lunes, 22 de mayo de 2017

4ª QUEDADA LITERARIA

Mañán martes 23 de maio o alumnado de 5º de primaria vivirá una xornada moi especial, xa que terá lugar a 4ª Quedada Literaria no Parque de Castrelos.
Deixámosvos aquí toda a información.
 



sábado, 20 de mayo de 2017

VISITA Á BIBLIOTECA AFUNDACIÓN

O pasado xoves 11 de maio as nenas e nenos de segundo visitaron a Biblioteca Afundación. 
A Biblio do cole é moi chula, pero a estes/as lectores tan entusiastas encántalles descubrir novos espazos de lectura. Tiveron a oportunidade de coñecer libros interesantísimos, puideron compartir cos compañeiros/as momentos de lectura, fixeron o carné e incluso levaron libros prestados.
Ademais, tamén contribuíron a renovar os libros da Biblio intercambiando libros que levaban do cole por libros que tiñan alí. E se non atopaban ningún do seu interese, dábanlle un vale para que puidesen volver noutro momento a coller outro libro do seu gusto. 

jueves, 4 de mayo de 2017

CLUB DE LECTURA: VISITA DE MÓNICA RODRÍGUEZ

A Biblioteca impregnouse onte das cores cálidas do deserto e da nobreza das súas xentes grazas a Mónica  Rodríguez e o seu libro “La bicicleta de Selva”. A autora visitou o noso Club de Lectura, transmitíndonos  a importancia de "ler co corazón" (sentindo  e saboreando cada liña), e a importancia de por o corazón en todo aquilo que se escribe.  Só así, unha historia e uns personaxes sinxelos como é o caso de Selva, poden  rezumar vida e mostrarnos unha inmensidade de mundos e sentimentos  escondidos baixo cada palabra.
Grazas Mónica por animarnos a ler, por ensinarnos a “ler co corazón” e por animarnos a amar a lectura!

BIBLIOPATIO III

A Bibliopatio deste trimestre tivo un toque diferente, xa que esta vez tivemos 
que pensar nunha persoa importante para nós á que realizarlle un dos mellores regalos que se poden facer: UN LIBRO.
Curioso, o alumnado de infantil e primaria, foise achegando ao carriño e escollendo a lectura que máis se axustaba á persoa que tiña en mente. Acompañaron este agasallo dun marcapáxinas no que puideron escribir dedicatorias cargadas de cariño e gratitude.