martes, 30 de agosto de 2011

FESTA BIBLIOTECA 2011

E aquí temos os merecidos regalos para os bibliotecarios e os máis lectores do colexio.
FELICIDADES!!!
FESTA BIBLIOTECA 2011 on PhotoPeach

domingo, 28 de agosto de 2011

LETRAS GALEGAS

Visita de ANXO FARIÑA para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Os máis pequenos do colexio tivemos a sorte de recibir a Anxo Fariña quen nos fixo pasar un bo intre coas súas historias e os seus orixinais debuxos.
Fixo dúas sesións: unha para os alumnos de Infantil de 3 e 4 anos e outra para para os de 5 anos e 1º de Primaria.
Con todos eles conectou moi requetebén conseguindo colaboración, participación e moito entusiasmo.
A todos fíxosenos pouco, pois houbésemos querido seguir durante máis tempo escoitando, debuxando, aprendendo e gozando con este ilustrador-escritor tan fantástico e divertido.
Deixounos esta dedicatoria
Pedirémoslle que volva noutra ocasión.

CREANDO PERSONAXES CON ANXO FARIÑA on PhotoPeach

viernes, 26 de agosto de 2011

RECOMENDANDO LIBROS


Se queres recomendar ese libro tan "guay" que tanto che gustou, colle unha ficha na biblioteca e escribe contando que libro recomendas e por que che gustou tanto.
Tamén podes lernos a túa ficha nalgún recreo.
Estas son as nosas recomendacións.

RECOMENDANDO LIBROS on PhotoPeach

lunes, 22 de agosto de 2011

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS

Nesta ocasión, este grupo de bibliotecarios xuntámonos no ceip A. R. Castelao en Navia e foron Patricia e máis Pilar quenes nos recibiron e acolleron na súa pequena-gran Biblioteca.
Unha Biblioteca moi acolledora, moi coidadiña, moi traballada, moi, moi, moi encantadora como as súas responsables.
Como vedes, falar de libros e de bibliotecas é importante. Pero se o acompañamos dunhas boas viandas, resulta moito máis agradable. E, nesta ocasión, as viandas témolas que agradecer a Mónica.
Todas as persoas que non puideron asistir este día non deixaron de ter o seu sitio connosco. 

REUNIÓN EN A. R. CASTELAO on PhotoPeach

domingo, 21 de agosto de 2011

TEATRO no VAL MIÑOR

Os nenos do 1º ciclo asistiron á representación da obra "Os Músicos do Val Miñor", unha marabillosa e orixinal adaptación do conto "Os músicos de Bremen".
Os alumnos discapacitados do centro Juan María en colaboración cos alumnos do IES Escolas Proval fixeron unha magnífica interpretación escénica e musical.
Preme na imaxe do programa e na palabra "Fotos" para ter máis información deste fatástico proxecto.

domingo, 14 de agosto de 2011

FAHRENHEIT 451

Este curso participamos no proxecto "Salvando libros" inspirado na famosa novela "Fahrenheit 451".

Este libro escribiuno Ray Bradbury hai moitos anos, en 1953.

Trata dunha sociedade no futuro na que os libros están prohibidos.
Non se pode ler nin ter libros.

Montag é un bombeiro coa misión de queimar libros xa que, segundo o seu goberno, ler impide ser felices porque chea de angustia. Ao ler, os homes empezan a ser diferentes cando deben ser iguais, o cal é o obxectivo do goberno, que vela por que os cidadáns sexan felices para que así non cuestionen as súas accións e os cidadáns rendan nas súas labores.

Empeza a xerar en Montag a dúbida sobre se verdadeiramente é feliz. O xefe de Montag, dille que os libros só serven para facer sentir mal ás persoas

Montag acode a un incendio no que había que queimar unha casa dunha muller anciá que tiña unha biblioteca. Antes de botar o petróleo, Montag toma un libro e lévallo escondido.. A vella non só se rehúsa saír da súa casa, senón que é ela mesma quen lle prende lume cun misto, pois ela pensa que é mellor morrer cos seus libros que vivir na ignorancia. Isto impacta máis a Montag e faille pensar en canto han de valer os ideais polos que loita aquela xente, cousa que evidentemente aumenta a súa curiosidade.

Montag tiña unha colección de libros escondida, froito dunha curiosidade que incrementara.

Soa un aviso de alarma e marchan a atendela. Cando chegan ao lugar Montag ve arrepiado que é a súa propia casa.
Montag foxe. A pesar de que se organizou unha intensa procura por parte das autoridades, Montag logra escapar ao bosque, dando cun grupo de persoas chamados homes libro, que resultan ser académicos dirixidos por un home chamado Granger. Granger cóntalle que a misión deles é ir polos bosques, tendo coñecemento dos libros e memorizalos para transmitilos oralmente e así, un día, poder imprimilos.

É unha novela moi interesante.

Se queres saber máis da obra ou do seu autor fai "clic" nos seus nomes ou nas imaxes.
"Fahrenheit 451 é a temperatura á que o papel dos libros se inflama e arde."



FAHRENHEIT 451 on PhotoPeach