miércoles, 30 de junio de 2010

VISITA AO VÉRBUM

O día 1 de xuño fomos ao VÉRBUM e alí estaba Anxo Fariña.
É un ilustrador galego que tamén escribe libros para nenos.
Contounos un conto moi bonito dun ladrón. Dun ladrón de palabras...
Fixo algúns debuxos e ensinounos como facelos nós.
Logo fixemos unhas actividades de escritura moi chulas coas palabras.
Cantas, cantas, cantas cousas pódense facer coas palabras!!!
Regalounos un libro a cada un de nós: "O LADRÓN DE PALABRAS"
Na biblioteca do colexio temos ademais "Os Megatoxos" e "A Monstroescola"
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.

ANXO FARIÑA-VÉRBUM on PhotoPeach

domingo, 27 de junio de 2010