lunes, 28 de octubre de 2013

RECEITA PARA O SAMAÍN



BISCOITO DE CABAZA

INGREDIENTES 

* 1/2 Kg. de cabaza
* Un bote de leite condensada
* 1 litro de leite
* 300 gr. de fariña
* 4 ovos
* 1/2 Kg. de azucre
* Raladura de limón e canela en rama

Cocíñase a cabaza sen pelar coa canela en rama. 
Cando está cocida quitamos a casca e as pebidas, escurrimos ben a auga e mesturámola co resto de ingredientes ata formar unha crema.
Untamos un molde con manteiga, vertemos a mestura e poñemos no forno quente a temperatura media. 
Para saber cando está listo picamos cun escarvadentes por exemplo, e cando este sae limpo está no seu punto. 
Tómase  frío. 
Mellor telo un tempo no frigorífico antes de servir.

lunes, 21 de octubre de 2013

OS CELTAS EN GALICIA

Novo proxecto 2013-14
Este curso aprenderemos moitas cousas sobre a cultura celta e a súa influenza na actualidade.