lunes, 13 de mayo de 2013

IV XORNADAS TEATRO ESCOLAR



Este mércores, no Auditorio do Concello, empezan as Xornadas de Teatro Escolar Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 deste mes, o Auditorio Municipal do Concello , albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. 
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso. 
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares. 
Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado. 

martes, 7 de mayo de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIO

Fai "clic" na imaxe para ver toda a información


domingo, 5 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Información facilitada e compartida por Sergio 
do Ceip Mallón



Información facilitada e compartida por Mercedes Bujan do CPI dos Dices.




Información facilitada e compartida por Quini Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa.

Este ano a RAG adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral. Vidal Bolaño é unha figura esencial para comprender o evoluír do teatro galego dende os anos 70 deica hoxe, dotando á nosa escea dun carácter universal sen renunciar aos nosos sinais de identidade. Para axudarnos a coñecer mellor a RVB elaboramos unha presentación, que en breve se completará con outras ferramentas que andamos a artellar. Os datos que recollemos na presentación foron tirados da web da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/letras-actual) e do libro «Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño» de Camilo Franco e editado por Biblos, dúas referencias que podemos (e debemos) consultar.
 

Una procura do Tesouro: Vidal Bolaño
por Quini Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa.
Fai "clic" no debuxo.


LIBRO DE VISITAS

Este é un novo libro para a Biblioteca.
É o noso Libro de Visitas.
Queremos que nel deixen as súas palabras todas as persoas entrañables que visiten a nosa Biblioteca para facer actividades de Lectura, Animacións, Formación de Usuarios, Educación Documental, Teatro... ou calquera outra que aporte coñecemento, motivación e ilusión aos nosos alumnos.
Este libro estreouno Fina Casalderrey o 23 de abril, Día Mundial do Libro, de 2013.