sábado, 29 de febrero de 2020

24 Febreiro

Todos volcados no Día de Rosalía


O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago Rosalía de Castro. A súa vida e as súas obras, (nas cales quedan claramente reflectidos o seus máis profundos sentimentos) estiveron sempre ligados ás cousas e xentes da súa terra.

Para Galicia é un referente polo seu legado: deu voz ao galego e ás mulleres nun século XIX moi complicado.

Teatro Rosalía de Castro 
de Vigo 1910

Por iso, cada 24 de Febreiro, todas as asociacións culturales e institucións públicas
galegas
dentro da Comunidade  (
ou fora dela,noutros lugares da Península como na Universidade de Valencia), organizan actos de homenaxe na súa memoria: recítanse as súas máis coñecidas poesías, cántase na súa honra, fanse ofrendas florais e representacións teatrais, ofrécense charlas... e repítese o seu nome e a súa gloria en todos os recunchos da nosa xeografía nos que non falta ao menos unha rúa, avenida, praza, centro cultural, teatro ou institución local que leve o seu nome. 

En Santiago, esta longa lista de eventos se viu ampliada este ano cunha nova celebración do " Festival Rosalía". Unha Feira organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña  na que participan 8 empresas que fabrican e comercializan produtos coa marca "Rosalía" (camisolas, bixutería, libros, cadernos...) e na que este ano se presentaba á protagonista en forma de heroína.

Rosalía de Castro y
Modesto Brocos  paseando por Vigo

En Vigo, nunha representación teatral polas rúas, unha Rosalía de Castro "inclusiva" "regresou do pasado" cunha intérprete da linguaxe de signos e en compañía do pintor, escritor e grabador Modesto Brocos, (a quen debemos agradecer o único retrato que temos dela en vida, e que podemos ver, colgado nunha parede da súa casa de A Matanza, entre algúns dos cadros do seu fillo pintor Ovidio).
No seu recorrido polo centro da cidade, Rosalía falou cos sorprendidos viandantes sobre os temas que a ela lle preocupaban e que siguen estando en vixencia: o matrimonio, a igualdade, o traballo e a emigración. Na Rúa Real fixo parada na imprenta Juan Compañel, na que se imprimiu en 1863 a primeira edición da súa célebre obra "Cantares Gallegos".
Neste vídeo podedes ver un resumen da súa visita:
Se non podedes velo directamente, premede neste enlace: 
https://videos-cdn.farodevigo.es/multimedia/videos/2020/02/24/195652/paseo-rosalia-castro-1_m.mp4

Os asistentes tamén lle devolveron un xesto de cariño en agradecemento pola súa presencia, cantándolle o poema que lle dedicara Curros Enrríquez: " No bico un cantar":

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
  -   Manuel Curros Enríquez

Aquí  podedes escoitar o citado poema que Curros Enríquez, lle compuxo a Rosalía, musicado polos alumnos do IES Antón Fraguas na súa homenaxe.



 Fermosa  interpretación!
Noraboa rapaces!


Para todos aqueles que non dispoñemos dun don tan apreciable como este grupo de rapaces, podemos acudir á  axuda dos seguintes enlaces, nos que podemos cantar cos nenos nun divertido karaoke inclusivo,  a poesía máis coñecida e versionada de Rosalía: "Adios ríos, adios fontes":

Ben,  co vídeo elaborado polo CEIP "Anxo da Garda" da Coruña no 2015acompañando os pictogramas  coa voz de Amancio Prada, para collerlle mellor o tono,:

Se non podedes velo premede neste enlace: https://youtu.be/Csu_5gkAitM

Ou ben, os máis osados, cun karaoke de pictogramas meramente musical sen acompañamento vocal, que ven de publicar o CEIP "Os Muiños" para este  curso  2019/20:

Se non podedes velo premede neste enlace: https://youtu.be/0LktkiqrjFc


Noraboa aos dos colexios pola súa obra!

E a pasalo ben cantando con Rosalía!!!!

Moitas gracias a nosa  compañeira Pilar
a quen non se lle escapa unha soa nova!
Gracias por manternos ao día de todo o que acontece ao noso  ao redor e en toda a nosa Comunidade!










24  Febreiro


De "Lavacolla" a "Rosalía de Castro". A poetisa xa ten aeroporto. 

Aeroporto Rosalía de Castro - Santiago de Compostela

Dado que desde 20017, Rosalía de Castro xa está presente en moitos aeroportos do mundo gracias a compañía Norwegian,  é lóxico que, ese mesmo ano, todas as institucións implicadas (autonómicas e central) se decantaran por porlle o seu nome ao emblemático aeroporto compostelano de Lavacolla, pasando a chamalo Aeropuerto Rosalía de Castro.  
Literatura: Franz Kafka

 Apelar a personaxes recoñecidos da política, da música u da literatura para denominar aos aeroportos ou cambiarlles o nome é algo que seten feito en moitas cidades do mundo. Aí están como coñecidos exemplos, os aeroportos internacionales:
  Franz Kafka de Praga. Dedicado ao seu bohemio escritor,  pionero na fusión de elementos realistas e fantásticos e cuxa obra é unha das máis influentes da literatura universal. 
Antonio Carlos Jobim de Río de Janeiroen homenaxe ao músico brasileño. Coñecido tamén como Aeroporto Internacional de Galeão.  
   - Louis Armstrong de Nueva Orleans, en homenaxe ao universal trompetista. Coñecido antigamente como aeroporto Moisant Field   
Música: Louis Armstrong
Francisco Sá Carneiro de Oporto, dedicado ao político e primer ministro de Portugal. Anteriormente era coñecido como o Aeroporto de Pedras Rubras.
- John F. Kennedy  de Nueva York, dedicado ao seu emblemático presidente. Orixinalmente coñecido como o Aeroporto Idlewild.
Política: John Fitzgerald Kennedy


Pierre Elliott Trudeau de Montreal, dedicado ao político canadiense, 15.º primer ministro de Canadá.
- Humberto Delgado de Lisboa, en honor a "o xeneral sen medo" como o denominaban os sus partidarios, o militar e politico portugués que se opuxo á dictadura de Salazar.  Tamén chamado Aeroporto de Lisboa o Aeroporto de Portela. 
Charles de Gaulle de Paris. Dedicado ao xeneral e estadista francés que dirixiu a resistencia francesa contra a Alemania nazi na Segunda Guerra Mundial e presidiu o Goberno Provisional da República Francesa de 1944 a 1946 para restablecer a democracia en Francia. Tamén coñecido como Aeroporto de Roissy.
Sirvan estes como exemplos pois a lista sería moi longa.

Tamén en España se rinde honor a algúns dos seus ilustres ciudadanos. Por exemplo:
- el Aeropuerto Federico García Lorca Granada-Jaén 
- el Aeropuerto Adolfo Suárez Madrid-Barajas
- el Aeropuerto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat

e agora tamén  Aeroporto Rosalía de Castro

Unha boa decisión!



24 de Febreiro


Rosalía de Castro sobrevoa os Campos Elíseos, o Coliseo romano, a Galería Thiel de Estocolmo ou a Sirenita en Copenhague 


Rosalía de Castro surca o ceo de Estocolmo a Roma,
de París a Copenhague
No ano 2002 a compañía aérea Norweigian comenzó a decorar o alerón de cola dos seus avións ca imaxe de personalidades noruegas que fosen pioneiras, que rompesen esquemas, que marcasen un camiño que puidesen seguir os demais. (Tal vez, como reflexo do seu propio nacemento, pois xurdiu como compañía aérea "rompendo" o monopolio aéreo que imperaba no país).
O seu obxectivo con este "museo aéreo", era rendir homenaxe a persoas pioneiras do ámbito da historia, as artes e as ciencias (arquitectura, arte, música e entretemento, loitadores pola liberdade, ciencia, deporte e un dos que máis integrantes teñen: literatura).
Clara Campoamor
Mais tarde incorporan personaxes dos demais países nórdicos (Suecia, Dinamarca, Finlandia), do Reino Unido e de España (os países cos que opera a compañía)
Decoraban as súas colas autores de literatura infantil e xuvenil: Hans Christian Andersen, Selma Lagerlöf, Roald Dahl, a pioneira británica da aviación Amy Johnson, o explorador noruegués Roald Amundsen, a
Gloria Fuertes
actriz sueca
Greta Garbo, a escritora danesa Karen Blixen, a escritora e activista finlandesa Minna Canth, a legenda do rock Freddie Mercury, ...
Foi en novembro de 20015, cando incorporaron a primeira personalidade española. A serie estreouse con Colón como descubridor do Novo Mundo e seguíronlle figuras como: Miguel de Cervantes, Paco de Lucía, Félix Rodríguez de la Fuente, Benito Pérez Galdós, Santiago Ramón y Cajal, Gloria Fortes, Clara Campoamor, Juan Sebastián Elcano.
E xa no 2017, coincidindo co seu 180 aniversario, elixiron a: Rosalía de Castro, para "bautizar" o novo Boeing 737-800 matrícula EI- FVL, fabricado en EEUU, que se incorporaba
Félix Rodríguez de la Fuente
nesa data á súa notable frota na que 85 naves estaban xa decoradas (5 delas con figuras españolas. Rosalía era a 6ª!).
Segundo Miguel Urresti, responsable de márketing de Norwegian en España, a incorporación da figura de Rosalía de Castro á frota de Norwegian quere reivindicar o seu dobre papel pioneiro: por unha banda na recuperación do galego como lingua de cultura e o seu papel como matriarca das letras galegas, e polo outro, na emancipación da muller ”.
Aquí vos deixamos a clara motivación da compañía para elexila.


 Bravo pola compañía!
Brabo pola súa labor de expansión da cultura 
e dos bos exemplos históricos!

Dámoslle as gracias á profesora Elsa 
por manternos ao día!







viernes, 28 de febrero de 2020

24 Febreiro

Rosalía de Castro. Unha poetisa, unha estrela... e por que non, talvez tamén a "Árbore Europea do 2020"?

"Figueira de Rosalía de Castro"
candidato "Árbol Euroeo 2020"

A pegada de Rosalía transcendeu máis aló do terrestre cando o pasado 17 de Decembro, o seu nome e o seu recordo quedaron gravados no firmamento en forma de estrela.
Pero, a súa presencia é imparable.


No 2011 a Environmental Partneship Association, creou o concurso da "Árbore Europea do Ano". O concurso consta de 4 fases a través das cales, cada participante (sempre co  consentimento do seu propietario, naturalmente é condición indispensable), vai engrosando unha lista de exemplares de entre os cales se elixirá a "Árbore de España do Ano", primeiro, e que será o proposto polo noso país na seguinte fase para o título honorífico de "Árbore Europea do Ano".
O obxectivo do devandito concurso é destacar as interesantes árbores vellas como un importante patrimonio natural e cultural a apreciar e protexer. As árbores centenarias, testemuñas da Historia, o clima e respecto dos pobos, pasan a ser os protagonistas cunha condición: non é a beleza, o tamaño ou a idade senón a súa historia e a súa conexión coas persoas o que conta. É o feito de haberse convertido en parte integrante da comunidade, do pobo, que o presenta a concurso, o que lle fará merecedor dunha praza de aspirante a ser "un especial" entre os millóns de todo o planeta. España propuxo algúns dos seus máis fermosos e peculiares exemplares. E entre eles cóntase algún galego.
Pino Araucano del 
Castillo de Sotomayor
 
candidato 2019
Na edición de 2019, presentouse como un dos aspirantes o "Piñeiro araucano"( Araucaria imbricata) do parque do Castelo de Sotomayor
Nesta edición, entre os 7 aspirantes españois a Árbore de Europa 2020, atópase novamente un galego que por historia e vinculación á súa comunidade ben se merecería devandito galardón: a Figueira de Rosalía de Castro!!
Como explicación do motivo de presentala ao concurso figura na súa ficha:
" La creencia popular habla durante todos estos años que esta higuera pudo ser plantada por la propia escritora o personas de su familia. Teniendo un gran arraigo entre toda la vecindad de Padrón, de Galicia, y de todas las personas que conocen la figura de Rosalía de Castro, llegando a conocerse a este árbol como ¡A Figueira de Rosalía’ (la Higuera de Rosalía).

E incorpora ademáis o coñecido fragmento da súa poesía: 
Esta higuera se encuentra en el jardín de la Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón, escritora gallega de gran relevancia.
Rosalía de Castro escribió en su libro ‘Cantares Gallegos’ en su poema ‘Adiós ríos; Adios Fontes’ los siguientes versos:

‘Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei’


Vos deixamos un enlace para os que querades saber máis sobre as árbores candidatas deste ano. Pinchando en cada nome da lista ábrese a información do exemplar.
https://arboleuropeo.es/estos-son-los-candidatos-a-arbol-del-ano-en-espana-2020/

Non desaproveitedes a oportunidade de coñecer máis
sobre a nosa espectacular flora!

Esperemos que haia sorte e teñamos un símbolo máis da importancia da nosa poetisa, máis alá das nosas fronteiras!!








24 Febreiro

"Rosalía de Castro". Unha poetisa con estrela.

La estrella"Rosalía de Castro"
y su planeta "Río Sar"
Desde os máis pequenos aos máis anciáns, todos en Galicia saben quen é Rosalía de Castro. 
Para os menos eruditos unha visita a Wikipedia, basta para saber que se trata de: "Unha poeta e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán".

Pero desde este pasado 17 de Decembro (2019), o nome de "Rosalía de Castro" transcendeu o ámbito terreal para alumarnos coa súa luz desde o Universo. Unha estrela na constelación de Offiuco leva o seu nome. E o seu planeta, leva o nome do seu río preferido: "Río Sar", o afluente do rio Ulla ao que a súa obra fixo universalmente coñecido.
 Así é, Rosalía de Castro e o Rio Sar , xa teñen pegada no espazo!
Constelación en la que se integra
"Rosalía de Castro"
 Dentro dos actos de conmemoración dos 100 anos da Unión Astronómica Internacional ( UAI), un dos proxectos máis populares foi o NAMEEXOWORLDS, onde cada país dos 112 que se integran na UAI pode designar un nome para novos exomundos: estrelas e planetas novos descubertos polos astrónomos.
En 2015 realizouse un primeiro concurso internacional para dotar de nomes a varias decenas de exomundos. Ese ano a proposta da Sociedade Española de Astronomía, o Planetario de Pamplona e o Instituto Cervantes foi a de nomear a unha estrela co nome de Cervantes, dando aos seus catro planetas os nomes de Quixote, Sancho, Dulcinea e Rocinante. Resultou ser unha das máis votadas internacionalmente. De modo que, desde entón, contamos con esa estrela Cervantes e os seus planetas no ceo austral.
Aquí deixámosche un interesante vídeo sobre a elección de nomes e a estrela Cervantes creado con tal ocasión:
https://vimeo.com/217470094

En 2019, de entre os máis de 4000 sistemas exoplanetarios que coñecemos, a España correspondéronlle a estrela e o planeta HD149143 e HD149143 b.
Os nomes da poetisa galega e o afluente do Ulla tan cantado na súa obra, gañaron con máis do 39% dos votos ás outras propostas españolas " Tirant e Carmesina" e "Diego e Isabel" (os amantes de Teruel). A estrela "Rosalía de Castro" ( HD 149143), é unha estrela amarela anana, similar ao noso Sol, e que se atopa a 240 anos-luz da Terra. A súa masa é 1.21 veces a masa do Sol e o seu radio é tamén maior (1.49 veces o radio do Sol). Atópase na constelación de Ofiuco ou Serpentario ( Ophiuchus en latín, que é o idioma no que nomean as 88 constelacións en que se divide o ceo segundo as nomenclaturas da Unión Astronómica Internacional). Forma parte do catálogo Henry Draper de estrelas, compilado a principios do s. XX pola astrónoma Annie Jump Cannon e os seus colaboradores do Observatorio de Harvard (USA). Un catálogo que de 10.000 estrelas na súa primeira edición pasou a conter 359.083 estrelas en 2017. Pola súa banda, o exoplaneta "Río Sar" ( HD 149143 b) foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler ou método de velocidade radial, que consiste en observar o cambio no espectro de luz dunha estrela producido polo tirón gravitatorio dun posible planeta que a orbite. A súa masa é, como mínimo, 1.33 veces a masa de Xúpiter, tratándose dun planeta de tipo xigante gaseoso. Atópase moi preto da súa estrela, completando unha órbita ao redor dela en tan só 4 días, polo que a súa temperatura superficial é moi elevada, sendo o que se coñece como un planeta de tipo júpiter quente.


Unha estrela galega no firmamento universal!