lunes, 16 de marzo de 2020

9 Marzo

Pioneiras galegas  por toda a Xeografía de Galicia.


1º. Na Biblioteca encontraredes as súas
singulares historias
e un cuadernillo
para cubrir os datos de cada unha delas
Esta semana estaba previsto continuar coas actividades programadas pola Biblioteca con motivo da celebración do domingo, 8 de Marzo, Día da Muller. A xeografía galega foi testemuña do nacemento e actividade de moitas destas mulleres que marcaron un fito na historia, un antes e un despois en moitos campos, ata entón, relegados á poboación masculina. Por exemplo: a primeira gaiteira, Áurea Rodríguez; a primeira aeronauta, Elisa Patiño; a primeira alcaldesa, Concepción Pérez Iglesias; a primeira correspondente de guerra, Sofía Casanova; a primeira condutora de camión, Celia Rivas... e un largo etcétera.
2º. Cubride os datos que máis os atraen
delas no seu correspondente cuadernillo

Podedes consultar as súas singulares biografías nos dous volúmenes do libro "Pioneiras" que se encontran a vosa disposición xunto a uns pequenos cadernillos nos que podedes escribir os aspectos que máis vos atraian delas, colocar logo os cadernillos no seu lugar xeográfico correspondente no mapa de Galicia ubicado no taboleiro do
pasillo e compartilos, deste xeito, con todos os vosos compañeiros.
Por mor dá entrada do coronavirus, o material para realizar esta actividade permanecerá accesible ao regreso para que os que ainda non pudestes acercarvos e queredes coñecer un pouco máis sobre estas singulares mulleres galegas, podades achegarvos ao expositor. e compartir con todos eses aspectos e personaxes que máis atraeron a vosa atención.
3º. E colocadeos no mapa, no que xa figuran algunhas
aportacións  dalgúns ávidos investigadores
A interrupción das clases deixou sen concluir a labor de pintado dos Auxiliares.
Pero ao regreso eles finalizarán o seu labor e vós así mesmo poderedes continuar a actividade

Non vos preocupedes, aínda estades a tempo!
Á volta seguirán ahí para vos!




No hay comentarios: