lunes, 23 de septiembre de 2019

20 Setembro

"Caixas de recordos", para o Día do Alzheimer

"Os alumnos e alumnas de 6ºA estiveron esta semana traballando o libro "Abuelita, ¿eres tú?", de María del Mar Martín Pérez, para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que se celebra o sábado 21 de setembro.


A través dos ollos de María, vemos a evolución da relación coa súa avoa Antonia. Vemos o cambio de visión que se produce, pouco a pouco, na súa vida debido a unha terrible enfermidade como é o Alzheimer.


É así como se aventuraron os nosos alumnos e alumnas en crear unhas caixas de recordos para distribuir por todo o colexio para, así, entre todos, enchelas dos nosos recordos máis prezados e que non se nos esquezan nunca
 







Se vedes unha destas  marabillosas caixas non dubidedes en deixar o voso recordo nela!

 

jueves, 12 de septiembre de 2019

11 Setembro

Rematou o verán!

É oficial: rematou o verán e
hai que habituarse aos novos horarios do día a día.
Chegou o gran día: Para uns, hoxe, foi un día de reencontro cos seus compañeiros. Para outros, foi o primeiro día dunha nova experiencia.


Alumnos, Familias, novos compañeiros... A toda a Comunidade Educativa,  a todos os que compartiredes connosco a ilusión, esforzo, esperanza e actividades deste novo curso: sede bienvenidos!
Desexámosvos un feliz comezo e

esperamos disfrutar da vosa colaboración.



E, a todos aqueles que 
compartistes connosco  a ilusión do curso pasado e, 
este ano, comezaredes a vosa actividade noutro lugar, 

un  saúdo cariñoso e... 
Moitísimo Ánimo!


5 Setembro

Setembro está aquí. A Biblioteca esperta!

Elsa y Sofía retiran todos los antiguos carteles.
Nuevas ideas y nuevos proyectos los ocuparán este curso
A "Volta ao cole" anúnciase por todas as partes. O verán finaliza e os spots publicitarios e os comercios recórdannos que debemos prepararnos.

Vivimos uns días de notable traxín: decoración, materiais, mobiliario... todo debe estar perfecto e no seu sitio para iniciar un novo curso.




Nosas queridas Auxiliares, Sofía e Elsa, saben moi ben o traballo que unha posta a punto supón, polo que, deixaron ao carón as súas actividades estivais e fixéronnos unha visita sorpresa para axudarnos a preparar este "rinconcito máxico" no que tan bos momentos e experiencias viviron e compartiron ao longo de 9 anos cos seus compañeiros: A Biblioteca.
- Os preparamos espacio para vuestras actividades
- Esperamos que disfrutéis tanto como lo hemos hecho nosotras
 









A lectura abre a nosa mente.

E unha mente aberta axúdanos a apreciar e gozar dun modo máis amplo todo o que nos rodea.

Elsa, Sofía:
Moitas gracias!

Seredes unhas magníficas embaixadoras da lectura alá onde vaiades.
Seguide sempre así e impulsádea co voso exemplo.