22 Marzo
"Día Mundial da Auga". Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR), os “encoros” do futuro.
Desde 1993, o 22 de Marzo celébrase o "Día Mundial
da Auga".
Nenos e adultos estamos familiarizados coa necesidade de
reducir o consumo deste ben tan escaso evitando o seu gasto innecesario, de
coidar a súa “calidade” evitando vertidos no desaugadoiro dos fogares (aceites
ou outros produtos de uso doméstico...) e verteduras directas, por parte das
empresas, de substancias químicas contaminantes utilizadas nos seus procesos de
produción... Pero este ano, dado o tema central elixido, ponse de relevo a
importancia non só de coidar o elemento en si, o seu uso sostible, senón o
sistema que nos axuda a mantelo presente no noso planeta: o coidado do chan, o
coidado das concas hidrográficas, a análise dos factores que facilitan a súa retención...o
desenvolvemento dos recursos hídricos de todos os países.
O aumento demográfico das cidades supón un maior consumo de auga, e por tanto, demanda unha maior necesidade de recursos hídricos. Como afrontar dita demanda naqueles países nos
que a auga é un ben escaso?
En España tamén as concas hidrográficas foron reducíndose nas últimas décadas. Algunhas poboacións afrontan períodos de auténtica seca algúns meses.
Os científicos, hai décadas que acharon a solución, e nalgúns lugares xa se implementou sen consecuencias negativas evidentes para a poboación: Trátase de converter o ciclo da auga nun círculo pechado infinito. Como? Sometendo as augas residuais a un complexo proceso de depuración que as reconverta en auga potable apta para o consumo.
Aínda que a moitos lles soe a ciencia ficción, (hai anos algún director incorporouno ao seu filme), houbo relatos de persoas que, illadas en circunstancias extremas, manifestaron haberse hidratado coas súas propias micciones. E, en California, converteron en realidade a reutilización potable das súas augas residuais, para paliar a seca sufrida entre 2012 e 2016.
Esta é a estratexia que axudaría ás cidades do futuro a autoabastecerse, ou a incrementar
os seus recursos hídricos dispoñibles, e a resolver o problema de moitas poboacións no mundo que carecen hoxe de auga potable suficiente para satisfacer o seu uso máis básico: alimentación e hixiene mínima.
Nestes momentos, nos que un xesto tan básico como lavarse as mans con frecuencia é fundamental para frear a propagación do COVID-19 , elevadas porcentaxes de poboacións
urbanas de África ou Asia non dispoñen de instalacións básicas de lavado de mans, (do 63% en África subsahariana ao 28 % en indonesia por exemplo). E mesmo nas zonas rurais, as augas requiren ser tratadas para non ser leito de transmisión de virus. Máis de 2.000 millóns de persoas viven en países que sofren unha forte escaseza de auga, e aproximadamente 4.000 millóns de persoas padecen unha grave escaseza de auga durante polo menos un mes ao ano.
En España a reutilización das súas augas residuais é un feito, aínda que de momento para uso de regadío, básicamente. Pero non estará lonxe o momento en que, dispoñer de auga potable, deixe de ser unha preocupación en todas as súas rexións e en todas as súas cidades. Só é necesario que a nosa mente asúma o feito de que, tratado axeitadamente, o líquido que baixa polo inodoro pode volver a saír polo grifo sen risco para a saúde.
EDAR de Vigo la más amplia de España |
En España a reutilización das súas augas residuais é un feito, aínda que de momento para uso de regadío, básicamente. Pero non estará lonxe o momento en que, dispoñer de auga potable, deixe de ser unha preocupación en todas as súas rexións e en todas as súas cidades. Só é necesario que a nosa mente asúma o feito de que, tratado axeitadamente, o líquido que baixa polo inodoro pode volver a saír polo grifo sen risco para a saúde.
As súas 2.000 estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), xeran a enerxía necesaria para
o seu propio mantemento, combustible para cementeiras, nitróxeno, compost, fertilizantes para unha agricultura máis sostible, biocombustibles e biogás e dan unha segunda vida á auga. Pero se o volume de auga residual tratado na actualidade se sometese ao adecuado sistema de potabilización, podería ser a fonte que proporcione 102 m3 de auga potable por habitante ao ano.
Estaciones depuradoras de aguas residuales (EDAR), “embalses” del futuro.
Para pensalo!
Neste tema os vigueses vamos á cabeza: Vigo conta ca EDAR máis ampla de España.
Si queredes vela por dentro pinchade no enlace:https://youtu.be/_8-KQ7DD_Hw
Grande eh?
Ainda que verdadeiros expertos no tema son os astronautas.
Rusos e americanos xa o usan como método de suplir a súa notable necesidade de auga nas súas viaxes de larga duración a Lúa ou a Marte. Necesitarían 18 toneladas de auga o que ocuparía moito espacio. ¿Cómo reducilo? reciclando o 95 % da auga usada, incluida a súa orina e o suor!
Si queredes saber cómo o fan aquí vos deixamos un vídeo co seu enlace:
https://youtu.be/VRLoox6wUlY
Feliz Día da Auga.
E, por favor, non olvidedes lavar as mans con frecuencia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario