martes, 27 de junio de 2017

DIVERXIBOT

Presentámosvos a DiverXiBot, elaborado peza a peza polo alumnado que recibe apoio de PT e AL. 
Os/as alumnos/as traballaron duro e puxeron moito cariño nesta obra coa que quixeron transmtir o enriquecedora e valiosa que é a diversidade.
Moitas grazas rapaces/as!




lunes, 26 de junio de 2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas visitou a biblioteca do cole, leunos o seu libro "Inmundicia e Roñoso" e aproveitamos para facerlle moitas preguntas sobre a historia que nel narra.
Preme na imaxe para acceder a máis información e fotos.
Grazas pola túa visita Ledicia!




sábado, 24 de junio de 2017

GUÍAS DE LECTURA PARA O VERÁN

E para rematar este marabilloso curso, aquí vos deixamos unhas refrescantes recomendacións literarias para este caluroso verán, esperamos que vos gusten!







jueves, 22 de junio de 2017

EXPOSICIÓN "UNHA MIRADA AO PASADO. EVOLUCIONAMOS" - VISITA DAS FAMILIAS

Este martes convidamos ás familias a visitar a exposición "Unha mirada ao pasado. Evolucionamos". Moitas grazas por acudir e tamén a todas as persoas que fixeron este proxecto posible grazas ás súas aportacións.






martes, 20 de junio de 2017

VISITA DO CSIC

Preme na imaxe e accederás á información sobre a visita que nos fixeron Luisa, Eva e Marta do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).
Os/as nenos/as aprenderon unha morea de cousas sobre os animais mariños, moitas grazas!



EXPOSICIÓN: UNHA MIRADA AO PASADO

Presentámosvos a exposición "Unha mirada ao pasado: Evolucionamos" á que podedes acudir nos recreos. 
Contamos coa colaboración Navia, Uxía, Paula e Zeltia, unhas guías fantásticas que vos explicarán todo o que precisedes.
Grazas ás familias polas valiosas aportacións, invitámosvos a visitar a exposición este martes de 16:30 a 17:30.














jueves, 15 de junio de 2017

GRAZAS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

As mestras e mestres do cole estamos moi orgullosas/as do equipo de axudantes da Biblioteca, nenas e nenos que asumiron un compromiso importante ao longo do curso e que demostraron día a día ser uns rapaces e rapazas moi responsables.
Fixeron un gran traballo e quixemos agradecerllo cuns agasallos, parabéns!



PRESENTACIÓN: INVENTOS CON HISTORIA IV

O pai de Xela transportounos hoxe á entrañable época do vinilo. Puidemos gozar do envolvente son do tocadiscos, e comprobamos que a súa música é dunha calidade incomparable fronte a almacenada nos CD´s dixitais de hoxe en día.
Grazas por este fermoso momento! 





PRESENTACIÓN: INVENTOS CON HISTORIA III

Tivemos unha nova visita no cole, a avoa e o avó de Inés e Nico viñeron cargadiños de inventos moi interesantes.
Grazas a eles/as viaxamos ao pasado, a tempos nos que a radio ensinaba, entretía e axudaba a desenvolver a imaxinación.
A máquina de escribir non tiña memoria nin programas de autocorrección, o teléfono non tiña tarxetas de memoria, xogos, internet, nin "tamaño bolsillo". 
Ademais, grazas ao almirez e ó molinillo recrearon un "mini taller" de aromas e sabores que esperamos ampliar nos próximos días.
Moitas grazas!


martes, 13 de junio de 2017

CLUB DE LECTURA: VISITA DE AN ALFAYA

Onte tivemos un Club de Lectura moi especial, visitounos An Alfaya para falarnos das súas obras, e concretamente, do seu libro "O fío vermello"




lunes, 12 de junio de 2017

TALLER DE ESCRITURA

E chegou a derradeira sesión do Taller de Escritura, moitas grazas rapaces/as por compartir con nós a vosa creatividade, por emocionarnos cos vosos escritos e por ser tan entusiastas e participativos/as.
Esperamos contar con vós o vindeiro curso!

OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE

Nuria e os seus robots seguen a visitar as diferentes clases do cole, unha das últimas afortunadas foi a de 1ºA, preme na imaxe para ver o vídeo no seu blog.
http://pajaritaspapel.blogspot.com.es/2017/06/nuria-y-sus-robots.html

jueves, 8 de junio de 2017

CLUB DE LECTURA: 35 KILOS DE ESPERANZA

O pasado martes tivemos a última xuntanza do Club de Lectura e foi para poñer en común as nosas impresións sobre o libro "35 kilos de esperanza" de Anna Gavalda. Foi unha lectura ben acollida entre o alumnado na que nos falan da importancia de aprender a coñecerse a un/unha mesmo/a e de esforzarse día a día para acadar as nosas metas. 
Dende o Equipo de Biblioteca queremos dar as grazas aos nenos/as do Club de Lectura pola súa implicación neste proxecto, por amosarse sempre tan participativos/as e interesados/as nas lecturas e actividades propostas.
E para rematar, uns agasallos de despedida, vémonos o vindeiro curso na Biblio!

OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE

O venres pasado os nenos e nenas de 4ºB de Educación Infantil tiveron unha visita cargada de sorpresas.
Nuria, a nai de Yeabsira e Wube, é profe de tecnoloxía e veu a explicarnos o funcionamento de diferentes máquinas e circuitos, timbres, un ascensor, un muiño e incluso trouxo dous scornabots! un deles estaba programado para seguir un circuito e o outro para parar cando se lle presentaba un obstáculo.
Os/as nenos/as puideron experimentar e participar en todas as experiencias que nos propuxo Nuria e pasárono de marabilla.
Moitas grazas Nuria, esperamos volver a verte pronto!
 

miércoles, 7 de junio de 2017

VISITA DO ESCRITOR OLI

Oli, o autor do libro "O rato avó e o muraño" achegouse ao colexio para falar connosco do seu libro.
Tamén recitamos un poema seu das "Once damas atrevidas", que o temos na biblioteca.
Logo firmou os libros.

lunes, 5 de junio de 2017

CIENCIA NA BIBLIOTECA: OS GASTERÓPODOS

Continuando cos obradoiros científicos da profe Tere, aquí vos deixamos unhas fotos da sesión que dedicou a coñecer máis en profundidade aos gasterópodos.
Os nenos/as quedaron con ganas de máis, así que, a seguir investigando rapaces/as!




PRESENTACIÓN: INVENTOS CON HISTORIA II

Hoxe foi un día moi especial xa que recibimos a visita do “avó Pepe”.
É o avó das nosas compañeiras Erea e Iris e ensinounos o uso dun invento moi curioso: o pizarrín. Cando el era pequeno, o caderno só se usaba para escribir as cousas moi importantes que merecesen ser gardadas. Para todo o demais, escribíase co pizarrín. Para escribir no papel tiñan outro invento: a pluma, que era moi fráxil e precisaba de elaborar a tinta. 
Tamén nos explicou como os nenos/as elaboraban os seus xogos favoritos: o trompo e as canicas, antes de que se puidesen comprar con tanta facilidade como agora. Ensinounos a lanzalo e algúns trucos para xogar con el e gañar sempre. É un gran artista, grazas Iris e Erea por compartilo connosco!





jueves, 1 de junio de 2017

PRESENTACIÓN: INVENTOS CON HISTORIA

Durante estas semanas dende a biblioteca estamos facendo unhas viaxes ao pasado espectaculares, e todo isto a partir duns inventos antigos que nenos/as e familias están vindo a presentar ao cole. 
Nesta ocasión, da man de Maló e Ainara descubrimos como eran as planchas antigamente e como se empregaban o molinillo de café e a balanza. Isto fainos pensar en canto cambiaron as cousas en pouco tempo!
Moitas grazas Ainara e Maló!