lunes, 30 de marzo de 2020

28 Marzo

Ciudad Fiel, Leal y Valerosa 


Festa de Interés Turístico Nacional
desde Julio 2019
Pola valentía demostrada co alzamento popular que o 28 de marzo de 1809 expulsou ás tropas napoleónicas da vila, Vigo foi destacada polo rei Fernando VII co título de fiel, leal e valerosa. Dous séculos e 11 anos despois, Vigo está inmerso en novo alzamento popular. E, aínda que o inimigo é distinto, do mesmo xeito que ocorría naquel entón, enfróntase “ao invasor” en desvantaxe de armas. Pero, a unión fai a forza e Vigo está unido, polo que a unión de todos daralle novamente unha vitoria segura!
Non hai un valente Cachamuiña senón miles: persoal sanitario, veciños altruístas e solidarios, transportistas, forzas do exército, corpos de seguridade, panadeiros... e un longo etcétera que contan co ánimo fundido en aplauso de todos os agradecidos cidadáns.
Este ano A Reconquista, e con ela a cidade, estreaba título. O pasado mes de Julio o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo outorgáballe o título de "Festa de Interese Turístico Nacional".
O 28 de Marzo de 2020, os vigueses non saíron á rúa para celebrar como se merece devandito mérito, pero non importa, porque a unión das súas xentes na crítica situación que atravesa a cidade ao igual que o país enteiro, ao igual que tantos outros países... fana meritoria de revalidar novamente o seu título de fiel, leal e valerosa.
Bravo por todos aqueles que decidiron quedar na casa como medida necesaria.
Bravo por aqueles que seguiron e aqueles que siguen ao pe do seu traballo por todos nós.
Bravo por aqueles que cada día manifestan a súa admiración e dan o seu ánimo dun xeito tan ilustrativo como é co seu aplauso.
Bravo por todos os nenos que, sen bicicletas, patinetes, balóns... e horas nas rúas e nos parques, saben aceptar a situación e participan cos maiores en facer esta "invitación" a disfrutar do fogar moi levadeira: con xogos creativos, interpretacións, manualidades.... e lendo!

A todos un abrazo moi forte desde aquí!



No hay comentarios: