jueves, 3 de diciembre de 2015

A VISITA DE MARCOS

http://www.banta.es/

Onte, 2 de Decembro de 2015 visitounos Marcos da Asociación BANTA.
Explicounos o que eles fan.
Un grupo de persoas moi solidarias que recollen tapóns de plástico para axudar a nenos con problemas moi graves que non teñen diñeiro.
Eles consiguen ese diñeiro para facilitarlles operacións, cadeiras de rodas... e que poidan levar unha vida un pouquiño mellor.
É unha sorte que haxa persoas como Marcos, e agora podemos seguir o seu exemplo sendo aínda un pouquiño máis solidarios.
Démoslle uns agasallos para a Asociación cunha carta de agradecemento do director en nome de todos nós.
Parabéns a BANTA ! RECICLANDO TAPÓNS on PhotoPeach
..

miércoles, 25 de noviembre de 2015

OS ALUMNOS DE 6º DE INFANTIL TRABALLAN NO MURAL R AO CUBO on PhotoPeach

domingo, 22 de noviembre de 2015

RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIA

Pica na imaxe para coñecer a "Asociación Banta"



domingo, 15 de noviembre de 2015

"EN LA CUNA DEL MAR"

Presentación del poemario de Antonio García Teijeiro de la editorial Creotz en la sala de Biblioteca de la Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Este libro inicia la colección "Hilo de cometa".
Maravillosos poemas de Antonio.
Fantásticas ilustraciones de Xosé. 
Precioso libro, Teresa.

Noticia en Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/11/11/poesia-salada-garcia-teixeiro/1348359.html
Publicación en Facebook de Creotz
https://es-es.facebook.com/creotz/posts/1100436146687480

domingo, 1 de noviembre de 2015

O alumnado de 1ºA e 1ºB xunto coas súas titoras Isabel e Pilar visitaron por primeira vez a sala da Biblioteca "Gonzalo Moure".
 

miércoles, 28 de octubre de 2015

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA 2015-16



martes, 27 de octubre de 2015

R ao cubo : Algúns consellos para reciclar correctamente.

lunes, 26 de octubre de 2015

26-10-2015
Hoxe ábrese a biblioteca do Chouzo. 
Benvidos a todos e todas.

miércoles, 7 de octubre de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA 2015

Ledicia Costas nunha visita ao noso cole. 
A autora do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".

http://blog.xerais.gal/2015/ledicia-costas-premio-nacional-de-literatura-infantil-por-escarlatina-a-cocineira-defunta/
Hai uns días, déronlle o Premio Nacional de Literatura 2015.
Se "clicas" na imaxe poderás ler máis información do blog de Xerais.

jueves, 1 de octubre de 2015

TEATRO 2015


AN ALFAYA. NOVO LIBRO

http://blog.xerais.gal/2015/unha-novela-que-afonda-na-dor-e-no-sufrimento-muros-de-aire-de-an-alfaya/
An Alfaya publicou un novo libro e fíxose a presentación do mesmo hai uns días.
Como ela di, gústalle escribir sobre as súas obsesións nas súas obras e, nesta nova historia fala de dúas delas moi interesantes e de actualidade.
Será un pracer lelo.

http://blog.xerais.gal/2015/unha-novela-que-afonda-na-dor-e-no-sufrimento-muros-de-aire-de-an-alfaya/
Se clicas nas imaxes, podes ver toda a información no blog de Xerais.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

lunes, 21 de septiembre de 2015

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015-16


PROXECTO BIBLIOTECA 2015-16


Proxecto
  “R AO CUBO"
REDUCE, REUTILIZA, RECICLA
    
O proxecto “R ao cubo” ten como finalidade que o alumnado sexa consciente de que o Planeta Terra non nos pertence, que simplemente é un espazo onde debemos vivir en comunidade partindo dun respecto ambiental e social que é fundamental para a mellora e crecemento de todos.
É importante coidar a natureza para poder gozar da súa beleza e dos beneficios que nos ofrece incidindo en que o comportamento abusivo e destructivo por parte do ser humano o único que consigue é que haxa unhas consecuencias terroríficas para a vida da Terra e dos seres vivos que viven nela.
Unha vez máis é un proxecto cargado de investigación e sensibilización pola natureza, os animais, as plantas, e os demais seres vivos. Este traballo tamén nos levará por un camiño de reflexión consciente para enriquecernos a nivel social e persoal.


viernes, 19 de junio de 2015

martes, 16 de junio de 2015

OS SUPERHEROES LEN?

Por suposto !!! 
Sempre hai tempo para ler.


miércoles, 10 de junio de 2015

GUÍAS DE LECTURAS VERÁN 2015






AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO CLUBS DE LECTURA 2015

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares chéganos esta información.
O escritor Agustín Fernández Paz recibiu o Premio dos Clubs de Lectura por ser o escritor máis lido neste curso.

Figura elaborada pola escultora Cuqui Piñeiro especialmente para o Premio dos Clubs de Lectura
Gravación realizada na casa de Agustín Fernández Paz co gallo da concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2015, que lle foi entregado no transcurso da VIII Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 5 de xuño en Compostela. Agustín non puido estar presente e no seu lugar recolleu o premio o seu amigo e editor, Manuel Bragado.  
Porén, os asistentes puideron escoitar ao escritor as súas palabras de agradecemento e unha pequena disertación sobre o poder e a necesidade da lectura. 
 
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

martes, 9 de junio de 2015

VISITA DUN ESCRITOR

Antonio García Teijeiro visitó o noso colexio.
Clica na imaxe para ver a información.

http://pajaritaspapel.blogspot.com.es/2015/06/antonio-garcia-teijeiro.html

lunes, 8 de junio de 2015

SUPERHÉROE ASPACE-HUESCA


Se llama Miguel Montori Arbués y nos ha contado dónde trabaja, cómo es su trabajo y, lo más importante, qué significa para él y cómo lo vive.  
Miguel es el Responsable del Centro de Día para Adultos de ASPACE (Asociación de Paralíticos Cerebrales) de HUESCA.  

Con sus explicaciones, sus respuestas a nuestras preguntas, su buen humor y su forma de vivir su trabajo nos ha dado información para conocer y adentrarnos en un mundo que nos era desconocido y lejano, pero que ahora, gracias a él, nos resulta más cercano, lo comprendemos mejor y hemos aprendido a valorarlo.  
A él le ha gustado mucho nuestro interés por este tema y nos ha incluido en el grupo de sus amigos. Somos "sus amigos de Vigo".  
A nosotros nos ha gustado mucho Miguel y todo lo que representa en nuestra sociedad, en la vida y en nuestro Proyecto.    
Miguel es nuestro SUPERHÉROE.

Haz "clic" en la foto y podrás entrar y visitar el centro ASPACE HUESCA y recorrer sus estancias por dentro. Está muy "guay".
https://www.google.es/maps/@42.120544,-0.409071,3a,75y,139.6h,89.54t/data=!3m5!1e1!3m3!1sA5eNZB_-r7oAAAAGOh2rRg!2e0!3e2!6m1!1e1?hl=es

MIGUEL SUPERHÉROE EN ASPACE on PhotoPeach

El viernes, 5 de junio, vino desde Huesca a visitarnos y a transmitir unos valores sobre una realidad social que él vive con un entusiasmo y una alegría envidiables.
Nos trajo regalos, unos objetos de mimbre que elaboran los usuarios de ASPACE como terapia para ejercitar sus articulaciones y que conservaremos como un tesoro.
Pero el mejor regalo fue verle y escucharle.
Gracias, Miguel.
Eres un buen ejemplo y un gran superhéroe. 




MIGUEL ASPACE HUESCA by Slidely Slideshow

viernes, 29 de mayo de 2015

VISITA DUN ESCRITOR

Hoxe visitou aos rapaces de 6º o escritor Antonio Manuel Fraga.
Foi unha charla moi interesante.
Fixéronlle moitas preguntas.
Firmou tódolos libros do seu premio Merlín 2013.


jueves, 28 de mayo de 2015

II QUEDADA LITERARIA 2015

Hoxe, por fin, reunímonos no parque de Castrelos e celebramos a II Quedada Literaria coordinada por Antonio Fernández Costas coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación de Vigo e a Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas" os seguintes centros educativos:
  • Ceip Emilia Pardo Bazán (Chouzo)
  • Ceip Frián-Teis
  • Ceip Ría de Vigo
  • Ceip O Pombal
  • Ceip Carrasqueira
  • IES O Castro
Alí estivemos compartindo as nosas lecturas en galego desde nenos de 4 anos ata rapaces de 1º da ESO, que fixeron contacontos para tódolos grupos dos nenos máis pequenos.
Tivemos moita sorte!!! Representaron para nós "A que sabe a Lúa" e fixérono moi, moi requeteben.
Logo houbo un tempo para merendar.
E por fin marchamos cara ao fondo dos xardíns do Pazo onde o alcalde dixo unhas palabras de parabéns por esta iniciativa e animando a súa continuidade.
Alí tamén fixemos as sinxelas actuacións que levábamos preparadas.
A nosa consistíu en recitar un poemiña de Antonio García Teijeiro so seu libro "Cacarabín, Cacarabón" .
Ao remate das actuacións, Andrea de Baobab Teatro, coa axuda de varios nenos, dramatizou o conto de "A Ratiña presumida".
Rematamos esta Quedada cantando todos xuntos, dirixidos pola profe de música Mónica Muñoz do Ceip Frián-Teis, a canción de "O libro máxico" de Migallas.


II QUEDADA LITERARIA 2015 by Slidely Slideshow
Saímos en varias noticias de prensa.
E tamén saímos na tele.

sábado, 23 de mayo de 2015

viernes, 22 de mayo de 2015

SOPLA NO FRIÁN-TEIS

Rematamos o percorrido do noso centro nos intercambios de Interteatro no Ceip Frián-Teis onde tivemos un gran recibimento, un público fantástico e uns compañeiros profes fenomenais que dixeron haberse entusiasmado coa nosa obra.
Tamén nós quedamos encantados da nosa visita e esperamos volver.
.

domingo, 17 de mayo de 2015

SOPLA NO CANICOUVA

O venres 15 de maio desprazámonos ata o CEIP Canicouva coa nosa obra de teatro "SOPLA".
Queremos dar as grazas a todo o profesorado e aos nenos por ser un público tan agradecido e, en especial, ao director e aos compañeiros de Interteatro Daniel e Cristina pola acollida tan amable, atenta e agarimosa que nos deron.
Foi un pracer compartir convosco.

SOPLA en Canicouva by Slidely Slideshow

SOPLA NO CONCELLO

O martes, 12 de maio, representamos no Concello a nosa obra "Sopla".
Estabamos un pouquiño nerviosos, sobre todo, os que viñeramos por primeira vez.
Pero tivemos un público moi especial que animounos e aplaudiu moito, moito.

Sopla no Concello by Slidely Slideshow

SOPLA no Concello by Slidely Slideshow

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano, o homenaxeado das Letras Galegas é:
Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Aquí tedes unhas actividades e uns xogos para aprender cousas sobre Xosé Fernando.
Grazas á Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística por achegarnos estes recursos, así como ao Seminario Galán e ao CEIP A Ponte por compartir os seus traballos.
Fai "clic" en PASAPALABRA.
Fai "clic" en TEST XOSÉ FERNANDO.
Fai "clic" en CARTEIS.
Fai "clic" en DÍPTICO.
Fai"clic" en XOGO 1.
FAi "clic" en XOGO 2.
Fai "clic" en XOGO 3.

domingo, 10 de mayo de 2015

INTERTEATRO CANICOUVA 2015

Os alumnos de 4º do CEIP Canicouva acompañados dos seus profesores representaron no noso centro un musical moi divertido e moi chuli.
Fixéronno moi ben.
Rimos moito.
Houbo moitos aplausos.
Queríamos que repetiran un pouquiño máis...
Bravo, rapaces!!!
Sodes uns artistas de Broadway!


Emilia Pardo de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 30 de abril de 2015

INTERTEATRO FRIÁN-TEIS 2015

Os rapaces do Ceip Frián-Teis visitaron o noso colexio para representar a obra "Brancaneves".
Pero non foi o conto que coñecíamos...
Esta era unha Brancaneves moi, moi especial.
Foi moi divertido.
Pasámolo moi ben.
Rimos moito.
Queremos felicitar a todos os nenos que participaron na obra e tamén aos seus profes.
E animámolos a que continuen con esta labor tan enriquecedora.
Moitas grazas Frián-Teis!!!
TEATRO FRIÁN-TEIS NO COLEXIO on PhotoPeach

martes, 28 de abril de 2015

II QUEDADA LITERARIA 2015

Ola, rapaces.
Aquí déixovos un vídeo coa canción que cantaremos todos xuntos para clausurar a xuntanza de Castrelos.
Ide practicando na casa.
O estribillo é moi sinxelo e tédelo que aprender.
Dice así:
"Imaxínate voando nunha alfombra.
Imaxínate cruzando o ancho mar.
Imaxínate cun can saltando á corda.
Imaxínate nunha nave espacial".

domingo, 26 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO 2015

Este curso, entre as actividades que houbo no Día do Libro, temos estas colectivas que gustaron moito aos rapaces.
Clica na imaxe
LIBROS COLECTIVOS on PhotoPeach
intercambio libros on PhotoPeach
APADRIÑAMENTO LECTOR on PhotoPeach
(Información en chouzoblog)