29 Marzo
A importancia de ler e a solidaridad lectora: Faro de Vigo e Amazon
“O primeiro que hai que facer para escribir ben é ler”.
Antonio García Teijeiro anima ao alumnado a ler |
Con estas palabras animaba o Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil Antonio García Teijeiro ao alumnado dun dos CEIP
participantes na V Edición de Faro da Escola.
Un proxecto que Faro de Vigo desenvolve desde hai 5 anos co obxectivo de
acercar a prensa ao alumnado da cidade de Vigo e arredores, ainda que, nesta
última convocatoria, entre os 66 ceip participantes, a inscripción do ceip boirense de Escarabote ampliou as fronteiras da edición!
Faro da Escola leva aos rapaces a converterse en auténticos periodistas e
guionistas das súas propias historias. Unha labor de equipo reseñable xa que,
ademáis da investigación oportuna que precede a escribir sobre calquera noticia
ou tema, deben practicar a posta en común das ideas, acostumbrase á toma de decisións finais, e buscar o modo de chegar a
acordos conxuntos nos aspectos nos que hai disensións, para que as noticias
elexidas presenten un verdadeiro “look” periodista cando, ao cabo de 6 meses, se
presenten á rotativa para a maquetación.
Na “xira” polos centros participantes Antonio García Teijeiro
recibiu o afecto de profesores e alumnado, e a cambio, él lles regalou os seus
sabios consellos e lles revelou algún secreto. Así souberon que a súa palabra
preferida é precisamente a palabra “palabra” porque, según o autor, vivimos nun mundo de palabras; que é
moi importante escribir sobre aquilo que nos gusta e tamén sobre aquilo que
vemos e non nos gusta; e que para facelo é moi importante ler.
Ben, pois estamos a vivir uns días propicios para escribir. Escribir sobre o positivo de esta situación que nos obliga a permanecer na casa e sobre o negativo que iso comporta. Practicade a ortografía, a expresión de opinións... E como para escribir, e facelo ben, tal como di o poeta amante das palabras, Antonio G. Teijeiro, é importante ler moito, aproveitade para collerlle
gusto á lectura. Ler sos, ler en compañía, lerlle a vosos irmáns máis pequenos,
lerlle a vosos avós, ler cos demáis alternando párrafos ou diálogos de personaxes, ler os
contos que máis os gustan, ler contos novos, ler..
E si non tedes nada novo que ler, aquí vos deixamos un
enlace de amazon. A empresa cancelou a suscripción de libros de todas as idades e, mentras dura a loita contra o COVID-19, todas as historias poden escoitarse de modo gratutito accedendo no ordenador, no teléfono ou tableta co enlace:
E para que os adultos poidan manterse informados das últimas novas, Faro de Vigo
asumindo a responsabilidade social que sempre o caracterizou, habilita o acceso gratuito durante 30 días á área FDV+ que ata ahora era exclusiva para suscriptores digitales, coa posibilidade de ampliar dito plazo en caso de ampliarse o estado de alarma. O rexistro é gratuito e non implica posterior suscripción.
Podedes ver a información en:
Un bo xesto para facer máis fácil a espera do fin desta loita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario