lunes, 1 de julio de 2019

21 de Xuño

Un consello: Ler.  Pero, que ler ?

Chegan as vacacións, e con elas, o tempo libre. Os momentos propicios para a lectura multiplícanse: na viaxe en tren, metro (ou mesmo no vitrasa!),  cando a paisaxe hai xa tempo que non cambia!; na praia, cando é momento de facer un paréntesis entre ola e ola!; na casacando é hora de relaxarse!; na montaña, cando xa acadamos os obxectivos da xornada!... 

Por iso, para eses momentos, aquí vos deixamos  algunhas suxerencias de lectura e un bo consello.

  • O noso consello:  Dado que un bo libro pode ser o teu mellor amigo, (non protesta, perdoa a túa imputualidade, non te falla cando o  necesitas ao teu lado, só te deixa abandonado cando ti o afastas de ti e o pechas, sempre ten algo que ensinarte, adáptase ao teu humor ...), alá donde vaias, leva sempre un bo libro contigo. Leva un bo amigo.
  • E algunhas suxerencias de lectura:




O Equipo de Biblioteca desexa:
Un moi bo descanso estival a todas as persoas que conforman a nosa Comunidade Educativa!
E agradece a todos a súa comprensióncolaboración e paciencia ao longo de todo este curso que finaliza.
Moitas gracias!
Feliz Verán!

21 de Xuño

Feliz verán!

Disculpade o retraso destas últimas entradas. As dificultades técnicas dos programas editores e o servidor impediron a puntualidade.


A Biblioteca pecha as portas
Talleres de Ecritura Creativa, Clubs de Lectura, Pase de Documentais e debates, Concursos, Lectura de contos, Presentación de librosSesións de Animación á Lectura, Visita de Autores, Exposicións...  todo isto que xa fixemos neste curso, e moitas propostas novas a descubrir vos esperan a todos no próximo curso.
Acumulade moita enerxía para participar, suxerir, colaborar... como Auxilares, como participantes e como usuarios activos da vosa Biblioteca!

          O Equipo de Biblioteca vos desexa 
                                    a todos 
                               un feliz verán! 
                      Esperámosvos de novo! 
                          Contamos con todos!

21 Xuño

Festa de Auxiliares de Biblioteca!

La profesora Pilar con sus laboriosas Auxiliares más benjaminas
Chegou  o momento de dicir adeus a todos os colaboradores que ao longo do curso puxeron todo o seu empeño en axudar ao Equipo para que o uso da Biblioteca fose o máis agradable e eficaz posible. 
  En recoñecemento á súa importantísima colaboración ao cambiar, voluntariamente, un momento de xogo no patio, por un momento de "traballo  común" na Biblioteca polo ben de todos os seus usuarios, fíxoselles entrega dos seus merecidos certificados e uns pequenos agasallos.  

Foi un momento de alegría para todos os Auxiliares... Ainda que, houbo alegría e... algunha "lagrimiña"! entre as Auxiliares que no próximo curso non estarán xa connosco. Ímolas votar moitísimo de menos!  Sofía, Elsa, Xián, Xiana, Carla, ... A todos, moitísima sorte no voso novo grupo de compañeiros! Non deixedes de irradiar a vosa enerxía e alegría alá donde vaiades! 


 Moitas gracias a todos, de corazón!

O Equipo de Biblioteca tamén quixo impulsar a actitude positiva que supón o participar nos concursos externos dos que se fai eco a Biblioteca, coa entrega dun pequeno agasallo acorde co interese do seu participante.
 Noraboa, campión.  
Esta é soamente unha mostra do moito que podemos acadar con esforzo e ilusión.  
Motísimo ánimo!!!




  21 de Xuño

Entrega de Premios!

Pola incompatibilidade nas datas para xuntar aos premiados no mesmo día, ao ser alumnos de diversos cursos que participan, cada un deles, en actividades diferentes, designouse este día de festa para a entrega conxunta de premios dos concursos celebrados ao longo do curso. E aínda así, algúns agasallados estiveron ausentes! Dos máis de 50 premios, algúns foron as mans do mesmo alumno ao participar en todas as propostas da Biblioteca. Grandes exemplos! 
    Recibiron o seu premio os participantes no concurso "¿Cuánto sabes sobre tus derechos y cuánto estás dispuesto a aprender?". Celebrado nos meses de Novembro e Decembro con motivo das celebracións: "Dereitos do Neno", "Dereitos Humanos" e "Constitución Española",  e co obxectivo de animar ao alumnado a  investigar sobre os seus dereitos e deberes
  Así mesmo, o recibiron os participantes no concurso sobre Literatura Clásica, celebrado no mes de Abril, con motivo do "Día do Libro". Co obxectivo de animar ao alumnado a ler pero, sin esquecer, votar unha ollada de cando en vez ás obras clásicas máis importantes.
      E, tamén, os participantes no concurso "Canto sabes sobre Vigo?", proposto para recoñecer o traballado ao longo do curso sobre o Proxecto.

Coa súa característica sonrisa e afabilidade, a nosa DirectoraConchi, e a nosa Xefa de EstudiosPatri, con palabras de cariño e felicitacións, e apoiadas por un público disposto a aplaudir con efusividade aos seus compañeiros, fixeron entrega dos premios aos ilusionados afortunados, algúns dos cales chegaron a acadar incluso 3 premios pola súa pródiga participación!!! 
aquí vos deixamos algunhas imaxes resumo do divertido acto.





Elsa recogiendo su tercer premio!
 Noraboa a todos!
Seguide así: ávidos de coñecementos, dispostos a investigar e divertirvos!

Así de cargados saíron algúns dos premiados
Vémonos nas próximas edicións!

20 de Xuño
Clausúranse as sesións do Pasapalabra de Vigo!

Fixeron os honores os ousados equipos de 6º que, empapados de emoción pola longa espera destes días, e con tremenda ilusión, non quixeron perderse un segundo de concurso, pese á implacable intervención do timbre que lles avisaba do seu final!
aquí vos deixamos algúns momentos da sesión.




Noraboa a todos os osados Equipos!

19 de xuño

Chegou o día tan esperado: O PasaPalabra de Vigo

Tras algúns imprevistos que obligaron ao seu cambio de data, por fín, iniciáronse as esperadas sesións do PasaPalabra de Vigo coa profesora Pilar

Estreáronas os máis ousados equipos de 2º A.

Con eles, poidemos vivir unha divertida sesión chea de humor e tamén, como non?, con momentos de tensión nos que as travesas palabras facíanse un ovillo na lingua e negábanse a saír, naturalmente, por mor da emoción e a presión do tempo!


Aquí vos deixamos un breve resumo dalgún dos momentos do concurso.



             Enhoraboa campións!