domingo, 24 de febrero de 2013

150 ANOS de "CANTARES GALEGOS"

Homenaxe a Rosalía de Castro, escritora e poetisa galega.


O 24 de febreiro de 2013 celébrase o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía "Cantares Galegos".

 
O 24 de febreiro tamén se celebra o aniversario do nacemento de Rosalía.
Nestes vídeos podes escoitar algúns dos seus poemas do libro "Cantares Galegos".
 

 

miércoles, 20 de febrero de 2013

EL VENDEDOR DE HUMO

El Vendedor de humo es un cortometraje de Animación realizado integramente por los alumnos de PrimerFrame.com, promoción de Octubre de 2010.


domingo, 17 de febrero de 2013

KAMISHIBAI 2013

O ano pasado falamos varias veces sobre o Kamishibai, pero o tempo non estirou máis e quedounos pendente este tema.
Por fin, hai algunhas semanas, nenos voluntarios de 3º B reunímonos na Biblioteca e asistimos a unha representación dun primeiro Kamishibai.
Despois asistimos a unhas sesións de visionado doutros nenos que fixeron Kamishibai, que nos aportaron información e algunhas ideas.
KAMISHIBAI 2013 on PhotoPeach
"KAMISHIBAI" significa "Teatro de papel".
É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podes ver na imaxe.
Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...
KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach

Aquí podes ver o vídeo do conto: "O Gato Sol"


PARABÉNS!!! Fixéstelo moi ben.
MOITAS, MOITAS GRAZAS.

miércoles, 13 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013 on PhotoPeach

martes, 12 de febrero de 2013

PROXECTO 2012-13, "A ORIXE: EVOLUCIÓN"

Este curso empezamos un novo proxecto para aprender moitas cousas sobre a orixe da vida e a súa evolución.
As nosas actividades educativas, didácticas, lúdicas... xirarán arredor desta temática tan interesante.
Esperamos aprender e divertirnos un montón ao mesmo tempo.
Aquí podes ver algúns, porque temos moitos máis, dos materiais: libros, documentais, películas, xogos... que contan cousas sobre os dinosaurios, a Prehistoria, Darwin e a súa teoría sobre a orixe das especies, diferentes civilizacións: romanos, celtas, exipcios..., a Idade Media cos seus castelos... e, así, ata que o home puxo o seu pé na Lúa e os novos proxectos da humanidade no descubrimento e a conquista de novos mundos.
Ven á Biblioteca e lévaos!!
PROXECTO 2012-13 "A ORIXE: EVOLUCIÓN" on PhotoPeach



Para saber un moitas, moitas cousas sobre a Prehistoria, a orixe do home, os dinosauros... na Biblioteca podes encontrar libros, películas, xogos, etc...
Aquí tes algúns deles.
Que te divirtas aprendendo un montón!!!
LIBROS PROXECTO "A ORIXE" on PhotoPeach