2 Marzo
Unha visita moi especial ao "Carballo Lector"
Hoxe, o Carballo Lector recibiu a visita dos nenos de 3 anos acompañados da súa titora Rosa.


Todo un honor para o ancián literario Carballo, ao que prometeron vestilo cunhas pouquiñas follas máis coas súas lecturas preferidas, para que luza máis frondoso agora que se aproxima a primavera.
Estamos seguros de que así o farán, pois sabemos de boa fonte que, pese a ser moi pequeniños, a súa bagaxe literaria é xa moi ampla gracias a que os seus pais e avós lles leen moitos contos!
Foi un verdadeiro placer ver o voso entusiasmo e esperamos que sigades facéndolle moitas visitas campeóns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario