflexión consciente para enriquecernos a nivel social e persoal.