martes, 27 de febrero de 2024

 27  Febreiro

"Qué es el amor?"

Esta foi a obra elixida por Ángela  Antía (3º A), para a 
sesión de contacontos de hoxe.

Hai en algures unha definición estrita e oficial do amor? Emma non a atopou.

Pero, a través das persoas que o sentiron, vai descubrindo que o amor é algo fermoso, que chega moi despaciño, doce e tenro, que che fai vibrar como cando o teu equipo mete un gol no último minuto, e acende o teu corazón como un motor que arrinca á primeira.

E se chega e non sabemos recoñecelo? Non cabe dúbida de que o recoñeceremos, pois as súas sinais son inequívocas! Estar namorado é unha suma de pequeniños pero importantísimos detalles, como: ser atento, facelo todo xuntos, repartir as cousas entre dous cando só hai para un... E, sobre todo, non é algo que se busca ou se espera, pois, é algo que chega só.

Unha fermosa obra de Davide Cali, que non só serve para explicar aos nenos este sentimento básico, senón que serve tamén para lembrar aos adultos o importante que é manter vivas eses pequenos sinais que, a miúdo por caer na rutina, esquecéronse (estar atentos, compartir, repartir entre dous cando non é suficiente, facer cousas xuntos...)

A Emma quedoulle ben claro, sobre todo, que non debe preocuparse por esas cousas para non acabar mal, na cama e con febre. Debe esperar a que chegue soiño!

Ao finalizar a sesión, o público empleouse en darlles un caluroso aplauso!

Noraboa! Esperamos volver escoitarvos pronto!

Se queredes lela vos mesmos, non dubidedes en buscala na Biblioteca!



 27 Febreiro

O Club de Lectura de Adultos xa ten obra e data!

A obra elixida, é "El hombre de los círculos azules", de Fred Vargas.

Unha obra policiaca, pero non ao uso! Nela o lector atopará momentos e motivos para sentirse inmerso en todo tipo de emocións.

Non en balde, o xurado que lle outorgou o Premio Príncipe de Asturias en 2018, destacou da súa obra "a orixinalidade das súas tramas, a ironía coa que describe os seus personaxes, a profunda carga cultural e a desbordante imaxinación que abre ao lector a horizontes literarios inéditos".

Fred Vargas, seudónimo de
Fréderique Audoin-Rouzeau
(París, 1957)
Con estas credenciais, o lector ten o éxito da súa elección asegurado!

Alguén vai sementando París de grandes círculos azuis en cuxo interior deposita obxectos correntes... coma se dun xogo se tratase. Un xogo? O enigma complícase cando os obxectos ceden o paso a cadáveres! Só o comisario Jean-Baptiste Adamsberg podía intuír que ese paso acabaría producíndose, pero... Poderá, o caótico e desaliñado, pero meticuloso, analítico e intuitivo comisario, chegar a desvelar o misterio con axuda do seu sexto sentido?

Convidamos a toda a Comunidade Educativa a desvelalo e a participar na próxima sesión deste fantástico Club que terá lugar:

  • na Biblioteca do Colexio,
  • o vindeiro venres, 10 de Mayo,
  • ás 17 horas!!

Esperámosvos para compartir con todos a ilusión pola lectura! Unha Familia que le, é o mellor exemplo para obter nenos amantes da lectura! A lectura, ademais de ser o mellor modo de vivir experiencias extraordinarias, é tamén o mellor antídoto contra a ignorancia e a escaseza de perpespectivas!

Vémonos! Contamos con vos!


lunes, 26 de febrero de 2024

 26 Febreiro

"El cazador de estrellas" en Cómic!

Membros do Club de Lectura
coa obra de Ricardo Gómez e o seu cómic.
O Club de Lectura da profesora María, adiantábanos na última entrevista do equipo de radio "Leolo Comunica", que se atopaban inmersos na elaboración dun cómic.
Tiñan en mente realizar unha creación que servise de sinopse dos capítulos da obra de Ricardo Gómez cuxa lectura acababan de finalizar.
Pois ben, "
El cazador de estrellas" xa posúe o seu propio cómic!!
Hoxe presentáronnolo os seus polivalentes autores!
Parabéns a todos os membros deste creativo Club de Lectura e á súa profesora, María, pola súa creatividade e a súa disposición a profundar e ir máis aló no mundo que a lectura nos revela!



 26 Febreiro

Hoxe, no contacontos, mergullámonos con Alicia no país das marabillas.


Cayetana e Candela () deleitáronnos hoxe co peculiar e
estraño mundo descrito por
Lewis
Carrol para fotografar á sociedade inglesa da súa época. "Alicia no país das marabillas", xunto con "O Principiño", do escritor e aviador francés Antoine-de-Exupéry, seguen sendo as dúas obras da Biblioteca que máis expectación espertan entre os clásicos escritos como crítica ao mundo de adultos da súa época.

En ambas, os seus autores poñen en cuestión as normas, prexuízos e comportamento da sociedade que lles tocou vivir axudándose da candidez, a inocencia e a sinxeleza dos seus protagonistas.

Podería dicirse que son dúas "obras para adultos" polo seu carácter crítico, pero excelentes para ser lidas polo " público infantil" que se ve fortemente atraído polo fantástico mundo no que un "Principiño" ou unha nena chamada "Alicia" (que non levaba moi ben iso de estar sen facer nada e sufre coa monotonía), viven mil aventuras nunha sorprendente contorna no que os obxectos e os animais posúen o poder de falar e actuar.

Esta forte atracción, quedou patente unha vez máis, hoxe, no silencio e a atención reinante na sala mentres Candela e Cayetana poñían voz a todos os seres fantásticos que rodeaban a Alicia ao longo da súa aventura!

Parabéns Candela e Cayetana!

Esperamos vervos e escoitarvos pronto con outro fantástico conto!!

E a todos e todas os que hoxe tiñades algún compromiso ineludible que vos impediu disfrutar esta divertida sesión, lembrámosvos que tedes esta obra dispoñible na Biblioteca. Convidámosvos a lela!



24 Febrero

O profesor Cibrán e o Club de Lectura en "Leolo Comunica"

Todos coñecemos ao profesor Cibrán: o seu bo carácter, a
Gael, guionista de Leolo Comunica,
entrega la invitación de radio a Cibrán

súa resiliencia, as súas clases...

Pero, como é cibrán persoa? Que lle gusta facer? Con que goza cando non está no seu traballo?
Isto é o que poderás coñecer se escoitas a nova emisión da nosa radio.
E, na mesma emisión, o
El Club de Lectura elabora un cómic inspirado
en su lectura "El cazador de Estrellas"
Club de Lectura da profesora María cóntanos que é o que se trae entre mans estes días e dános moi boas razóns para apuntarnos ao Club!

Non o perdas!
Podes acceder a este último programa a través da ligazón:




E lembrade: si queredes aceder ao menú de todas as entrevistas, podedes facelo a través da ligazón:






 24 Febreiro

A profesora Lilly, na nosa radio "Leolo comunica"

Gael, guionista de "Leolo Comunica"
entrega la invitación a Lilly

Na súa sétima emisión, o equipo de "Leolo Comunica"
contou coa presenza da profesora
Lilly. A través das súas preguntas, o equipo pescudou moitos aspectos da súa vida persoal que non nos transcenden, obviamente, no seu traballo diario, a pesar de ser unha persoa moi accesible.

Se queredes coñecer algún destes aspectos, non dubidedes en escoitar a nova emisión de radio. Podedes acceder a ela a través da ligazón seguinte, ou directamente desde o blog de Leolo Comunica:
Ademais, na mesma emisión, atoparedes a referencia a un novo taller de recente creación: o "Taller de Arte", ao que xa fixemos mención nunha entrada anterior deste blog publicada o 17 de Febreiro.
Non vola perdades! Sintonizade Leolo Comunica, a radio que nos une e mantennos informados!




sábado, 24 de febrero de 2024

 23 Febreiro

"¡Fuera de aquí horrible monstruo verde!" e "O gato Lambón" no "Contacontos de familias"

A obra de Patacrua, "O gato lambón", foi unha das elixidas este venres para a sesión de Contacontos de Familia .
Este gato insaciable divertiu ao numeroso público presente co seu voraz apetito e o seu texto encadeado. E, ao finalizar a sesión, o peculiar e "obediente" monstro verde de Ed Emberly, que nos axuda a ver como nós mesmos podemos controlar e desmontar os nosos medos, proporcionou aos pequenos oíntes a oportunidade de gozar creando as súas propias versións, un pouco máis inofensivas ainda que igual de coloridas, do tremebundo monstruo!

Un novo éxito do "Contacontos de Familia" que, segue mantendo a súa audiencia grazas á calidade das presentacións das familias participantes, ás que transmitimos a nosa sincera gratitude pola súa absoluta colaboración e encomiable esforzo.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da sesión e vos invitamos a todos a sumaros a disfrutar da seguinte!



.

 23 de Febreiro

Chegou a esperada data: Hoxe "Recital de Rosalía" na Biblioteca!

Manuel recitando una hermosa poesía de Rosalía
Hoxe a Biblioteca vestiuse de gala para conmemorar o
Día de Rosalía.
O alumnado voluntario, acompañado ao piano pola profesora Águeda, puxo voz ás súas poesías máis emblemáticas impregnando a sala dun ambiente alegre á vez que nostálxico, acorde co carácter e a obra da poetisa.

Pequenos e grandes non quixeron perderse o Recital, polo que, do mesmo xeito que ocorreu o ano anterior, foi tanta a demanda dun espazo para renderlle homenaxe que foi necesario ampliar a convocatoria do recital.

Poderemos gozar dunha segunda parte o vindeiro venres!

Non faltedes! Esperámosvos!

(Xa podedes ver a segunda parte na entrada do 29 de Febreiro!)

viernes, 23 de febrero de 2024

 20 Febreiro

A "Enfermería Literaria" xa comezou a súa misión!

El Equipo de Enfermería restaura
los ejemplares "enfermos"
Cada libro é importante por iso, en ocasións, cando polo exceso de uso ou por unha utilización inadecuada, algunhas follas despéganse, ou se
desencartan as creacións pop-up, ou se desencaixan as encadernacións... estes libros han de ser retirados de circulación para que a súa utilidade volva ser óptima.

Con este fin, se creou a "Enfermería Literaria". A súa misión é reparar e rehabilitar eses exemplares "lesionados" para poder gozar de novo coa súa lectura.

O equipo de cirurxiáns e enfermeiros da Biblioteca comezaron xa o exame e diagnóstico destas obras e traballan sen descanso para rehabilitalas e devolverlles o seu esplendor!

Pero, seguen necesitando da colabración de todos para recuperar todos os libros danados. Polo que, non devolvades aos andeis ningún exemplar que requira un pouco de mimo e ciruxía para recuperar o seu bo estado de saúde. En canto vos tropecedes con algún, por favor, depositádeo inmediatamente na caixa destinada a "Enfermería" .

Contamos con todos vos! . Contamos co voso apoio! Moitas gracias pola vosa colaboración!

E moitísimas grazas ao Equipo de enfermeiros literarios pola súa ardua e minucioso labor!

miércoles, 21 de febrero de 2024

 19 Febreiro

Os "102 Dálmatas" regresan á Biblioteca


Jesús e Maël (B), foron os encargados de traelos na súa sesión de contacontos.

Os pequenos cachorriños correndo novos perigos logran facer sorrir aos máis pequenos unha e outra vez. A tenrura destes graciosos animaliños de Disney coas súas peripecias espertan a empatía dos oíntes que non se cansan de escoitalas. Unha sesión moi divertida e amena.

Parabéns campións! Esperámosvos pronto cunha nova lectura!


sábado, 17 de febrero de 2024

 16 Febreiro

Lembrando a Rosalía

Coa proximidade do 23 de Febreiro,
o expositor da Biblioteca
énchese de cor para ofrecervos a todos, titores e alumnado, as obras máis destacadas de Rosalía.
Os amantes da música e aqueles a os que a lectura lles dá preguiza, atoparán no expositor a súa obra feita melodía na voz e guitarra dun dos seus máximos divulgadores: Amancio Prada.

Non deixedes de botar unha ollada para coñecer ou lembrar o máis coñecido da escritora galega cuxa obra traspasou fronteiras rexionais e nacionais.

Así é. O seu papel relevante como pioneira no s.XIX, tanto como matriarca do idioma galego como de emancipación da muller, levouna a ser engadida pola compañía aérea
Norwegian na lista de personaxes icónicos que desafiaron os límites e normas establecidos, na Historia, as Artes e as Ciencias dos países nórdicos, Reino Unido e España para ser homenaxeados na cola dos seus avións. Como xa o fixera con outros pioneiros como Cristóbal Colón

e Juan Sebastián Elcano, Miguel de Cervantes, Gloria Fuertes e Clara Campoamor, a británica Amy Johnson, o explorador noruegués Roald Amundsen ou a actriz sueca Greta Garbo. No seu 180 aniversario un Boeing 737-800 elevou a imaxe de Rosalía máis aló das máis altas cotas terrestres.

No panorama nacional, a importancia da súa obra literaria tamén quedou patente ao ser elixida para figurar na primeira

Billete con Rosalía (en el reverso, su Casa-Museo)  
emisión de billetes da Monarquía xunto a Clarín, B. Pérez Galdós e J. Ramón Giménez (500, 200, 1000 e 2000 pesetas respectivamente).

No territorio galego, non só queda patente a súa importancia na celebración do Día de Rosalía con motivo do seu aniversario (23 de Febreiro), senón tamén na elección da data para celebrar o Día das Letras Galegas: 17 de Mayo, día no que se publicou unha das súas obras poéticas máis importantes: "Cantares Galegos"(1863).

Caldo de Gloria.
En restaurantes y concursos para
homenajear a Rosalía de Castro
Pero, a súa obra alimenta non só a alma
senón tamén o estómago!: Na "súa terra",
desde Padrón a Santiago, é coñecido
o"Caldo de Gloria".

Un sinxelo manxar de supervivencia que Rosalía deixa por escrito no seu poema "Miña casiña, meu lar" e que desde hai anos, a Fundación Rosalía de Castro integra na ampla gama de eventos dedicados á autora durante estas datas co apoio de cociñeiros e chefs de renome. Mesmo che permite elaboralo na túa empresa ou colexio facilitándoche os aveños necesarios para a súa presentación!

Convidámosvos a que coñezades a axenda de eventos que a
Fundación Rosalía preparou este ano 2024. E se logrades participar nalgunha das actividades facédenolo saber para compartir a vosa experiencia con todos. A continuación facilitámosvos a ligazón da Fundación de Rosalía mediante o cal poderedes
elaborar o seu suculento Caldo de Gloria, participar na Alborada, e coñecer outras datas relevantes como exposicións (O herbario de Rosalía) ou o X certame poético Rosalía de Castro:

https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/dia-de-rosalia-2024/


Feliz Día de Rosalía a todos!



 15 Febreiro

Comezou o  "Taller de Arte"

Una de las primeras manualidades
de la 1ª sesión
 

Tras o pequeno descanso imposto polo carnaval, a Biblioteca retomou o seu ritmo de actividades.

Hoxe, coa supervisión da nosa Xefa de Biblioteca, María (sempre disposta a promocionar e apoiar a innovación e o emprendimento do alumnado), deu comezo a súa actividade un taller moi esperado: o "Taller de Arte".

Está monitorizado por un emprendedor grupo de alumnos que decidiron plantexar a proposta de poñerse ao servicio da Arte compartindo os seus coñecementos de pintura, manualidades...(todas as diversas disciplinas que converxen na Arte), con aqueles compañeiros cos mesmos hobbies. 

Terá lugar os xoves na Biblioteca de Infantil

Non volo perdades!