lunes, 24 de junio de 2013

GUÍA DE LECTURAS - VERÁN 2013


Fai "clic" na Guía de Lectura para ver máis grande e mellor.

DESPEDIDAS

Os alumnos de 6º remataban a súa estancia no colexio e, orientados pola profe Luz, quixeron facelo ofrecendo un pequeno espectáculo de despedida.
Tanto os alumnos de 6º A como os de 6º B dixeron unhas palabras de agradecemento aos profesores que tiveron ao longo dos 9 anos, aos demáis profes aínda que non lles deran clase directamente.
Tamén fixeron un entrañable resumo do seu paso polo centro.
Foi moi emotivo.
Tan emotivo que, á hora de ir a comer, aínda choraban.
Choraban os que marchaban, os que quedaban...
Foi un verdadeiro mar de bágoas.


Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

Os alumnos de 2º visitaron a Biblioteca pública más cercana ao  colexio.

Fai "clic" na imaxe

domingo, 23 de junio de 2013

TÍTERES EN ACCIÓN

Hai uns días, o pai dun neno do cole fixo unha fermosa e divertida animación.
O espectáculo titulado "Títeres en acción" foi destinado ao alumnado de infantil que o pasaron moi ben.

Fai "clic" na imaxe

BIBLIOTECARIOS REUNIDOS 2013

Neste curso 2012-13 que xa remata, fixemos varias reunións de bibliotecarios.
Ademais da reunión no noso centro Emilia Pardo Bazán (Chouzo) no mes de xaneiro, reunímonos nestes outros centros:
  • CEIP Coutada-Beade
  • CIFP Manuel Antonio
  • CEIP Escultor Acuña 

Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos

Na última reunión no Escultor Acuña falamos de libros para recomendar e acordamos que, na próxima reunión no mes de outubro, elaboraremos a Guía de Lecturas de Nadal.

sábado, 22 de junio de 2013

DIPLOMAS DO CONCELLO

Debido a un contratempo os diplomas do Concello chegaron uns días máis tarde, pero chegaron.
(Se clicas nas fotos poderás velas moito mellor)





jueves, 20 de junio de 2013

CLUB DE LECTURA, XUÑO


Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos

E aumentamos o grupo do club, así que tamén, damos a benvida a Maca!!

Polo contido e a temática do libro "Isha, nacida do corazón", tamén falamos destes deuses hidúes:

Shivá
Segundo os textos escritos polos discípulos de Patañjali, o deus Shivá ensinou, por primeira vez, o ioga á súa esposa Párvati mentres un narval ou delfín do río Ganxes o escoitaba. 
Para saber máis clica aquí.

Durga
Durga na mitoloxía hindú é a deusa da guerra e a destrución, unha das manifestacións de Parvati, cuxo nome en sánscrito significa "a Inaccesible" ou a "a Invencible".
Para saber máis clica aquí
Yama
Yama é o deus da morte, señor dos espíritus dos mortos e gardián do inframundo.
Para saber máis clica aquí.
 
Ganesha

A tradición conta que Ganesha era orixinalmente un neno que coidaba a entrada á habitación da súa nai.
Para saber máis clica aquí.
Agni
El é o deus do lume, o mensaxeiro dos deuses.
Para saber máis clica aquí.


domingo, 16 de junio de 2013

INTERCAMBIOS INTERTEATRO 2013

O noso centro recibiu aos alumnos do ceip Celso Emilio Ferreiro e aos do ceip Alfonso R. Castelao.


By Slide.ly - SlideShow Maker

Os nosos artistas representaron no ceip Celso Emilio Ferreiro, no ceip Carrasqueira e no noso centro.

By Slide.ly - SlideShow Maker

lunes, 10 de junio de 2013

INTERTEATRO 2013

Como en anos anteriores, o colexio Emilia Pardo Bazán participou no intercambio de obras de teatro con outros 18 centros educativos e tamén participou co Concello de Vigo na IV Mostra de Teatro Escolar en colaboración coa Escola Municipal de Teatro.




By Slide.ly - SlideShow Maker


By Slide.ly - SlideShow Maker


Tacto from Emilia Pardo Bazán on Vimeo.


O Sorriso Roubado from Jorge Lorenzo on Vimeo.


By Slide.ly - SlideShow Maker

By Slide.ly - SlideShow Maker

martes, 4 de junio de 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

En conmemoración do Día Mundial do Libro, e cun pouquiño de retraso a causa do mal tempo, fixemos este ano unha actividade de Contacontos na que participaron todos os alumnos do colexio.
Cada neno maior "apadriñou" a outro máis pequeno.
Contoulle un conto de misterio.
Ou un conto de amizade.
Ou un conto de medo.
Ou un conto de risa.
Ou algún poema bonito.
Ou...
Leron, leron, leron...
Escoitaron, escoitaron...
Foi moi divertido, fenomenal, gustounos moito.
Que Guay!!!

By Slide.ly - SlideShow Maker