martes, 20 de diciembre de 2016

FELICITACIÓN NADAL

Desexámosvos a todas e a todos unhas felices festas acompañados/as dunhas boas lecturas.

BO NADAL!


GUÍAS DE LECTURA - NADAL 2016

Achegámosvos as guías de lectura para este Nadal 2016, esperamos que vos gusten e vos axuden á hora de pedir ou preparar algún agasallo especial.
Felices festas!







ACTIVIDADE: FOTO LENDO EN FAMILIA

LENDO EN FAMILIA
Estimadas familias:
Desde a Biblioteca gustaríanos contar coa vosa participación para facer una exposición de animación á lectura.
"Lendo en familia" consiste en facer unha fotografía con dous ou máis membros da vosa familia lendo libros.
As fotografías facédesnolas chegar en papel, por favor.
Grazas pola vosa colaboración. 

 

domingo, 18 de diciembre de 2016

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 3

Hola, chicos.
Los relatos que escribís son muy chulos.
Seguimos con nuestra imaginación en marcha y...
Nos vemos el viernes, 20 de enero de 2017 en la Biblioteca. 
 

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 2


miércoles, 14 de diciembre de 2016

¡QUÉ TRABAJO TAN CURIOSO!

Los científicos son curiosos.
Trabajan con bata blanca y una libreta para apuntar todo.
Observan, anotan, investigan... ¡descubren! 
Luisa trabaja en el Consejo Superior de Investigaciones Científicas que conocemos por CSIC.
Ha venido con otros compañeros y nos han contado que:
  • Hay que lavar las manos
  • Hay que lavar los dientes
  • Hay que limpiar la nariz
Y... ¿por qué?
Pues porque si no lo hacemos las bacterias nos atacan, nos infectan y enfermamos. 
Lo han hecho a través de unas dramatizaciones.
Ha sido muy divertido.
Hemos aprendido varias cosas.
Nos ha gustado mucho.



 
Haz "clic en la imagen para ampliarla

¡Qué guay ser científico!
¿Te gustaría ser uno de ellos?

 

TEATRO EN GALEGO

O pasado luns, 12 de decembro, os alumnos de 1º e 2º de Primaria asistiron á representación da obra de teatro:
 "DE FÁBULA".
A raposa Bulebule, protagonista desta historia, deixa a casa familiar porque fíxose maior.
Pero cando chega ao bosque atopa moitos perigos e dificultades que vai tendo que superar.
Coa súa intelixencia será quen de superar a maldade dos animais que pretenden aproveitarse dela.
 

domingo, 11 de diciembre de 2016

TALLER DE ESCRITURA

O próximo venres, 9 de decembro, a Biblioteca abre para os nosos grandes escritores.
 

CLUB DE LECTURA DECEMBRO

Neste mes de decembro fixemos dúas reunións en dous grupos menos numerosos.
Falamos de dous libros:

Isha está enfadada. O comentario dunha compañeira de clase causoulle un gran malestar. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero o feito de ser adoptada...

Ao meu curmán Down dánselle moi ben os traballos manuais e  encántanlle as flores. Ademais, eu creo que é chinés, aínda que mamá di que non. Tamén me riñe por chamarlle Down e me repite que se chama Guillerme. Pero eu sei que a el lle gusta que lle chame Down.
 
Houbo división de opinións, pois non a todos os nenos gustoulles este tipo de temáticas e prefiren ler algo máis intrigante ou de misterio, aventuras...
Aínda que todos estiveron de acordo en que ámbalas dúas historias resultaron un pouco tristes, pero moi emotivas e entrañables.


 

TRABALLO CLUB DE LECTURA

Despois dos comentarios sobre a lectura do libro "¿Y si me difiendo?", estas son as conclusións e o que máis impactou aos rapaces dese personaxe tan entrañable chamado Krissi.
Aquí os nosos lectores interpretaron o "Antes"...


...e o "Despois" de tomar decisións Krissi.

sábado, 10 de diciembre de 2016

NOVOS LIBROS DO PROXECTO

Esta semana tivemos a presentación para os nenos de 1º da Expo dos libros do Proxecto de "Ciencia Divertida" e as novas adquisicións.

Jorge Lorenzo de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 27 de noviembre de 2016

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 2

Este es el texto por el que empezaremos nuestro próximo relato.
¿Cómo continuará?
¿Será divertido?
¿Intrigante?
¿Un misterio sin resolver...? 
¡¡Anímate a contarlo!!

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 1



sábado, 26 de noviembre de 2016

MARCOPOLA 4

Ola, rapaces.
Xa coñecedes a Jacobo Fernández Serrano, que visita o noso colexio sempre que pode.
El sempre está encantado de vir, porque o Chouzo tamén foi o seu cole.
Hoxe presentou un novo libro, que xa está nas librerías.
Un libro que estabades esperando...



Agora xa temos 4 libros da colección e Jacobo dixo que... para o ano próximo sairá o nª 5 "Pernechas".

No número 4: "A Avoa Power" aparece un personaxe novo: "The Tiger", que rouba... Rouba moito moito. 

Jacobo contou que The Tiger ten unha familia e rouba por unha razón e que pronto sairá a súa historia nunha triloxía: 3 libros.
E así será como sabremos por que rouba, para que rouba... 
Estade atentos a estas novidades.
Prometen ser moi interesantes !!!
E aquí deixovos a Jacobo, un pouquiño canso de tanto debuxar.

    

martes, 15 de noviembre de 2016

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA

Rapazas e rapaces, esta semana temos una proposta moi interesante:
 TALLER DE ESCRITURA CREATIVA
Así que, poñede a funcionar o cerebro e deixade voar a imaxinación!
Podedes participar elaborando un texto que debe comezar co pequeno parágrafo que se expón no taboleiro e inspirarse nas imaxes que o acompañan.
O venres 25 poderedes entregar o voso texto na biblioteca, e procederemos á lectura de tódolos escritos que participen.
Disfrutaremos dunha xornada interesante e animada.
Non podedes faltar!
Animádevos a participar!





Este será o principio dos nosos relatos:


Texto del libro "Tú serás mi flor" de Teresa Zataraín.

CLUB DE LECTURA

Hoxe inauguramos o Club de Lectura do curso.
Falamos sobre o acoso escolar.
Os rapaces opinaron que é cousa de cobardes, que está mal...
E, sobre todo, aínda que teñamos medo das represalias, hai que contalo e avisar aos adultos do que está ocorrendo.
NON ao Acoso Escolar!!






Campaña de la Policía Nacional:
TODOS CONTRA EL ACOSO ESCOLAR

RELOXO DE AUGA: "CLEPSIDRA"

A Clepsidra é considerada o primeiro reloxo que se inventou, porque servía tamén cando non había sol.
Os nenos de 1º fixeron unha manualidade sinxela e crearon unha Clepsidra.

lunes, 14 de noviembre de 2016

MARCO CÓNTANOS COUSAS DOS TRENS

Marco, que agora xa está en 5º de Primaria, deu unha charla moi interesante aos nenos de 1º e tamén aos seus compañeiros de 5º sobre trens.
Porque a Marco xa gustábanlle os trens desde que era moi pequeniño.
Trouxo dous dos seus libros grandes de trens e vimos desde os máis antigos ata os máis modernos, desde os máis lentos ata os máis rápidos, os máis longos...
Vimos fotos curiosas que había nos libros que trouxo.
Fixeronlle algunhas preguntas.
Aprendimos cousas que non sabiamos.
Vimos a evolución deste invento tan importante e aproveitable hoxe en día.
Moitas grazas, Marco.

 

miércoles, 2 de noviembre de 2016

IIV EDICIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. IGACIENCIA

Celebramos a VII edición do día da Ciencia en Galego e, como todos os anos, propoñémosvos unha temática, os legumes, en sintonía coa celebración no 2016 do ano Internacional dos legumes.  Por esa razón, queremos dedicarlle este ano o día aos legumes. Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor deste tema e o máis sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis. Así, por primeira vez, facemos un cartel que poida reciclarse en obxecto educativo na clase. Esperamos que vos sirva para ese fin.  
O homenaxeado galego, Cruz Gallástegui, ten un mérito nese campo indubidable: considérase o introdutor da xenética non só en Galicia, senón en España. 
Tedes referencias e materiais sobre o tema en cienciaengalego.org 


martes, 25 de octubre de 2016

BIBLIOTECA


E chegou o día 24...
Os rapaces xa tiñan ganas.
Non aguantaban máis.
Un éxito de público!!!

domingo, 23 de octubre de 2016

AUXILIARES DE BIBLIOTECA CURSO 2016/17



Os/as novos/as auxiliares de biblioteca xa vestiron os chalecos, repasaron as normas e firmaron os contratos.
Estaban moi entusiasmados/as, desexando empezar a traballar!