lunes, 31 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL




Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o vindeiro 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen. 
Nesta ocasión, é Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.
GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este material e tamén un concurso de expresión creativa que convoca a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil),  no que poden participar as nenas e nenos dos centros de ensinanza primaria e dos dous primeiros cursos de ESO. Este concurso "INVITA A HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle ás nenas e aos nenos que deseñen unha postal para invitar a Anderssen a visitar e coñecer o sitio no que viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o 2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases). 
(Información da Asesoría Bibliotecas Escolares) 

CLUB DE LECTURA 3º CICLO


domingo, 30 de marzo de 2014

NUN LIBRO...


(Recomendación de Carmen do ceip Saco e Arce)

lunes, 17 de marzo de 2014

CLUB DE LECTURA - MARZO

An Alfaya veu ao noso colexio para compartir cos rapaces do Club de Lectura do 3º ciclo anécdotas e ilusións da súa faceta como escritora.
Contounos como sentiu a necesidade e o impulso de escribir, de contar esas ideas que se ían formando na súa imaxinación.
Eliximos para comentar o seu libro "Down". 
Unha historia moi entrañable chea de valores: amizade, igualdade, solidariedade, tolerancia...
Foi unha visita moi interesante e amena.
Esperamos que volva visitarnos acompañada das súas margaridas azuis... 
Grazas An
AN ALFAYA on PhotoPeach

Tamén os nenos de 2º reuníronse para comentar un libro moi divertido:
"O monstro peludo"
Clica na imaxe do libro.  
   

JACOBO NO COLEXIO

Jacobo Fernández visitou de novo o colexio para falar cos nenos de 2º.
http://pajaritaspapel.blogspot.com.es/2014/03/jacobo-fernandez.html
Fai "clic" na imaxe

sábado, 15 de marzo de 2014

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 4

Para la próxima reunión empezaremos nuestro nuevo relato así:

 
El viernes pasado presentamos nuevos relatos.
Divertidos, fantasiosos, intrigantes...
¡Ánimo chicos! Lo estáis haciendo muy bien.

...Y ASÍ LA RUBIA PELIGROSA... on PhotoPeach

martes, 4 de marzo de 2014

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 3

Los relatos fueron muy buenos. 
Algunos un poco más alegres, otros un poco menos; unos más divertidos, otros muy interesantes. 
Y todos muy emotivos. 
¡Ánimo chicos; lo estáis haciendo fenomenal!
... UN CALCETÍN NARANJA. on PhotoPeach  
Y para el próximo viernes día 14 de marzo terminaremos nuestro relato con esta frase


CLUB DE LECTURA 3º CICLO


ENTROIDO 2014

Este ano tivemos unha novidade.
Tivemos un Meco totalmente artesanal.
Quedou fantástico.
Noraboa aos artistas!!!